Home » coruna » Currently Reading:

A Mesa de Alcaldes e Alcaldesa habilita unha consulta telemática “sobre as necesidades da poboación de cara á súa implicación na constitución da Área Metropolitana da Coruña”

noviembre 21, 2017 coruna No Comments

O Concello vén de habilitar na web municipal un espazo no que a cidadanía que o desexe poderá participar, de forma telemática, dunha consulta pública na que a denominada Mesa de Alcaldes e Alcaldesa “quere abordar os problemas e o resto de retos que se pretenden solucionar coa creación da Área Metropolitana da Coruña”. Esta consulta, que se manterá visible e aberta a toda a cidadanía até o 20 de decembro no espazo web relacionado co proceso metropolitano ( www.coruna.gal/estratexia-metropolitana-amc/gl ), forma parte dunha das catro formas de participación postas en marcha tanto pola Coruña, como polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada ata fin de ano para implicar a cidadanía na constitución da Área Metropolitana.

Esta consulta pública responde ao previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e ten por obxectivo integrar a participación cidadá no procedemento de elaboración de normas. O que se pretende coa mesma é “recoller a opinión das persoas e entidades máis representativas e potencialmente afectadas pola constitución da área”. Así o destacou a concelleira de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, Claudia Delso, que indicou que “a participación vai ser aberta ao conxunto da cidadanía, cun carácter que será consultivo, non representativo”.

Ademais da consulta, o proceso participativo de ámbito metropolitano sostense sobre outras tres formas máis de actuación: encontros presenciais, mesas temáticas de traballo e a posibilidade de adhesión á carta de apoio ao proxecto de constitución da área na dirección

http://ow.ly/rJ6w30gzegV .

Encontros presenciais

Ademais da consulta habilitada na web municipal e a adhesión telemática á carta de apoio ao proxecto metropolitano, o procedemento participativo habilitado tamén comprende a realización de oito encontros presenciais que xa se están a realizar e que culminarán o próximo 30 de novembro. Celebrados xa os encontros de Sada e Bergondo, está previsto que esta tarde o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participe no encontro que terá lugar no centro sociocultural do Graxal, no Concello de Cambre. Ademais, este mércores, día 22, as charlas chegarán á cidade, cun encontro no propio Concello. O día 23 o debate producirase na Fábrica de Perillo, no Concello de Oleiros, mentres que o 27 de novembro o debate desprazarase a Culleredo, o 29 a Abegondo e o 30 a Betanzos. Todo estes encontros terán lugar ás 19.30 horas.

Por outro lado, as entidades sectoriais presentes na Área Metropolitana terán espazos participativos específicos a través de mesas temáticas de traballo que tamén estarán abertas, non obstante, ao conxunto da cidadanía. O próximo día 24 de novembro, Culleredo acollerá a mesa de Economía, Emprego e Turismo, mentres que Cambre terá a mesa integral sobre ciclo da auga e políticas ambientais o día 28. O 1 de decembro, Abegondo acollerá a mesa de xestión de tratamento de residuos, mentres que a de mobilidade e ordenamento do territorio terá lugar en Oleiros o 5 de decembro.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...