Home » coruna » Currently Reading:

A Mesa Metropolitana da Auga acorda aplicar medidas de aforro do subministro ante a situación de seca nos concellos da comarca

noviembre 11, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou este venres, xunto con representantes técnicos e políticos dos municipios integrados na Mesa Metropolitana da Auga, na reunión na que se acordaron as primeiras medidas de aforro ante a prolongada situación de seca, entre as que se conta a decisión de aplicar, a partir da próxima semana, restricións nos usos da auga en espazos públicos e a redución na medida do posible do consumo innecesario. Dado que as choivas dos últimos días aínda non foron suficientes para recuperar o caudal dos ríos Mero e Barcés, e o nivel do encoro de Cecebre baixou esta semana ata o 39%, os e as representantes conclúen que é o momento de que todas as poboacións que se abastecen del adopten medidas, de xeito conxunto e responsable. Así, nos próximos días comezarán a aplicarse unha serie de medidas do Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (DOGA 07/10/2013), como son a restrición do consumo en fontes ornamentais e elementos similares, a eliminación do baldeo de rúas para a súa limpeza, a redución dos regos públicos e privados –dado que a actual situación de humidade ambiental permite racionalizalos–, o control de consumos en edificios e instalacións municipais e control das perdas da rede de abastecemento, para detectala seminimizalas.

Estes son os primeiros pasos para afrontar unha situación de excepcionalidade. Serán necesarios un mínimo de tres meses de choivas regulares para recuperar as reservas de Cecebre. Tal e como quedou patente durante a xuntanza, é necesario, pois, emprender accións para aumentar o máximo posible a duración dos recursos hídricos dispoñibles, aínda cando as previsións meteorolóxicas permiten un certo optimismo. Para iso, é precisa a axuda de toda a cidadanía, polo que desde a Mesa Metropolitana faise tamén un chamamento ao consumo responsable nos fogares e negocios. Por outra banda, o persoal técnico de Emalcsa xa a está a traballar noutras solucións por se a alerta por seca decretada por Auga de Galicia o 3 de outubro chega a converterse nunha emerxencia, co obxectivo de evitar as restricións do servizo domestico e empresarial.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...