Home » Deportes » Currently Reading:

A X Baixada Popular de San Pedro de Visma terá lugar este domingo, dentro do circuíto de Carreiras Populares

junio 30, 2017 Deportes No Comments

O próximo domingo, 2 de xullo, regresa o Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, organizado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, coa celebración da X edición da Baixada Popular de San Pedro de Visma. A proba, que se desenvolverá entre as 10.30 horas e as 13.30 da mañá no Parque de Bens, terá como lugar de saída a zona máis próxima a Igrexa de San Pedro de Visma. As e os participantes poderán recoller os seus dorsais no Centro Cívico o sábado, día 1, en horario de 11.00 horas a 13.30 horas, e de 17.00 horas a 20.30 horas, así como o domingo, nas zonas habilitadas a tal efecto no lugar de saída, até unha hora antes do inicio de cada unha das carreiras. A proba absoluta, que terá unha distancia total de 6.490 metros aproximadamente, comezará ás 10.30 horas, e a continuación celebraranse as probas das diferentes categorías, para dar paso, ás 13.00 horas, á entrega de premios.

Con motivo da celebración desta proba, a Concellería de Mobilidade Sostible despregará un dispositivo especial de tráfico durante a mañá do domingo. Deste xeito, cortarase totalmente ao tráfico –en ambos sentidos–, desde as 08.30 horas e até as 13.30 horas, o treito situado entre a rúa San Pedro de Visma até o cruzamento coa DP-3003. A partir das 10.15 horas e até as 13.30 horas a DP-3003, establecerase tamén un corte total á circulación no tramo inicial de San Pedro de Visma até o cruzamento coa entrada co Espazo de Protección Animal Municipal.

O Circuíto Coruña Corre regresará no mes de setembro coas últimas dúas probas desta quinta edición, que serán a VI Volta a Oza (10 de setembro) e a V Carreira Popular do Ventorrillo (24 de setembro). Para máis información, pode visitarse www.coruna.gal/carreiraspopulares

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...