Home » coruna » Currently Reading:

As Pontes, Laxe, A Pobra e Arteixo acollerán este verán o I Circuíto de Travesías ENKI Pro, patrocinado pola Deputación

junio 18, 2017 coruna No Comments

A sede da Deputación da Coruña acolleu a presentación do I Circuíto de Travesías a nado ENKI Pro, unha serie de probas deportivas inclusivas aberta a todos os públicos que combina natación e obstáculos e que ten como obxectivo recadar fondos para promover o acceso ao deporte de nenos e nenas con diversidade funcional, así como axudar ao entrenamento de deportistas con discapacidade.

A CoruñaPresentación do I Circuíto de travesías ENKI Pro, que se celebrará en As Pontes, Laxe, A Pobra e ArteixoA sede da Deputación da Coruña acolle mañá a presentación da I edición do Circuíto de Travesías ENKI Pro. Aceptas o reto?. ENKI é un proxecto social para a integración e visibilización das persoas con diversidade funcional. No acto intervirán o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o presidente do Club Enki e patrono da Fundación Abrente, Ángel López, e os alcaldes dos muncipios onde se celebrarán as probas: As Pontes, Laxe, A Pobra do Caramiñal e Arteixo. 16/06/2017Foto: Moncho Fuentes

Baixo o lema “Os soños entrénanse”, as probas disputaranse este verán nos concellos de As Pontes (8 de xullo), Laxe (29 de xullo), A Pobra do Caramiñal (15 de agosto) e Arteixo (9 de setembro). Cada travesía desenvolverase no marco dunha xornada de ocio, con deportes e xogos de integración destinados a toda a familia.

O Circuíto foi presentado polo presidente da Deputación da Coruña e alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; o nadador profesional e presidente de Enki, Ángel López Fernández; o deputado responsable da área de Turismo da institución provincial, Xosé Regueira, os alcaldes de Laxe e A Pobra, José Manuel Mouzo e Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Benestar de Arteixo, Inés Ramos

González Formoso xustificou o apoio da Deputación a un evento deportivo e de ocio que aposta pola inclusión das persoas con diversidade funcional, “un proxecto interesante que aposta pola integración con intelixencia e alegría en base ao deporte”, apuntou o presidente provincial, que destacou a filosofía de integración social que caracteriza ao evento “vai no noso ADN como goberno progresista”.

 

Un proxecto pioneiro

Pola súa banda, o presidente de ENKI e patrono da Fundación Abrente, Ángel López, destacou que se trata dunha actividade pioneira. “Teño competido en toda España e nunca vin nada como isto, espero que haxa unha elevada participación e que dentro duns anos poidamos dicir con orgullo que participamos na primeira edición”, afirmou o nadador, que sufre dunha tetraplexia dende o ano 2003 a causa dun accidente de tráfico, o que non lle impediu seguir practicando natación e ser subcampión de España en 150 metros estilos en dúas ocasións.

Ángel foi elixido como protagonista da campaña #TeReto pola súa condición de deportista de alto nivel e non por ser un atleta con diversidade funcional. Fiel ao espíritu de ENKI, que busca levar a integración ao seu máximo expoñente tratando de igual a igual a todas as persoas que disfrutan da práctica do deporte, o presidente da entidade invitou ao público a participar xunto a él neste esixente pero divertido circuíto de travesías a nado con obstáculos.

Ángel López explicou que se trata de “travesías para competir”, pero o elemento lúdico estará tamén moi presente, con actividades para toda a familia e para deportistas profesionais e amateurs.

As Travesías ENKI contarán con catro categorías: Pezqueñines ( que se desennvolverá na orilla), Kids ( 300 metros e 7 obstáculos), Travesía Pro curta (1.150 metros e 10 obstáculos) e Travesía Pro (2.000 metros e 15 obstáculos). Haberá regalos para todos os participantes e premios para os tres primeiros de cada categoría (masculina e feminina). Ademais, os que máis puntos acumulen ao completar as catro travesías resultarán tamén venecedores do Circuíto Open de ENKI Pro.

Todos os fondos recadados con este circuíto provincial de travesías se destinarán ao Club ENKI para a promoción do deporte entre as persoas con diversidade funcional, especialmente entre os máis pequenos.

 

Xogos pola integración

En paralelo á celebración das Travesías ENKI Pro, desenvolveranse unha serie de xogos abertos a todos os públicos que permiten reproducir a experiencia que vive un deportista con diversidade funcional cando entrena ou participa nunha proba deportiva.

Tenis e atletismo en cadeira de rodas, fútbol a cegas, handbikes, goalball e outros deportes adaptados poderán ser xogados nun espazo de máis de 100 metros cadrados aberto á participación do público, co que se pretende dar a coñecer cómo é práctica do deporte para unha persoa con diversidade funcional.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...