Home » coruna » Currently Reading:

A praza de María Pita acolle este sábado un acto aberto á cidadanía polo Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

noviembre 24, 2017 coruna No Comments

A praza de María Pita acollerá este sábado, 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, unha concentración aberta á cidadanía para visibilizar en común e mostrar o rexeitamento ás violencias machistas, dentro da campaña ‘A Coruña en Negro contra as Violencias Machistas’, unha iniciativa na que participan 75 concellos e 3 Deputacións de Galicia. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, será o encargado de ler o manifesto, nun acto ao que o Concello convida a sumarse a todas as persoas, entidadesecolectivosdacidade.

Desde a Concellería de Igualdade e Diversidade, impulsora desta iniciativa na cidade, chaman igualmente a acudir con roupa negra e cos materiais da campaña #ACoruñaEnNegro, que se poden descargar dende a web da propia concellería, http://www.coruna.gal/igualdade , ou en http://ennegrocontraasviolencias.gal , e tamén poden solicitarse directamente á oncellería a través do correo senviolenciasmachistas@coruna.es, ou ben recollerse o propio sábado 25 en María Pita, a partir das 11.00 horas, cando se procederá ao reparto de camisetas e materiais coa imaxe da campaña. Como tamén indican desde a área municipal de Igualdade e Diversidade, todas aquelas persoas que desexen participar pero que non poidan acudir á convocatoria poderán sumarse enviando unha foto súa, ou do seu equipo de traballo, con algúns dos materiais da campaña ‘A Coruña en Negro’. Estas imaxes difundiranse a través das redes sociais municipais e formarán parte dunha galería vinculada á campaña. Tamén poden compartirse desde os perfís persoais empregando os cancelos #ACoruñaEnNegro e #ContraAsViolencias, que é a etiqueta común para todos os municipios de Galicia, e citando á Concellaría de Igualdade no perfil @IgualdadeCoruna.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...