Home » Uncategorised » Currently Reading:

A REFINERÍA FINALIZA O 2º CURSO DE FP DUAL CON MÁIS DE 1.000 HORAS DE FORMACIÓN

agosto 13, 2017 Uncategorised No Comments

A Refinería da Coruña finalizou nas súas instalacións o 2º curso de Formación Profesional Dual, un proxecto formativo pioneiro na área coruñesa que o Complexo Industrial de Repsol promove desde o 2013 xunto á colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En concreto, un total de 13 alumnos matriculados no grao superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira combinan os seus estudos no centro con formación e traballo nas instalacións de Repsol, desde xaneiro de 2015 ata data de hoxe.

A novidade deste proxecto vén dada polo feito de recibir formación curricular xunto a traballo remunerado na empresa (ata un 52,5% do total do tempo que dura o ciclo), onde os alumnos acceden a formación complementaria á establecida co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empleabilidade.

Foron dous anos intensos, tanto no Instituto como en Refinería, nos que estiveron case 260 días sumando máis de 2.200 horas de aprendizaxe no Complexo.

A colaboración entre Repsol e o IES Sardiñeira foi total e desde o Complexo Industrial queremos agradecer tanto aos profesores como a todo o persoal de Refinería a súa implicación na formación destes futuros operadores de planta.

A Refinería e a Formación Profesional

Para Repsol e a súa Refinería na Coruña é fundamental o papel da FP no desenvolvemento formativo e na inserción laboral dos mozos, sendo máis do 50% dos traballadores do Complexo Industrial titulados en estudos de Formación Profesional.
A FP Dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que desta forma, a Compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais do sector en Galicia. Por esta razón, a Refinería leva unha longa traxectoria de actuacións que apoian á Formación Profesional.
Ao longo de distintas etapas colaborouse coa Xunta de Galicia para o impulso á FP, tanto para a impartición de cursos, como para a realización de prácticas. Froito disto, desde 1992 máis de 800 estudantes de distintas ramas realizaron prácticas nas instalacións de Repsol na Coruña.
No 2003 a Refinería impulsou a creación e o desenvolvemento do Ciclo Superior de Industrias de Proceso Químico. Este Ciclo impártese actualmente no Instituto A Sardiñeira na Coruña e ampliouse a dous anos de duración a partir de 2010, pasando a denominarse de Química Industrial. Os seus alumnos teñen a posibilidade de realizar as prácticas na Refinería e posteriormente, superando unhas probas de acceso, poden integrarse na bolsa de emprego.
Por último no 2011, creouse xunto a Fundación Repsol o Programa de Bolsas que continúa cada curso para alumnos de distintas especialidades técnicas de FP pertencentes aos concellos da nosa contorna (A Coruña e Arteixo). Estas bolsas son compatibles con outras outorgadas pola Administración e ademais posúen unha cota para persoas con capacidades diferentes, dentro do Plan Anual de actuación para a integración da Refinería de Repsol.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...