Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Rede Cultural da Deputación promove case dous mil espectáculos nos concellos da Coruña

mayo 9, 2018 Uncategorised No Comments

A vicepresidenta e reponsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto coas alcaldesas, alcaldes e representantes locais da práctica totalidade dos concellos da provincia, asinaron este martes os convenios da Rede Cultural 2018. En total serán 1.797 actividades cun orzamento de case dous millóns de euros que garantirán “un programa estable e de calidade” en todo o territorio.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacou durante a súa intervención no acto que se desenvolveu na sede institucional que “a Rede Cultural representa na actualidade unha das ofertas culturais máis importantes da Galiza”, ao tempo que subliñou que este programa “ten un significativo impacto na contribución ao sostemento do talento e a calidade das nosas creadoras e artistas”.

Apuntou tamén a intención de que coas case dúas mil actuacións programadas na Rede Cultural nos concellos “se faga realidade o lema que promove a Deputación da Coruña, e a Cultura sexa un dereito do día a día, continuo e estable, e non fique reservado só para os días especiais ou de festa”.

Por outra parte, Sanmartín anunciou que por primeira vez a web da Deputación pon a disposición da veciñanza “unha axenda na que se inclúen a totalidade dos espectáculos do circuíto cultural”, e na que se poden consultar os emprazamentos e os horarios das actuacións.

O balance das edicións anteriores e o do inicio do programa da Rede Cultural mostra uns importantes datos de asistencia e participaciòn que reafirman a necesidade de potenciar o mundo da Cultura e confirman o grande interese da veciñanza por uns espectáculos que dinamizan a vida cotiá das vilas e dos pobos galegos.

Estruturada arredor de catro programas –Escena ao Vivo, Visións, Alicerce e Lingua a Escena-, a Rede Cultural 2018 presenta para os vindeiros meses unha axenda repleta de actuaciòns musicais, de danza, teatro, cinema ou maxia, entre outros, que contribúen a facer realidade o lema que promove a área de Cultura da Deputaciòn da Coruña: “A Cultura é un dereito”.

A Rede Cultural artellada pola Deputación supón unha forte aposta pola difusión e a promoción do sector cultural cunha oferta que na edición de  2018 promoverá un total de 1.797 espectáculos, espallados polos 93 municipios que integran a provincia. Así, e co fin de potenciar o desenvolvemento de actividades culturais por todo o territorio, de maneira especial nos concellos pequenos, e de difundir a cultura galega, a Rede Cultural conta con dúas liñas de actuación que teñen por obxecto, dunha parte, cofinanciar a realización de actividades culturais xunto cos concellos, e doutra, apoiar ás entidades que pertencen ao sector.

Máis Cultura en galego con “Lingua a escena!”

Tras ser reorganizada o pasado ano arredor dos programas: “Escena ao Vivo” para profesionais do teatro, monicreques, maxia e danza; o circuíto de cinema e contidos audiovisuais, “Visións”; e a categoría non profesional para grupos de música, danza e teatro ”Alicerce”; a Deputación da Coruña incorporou como novidade para esta edición da Rede Cultural o programa “Lingua a Escena!, unha nova categoría profesional que está orientada á promover espectáculos de música, teatro, danza, narración oral ou monicreques, onde a dinamización social da lingua galega é a grande protagonista.

Ademais da programación dos concellos, a Deputación puxo a disposición das entidades do tecido cultural (asociacións, corais polifónicas, bandas, agrupacións musicais, compañías  teatrais, danza, etc…) unha liña de apoio específica, dotada cun orzamento de 507.532 euros, para subvencionar as súas actuacións e actividades durante o 2018.

A totalidade das actuacións que acollerán os concellos da Coruña coa Rede Cultural 2018 pódese consultar na seguinte ligazón da web Deputación da Coruña.

https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/agenda

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...