Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Fundación Abrente presenta na Deputación o proxecto da carreira ENKI 2018, que aspira a chegar aos 7.500 participantes

mayo 13, 2018 Uncategorised No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial á súa homóloga da Fundación Abrente, Carmen Touza, que explicou os preparativos que están a realizar para a V Carreira de obstáculos ENKI pola integración 2018.

Segundo explicou Touza, as carreiras Enki do ano pasado contaron con 5.000 participantes na Coruña, 1.000 en Santiago de Compostela e 1.500 en Vigo e este ano trázanse como obxectivo chegar aos 7.500 participantes coa celebración dunha soa proba, de ámbito autonómico, que se celabraría ademáis en horario de tarde, co obxectivo de facilitar a participación de familias e asociacións.

As carreiras ENKI naceron en 2014 como probas lúdicas e deportivas non competitivas, que teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade aos colectivos e persoas con diversidade funcional.

A Deputación da Coruña estudará os detalles do proxecto e analizará posibles fórmulas de colaboración a través das áreas de Deportes e Servizos Sociais para apoiar esta iniciativa.

Comment on this Article:







*