Home » Uncategorised » Currently Reading:

As Leccións Maxistrais de Interpretación de John Strasberg chegan ao Teatro Colón da Coruña

abril 4, 2018 Uncategorised No Comments

O Teatro Colón acollerá entre os días 18 e 29 de xuño unha programación especial, froito da colaboración entre a Deputación e o Concello da Coruña, na que o actor e director John Strasberg impartirá un conxunto de actividades coas que achegará as técnicas interpretativas do seu “Proceso Creativo Orgánico”.

O recoñecido escritor, actor e director neoiorquino, John Strasberg, levará a cabo o vindeiro mes de xuño un conxunto de actividades formativas orientadas a todas aquelas persoas interesadas no mundo da interpretación e a formación actoral, e nas que exporá as claves das “9 Leis da Creatividade” que intergan o seu “Proceso Creativo Orgánico”.

Durante acto de presentación de “John Strasberg, Leccións Maxistrais de Actuación” , a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, subliñou que está é unha iniciativa “moi interesante, atractiva e novidosa”, que posibilitará que as persoas que queiran iniciar ou ampliar a súa formación no eido da interpretación “ poidan facelo da man dunha das figuras máis importantes da ensino actoral”.

Goretti Sanmartín tivo palabras de recoñecemento para o tamén actor Mateo Franco, quen achegou esta proposta á Deputación da Coruña coa afirmación de que quere“devolver a posibilidade que tivo de formarse nun centro de prestixio”, o que conseguiu coa axuda das bolsas de estudos artísticos da Deputación da Coruña das que foi beneficiario en dúas anualidades, a primeira en 2013. Neste sentido, Goretti Sanmartín destacou o extraordinario “retorno” das bolsas artísticas da Deputación da Coruña que están a contribuír á formación en ámbitos como a danza, a música ou a interpretación. “As bolsas da Deputación son ás veces á única posibilidade de completar a formación por iso intensificamos e engadimos novas especialidades”, explicou Goretti Sanmartín.

Neste mesma liña, Mateo Franco gabou a colaboración entre a Deputación e o Concello da Coruña para implementar este proxecto, detallando os principais apartados da programación que ofrecerá John Strasberg.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura e Deporte do Concello da Coruña, José Manuel Sande, cualificou a Strasberg como unha “figura universal que xa forma parte da historia da interpretación” e engadiu, que levar a cabo esta iniciativa “configura un nexo moi atractivo entre unha das grandes figuras do ensino e a interpretación coa cidade”.

Comment on this Article:







*