Home » Exposición » Currently Reading:

A fotografía é a protagonista do cartel da terceira edición do festival DiversidArte que dá comezo este venres na Coruña

octubre 30, 2018 Exposición No Comments

iversidArte Festival das Artes Inclusivas​​, que se celebrará do 2 ó 17 de novembro na Coruña, ten como​ protagonista nesta terceira edición a fotografía​​. Das oito exposicións que se levarán a cabo, sete estarán adicadas a artistas ou colectivos representantes desta disciplina artística que presentarán as súas obras en diferentes espazos hosteleros da cidade co obxectivo de amosar á cidadanía diversas realidades nun entorno amable e de ocio.

“O Sorriso do Chimpancé”, resultado dun concurso de arte inclusiva levada a cabo pola propia ​plataforma DiversidArte​​ e que se amosou por primeira vez durante o verán na Fundación Emalcsa, forma parte tamén das exposicións do festival deste ano.

Os artistas ou colectivos e espazos seleccionados pola organización son os seguintes:Mohamed Said Hamdad​​, no Café de Macondo; ​NWN (Nos, Why Not)​​, no Valentín;​ Mar de Hilos​​, no Recuncho de Esmeralda;​ La Diapo​​, no Bâ-bâ Bar; ​Lázaro Louzao​​, no Fiandón;Chelo do Xastre​​, no Art-T Café; e ​Isabel López Frieiro​​, na Taberna La Estrecha.​ “O Sorriso do Chimpancé” ​​ocupará durante estes días un espazo en 15002 Ideas Coworking.

GALA DiversidArte

O día 9 de novembro, no ecuador do festival, terá lugar unha gala no Museo de Belas Artes da Coruña como celebración especial nestes días nos que a Plataforma DiversidArte, impulsada pola asociación sen ánimo de lucro Poten100mos, espalla arte por diferentes puntos da cidade. No evento entregaranse os premios dos concursos DiversimaCine e Diversía convocados polo festival e se amosarán os traballos gañadores polo que se proxectarán as pezas audiovisuais galardoadas e se recitará o texto premiado. Tamén haberá actuacións como a do colectivo venezolano Orinoco Danza y Tradición, e a do bailarín Ricardo Prado, entre outras.

O ​Festival DiversidArte​​, que este ano celebra a súa terceira edición, deu xa visibilidade a máis de 75 artistas con diferentes diversidades así como á importante labor que levan a cabo as diferentes entidades que traballan con colectivos diversos.

Poten100mos​​ é unha ​asociación sen ánimo de lucro ​​formada por un equipo de traballo profesional e multidisciplinar que traballa con grandes resultados polo desenvolvemento persoal e a inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidades física, psíquica e/ou social.

Comment on this Article: