Home » Uncategorised » Currently Reading:

A sala municipal Plataforma14 acollerá a partires do venres 25 a mostra ‘O circo da vida’, do alumnado da EASD Pablo Picasso

mayo 23, 2018 Uncategorised No Comments

​A sala municipal de exposicións Plataforma14, que se atopa no Fórum Metropolitano, acollerá desde o vindeiro venres 25 e até o luns 25 de xuño a exposición ​O circo da vida, unha escolma de traballos realizados polo alumnado das diversas disciplinas da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso como peche do curso académico do centro. A mostra, que inclúe 60 fotografías, carteis, ilustracións, cut-outs e maquetas de escenografías, busca achegar as e aos visitantes á reflexión sobre distintos aspectos da condición humana.

Tal e como avanzan desde a EASD Pablo Picasso, ao abranguer un tema “tan amplo”, alén dos contidos académicos programados, “púxose en valor ​a autenticidade en todo o que se fixo”. “A meta foi superar ‘o máis difícil aínda’, que serviu para saír das zonas de confort, e ​foron abraiantes os camiños percorridos polos equipos dos módulos das distintas especialidades artísticas”, sinalan desde o centro educativo. ​Tanto o alumnado participante como o seu profesorado asistirán este venres á inauguración da exposición, na que estará presente a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.

A sala Plataforma14, dependente da área que dirixe Delso e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pretende achegar á cidadanía a creación realizada polas e polos artistas emerxentes da Coruña. Toda a información sobre este espazo pódese atopar no seu web,www.coruna.gal/cmix/plataforma14​.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...