Home » coruna » Currently Reading:

A planta Nostián mellora a súa eficiencia na recuperación de envases grazas ao investimento de 600.000 euros que o Concello logrou en base ao convenio con Ecoembes e Albada

diciembre 21, 2017 coruna No Comments

A planta de Nostián vén de rematar as obras dirixidas a mellorar tanto a recuperación de envases e plástico filme, como a calidade dos propios envases recuperados nas instalacións. Os traballos se desenvolveron durante o pasado mes de novembro grazas ao convenio que o Concello logrou asinar en xuño deste ano coa asociación Ecoembes, que aglutina as empresas envasadoras de produtos a nivel estatal, ademais da UTE Albada, que xestiona a instalación de xestión de residuos. A concelleira de Medio Ambiente, María García, supervisou este martes o estado da planta logo das actuacións realizadas, que a administración local levaba reclamando dende o pasado ano e que servirá para compensar a perda de ingresos derivada da baixada dun 16% no importe por envase recuperado que a Xunta e Ecoembes fixaron no seu convenio. Este acordo supuxo que, dende o inicio de ano, tanto o Concello como o Consorcio das Mariñas e Albada deixasen de percibir uns ingresos que superan os 100.000 euros por mes. “Os traballos levados a cabo, por un importe de preto de 600.000 euros servirán para introducir melloras na nave de pretratamento mecánico, o que se traducirá nunha mellora na recuperación de envases e, polo tanto, no incremento do volume de valorización”, explicou a responsable municipal.

A titular de Medio Ambiente recordou que a renovación a planta puido realizarse antes de finalizar o ano grazas “a axilidade coa que o goberno local atopou unha solución que permitiu licitar o proxecto de obra en tres meses, mediante o acordo subscrito en xuño con Albada e Ecoembes”. “Estas obras son unha forma de poder comezar a compensar a perda de ingresos derivada da rebaixa no prexo por envase e plásticos filme co aumento previsto na taxa de recuperación”, dixo García, que lamentou “a inacción e os atrancos derivados da falla de compromiso que amosou a Xunta de Galicia e, nomeadamente, a Consellería de Medio Ambiente, que non tivo en conta as boas taxas de reciclaxe que presenta tanto A Coruña como o Consorcio”. “Seguimos a crer que o lóxico sería que a redución do prezo que percibimos por envase recuperado tiveran sido aplicado unha vez se puxeran en marcha as medidas de compensación que figuran no convenio, como é o caso destas medidas para optimizar a planta e aumentar a capacidade de recuperación”, reflexionou.

Modificacións

Entre as actuacións levadas a cabo salienta o cambio de cribas na zona dos tromeis, que ten como obxectivo “aumentar a recuperación de envases de entre 30 e 35 centímetros”. Tamén se habilitou un novo separador balístico, que separa en tres fluxos de envases o que antes era un. Os novos fluxos se desenvolven en tres cintas diferentes, un para residuos rodantes (latas, plástico, etc), outra para os de carácter plano (como os bril), e os de carácter máis pequeno.

En canto á recuperación de envases de plástico filme, tamén se puxo en marcha unha ampliación de capacidade do sistema de aspiración de este residuo, así como das bolsas de plástico, o que se traduce dunha mellora considerablemente do rendemento á hora da abordar o proceso de recuperación. Do mesmo xeito, tamén se procedeu á colocación dun novo separador de envases de aluminio, así como un separador magnético e un separador de inducción para aumentar a recuperación de metais en planta.

Entre as melloras tamén figura a colocación dun novo silo dosificador, que ten como obxectivo aumentar a capacidade de recuperación dos envases rodantes, así como a instalación dunha nova cinta reversible, para facilitar a saída do filme seleccionado directamente ao exterior da planta sen ter que pasar pola prensa multiproduto.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...