Home » coruna » Currently Reading:

As tarefas de coidado intensivo do espazo público de ‘A pé de barrio’ comenzan mañá en San Vicente de Elviña, A Zapateira e a urbanización Valaire, tras realizar máis de 2.500 actuacións no Distrito 8

marzo 1, 2018 coruna No Comments

O programa municipal de coidado intensivo do espazo público A pé de barrio inicia hoxe, 1 de marzo, as actuacións de limpeza e mellora en 63 rúas dos barrios de San Vicente de Elviña, A Zapateira e a urbanización Valaire, tras finalizar esta semana os traballos no Distrito 8. Estas tarefas prolongaranse até o día 14 de marzo. O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García, visitaron esta mañá o barrio da Gaiteira, onde avaliaron das actuacións acometidas tanto neste barrio como na Falperra-Santa Lucía, Os Mallos, Ensanche, Sardiñeira, San Cristovo, Catro Camiños, A Gaiteira e Os Castros, que compoñen o Distrito 8. “En total, realizáronse 2.544 actuacións en 306 rúas do distrito durante 85 días de traballos dentro deste programa, que supón unha aposta forte polo coidado, a limpeza e o mantemento do espazo público, pero tamén polo reparto equitativo dos recursos e a atención a todas as zonas da cidade, descentralizando a acción municipal para que chegue a todos os puntos da cidade”, segundo explicou o alcalde.

A edil de Medio Ambiente fixo un repaso máis pormenorizado das accións que se levaron a cabo e que consistiron na limpeza intensiva con auga -excepto no periodo de alerta por seca- e retirada de herbas de rúas e beirarrúas combinadas con 794 actuacións de rexeneración urbana, como a reparación de beirarrúas, repintado de pasos de peóns, substitución de baldosas, instalación e reparación de bancos, fontes e alumeado, substitución de cableado eléctrico e actuacións de pavimentado e eliminación de fochancas en beirarrúas e calzadas, así como a reposición do firme na capa de rodaxe. Tamén se levaron a cabo, segundo os primeiros cálculos, 1.553 actuacións sobre o mobiliario urbano, tales como a reparación e substitución de contedores e papeleiras, a retirada de pintadas, o reasentamento das tapas dos rexistros dos sumidoiros e actuacións sobre o arborado e de control de pragas. Os traballos completáronse con 197 accións en parques e xardíns de todos os barrios do Distrito 8.

Balance

Tal e como explicou a responsable de Medio Ambiente, o programa A pé de barrio abordou xa actuacións de coidado do espazo público en sete distritos da cidade (o 10, 4, 3, 1, 7, 2 e 8) e comeza mañá os traballos no octavo, o número 5. María García destacou que este plan, que comezou o pasado mes de xuño, “é unha iniciativa baseada na transversalidade”, e na que a área que dirixe, ademais de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible, “coordinan e optimizan os seus servizos nun reparto equitativo dos recursos municipais entre todos os barrios da cidade”. “ A Pé de Barrio é o programa de limpeza máis intensiva que existiu nunca na Coruña, e que chegará, ao longo dun ano, a todas as rúas dos dez distritos do municipio”, aseverou.

Nestes meses, abordouse a limpeza e a rexeneración do espazo público en 905 rúas da cidade, nas que se realizaron máis de 7.900 actuacións de mellora do espazo público e de rexeneración urbana repartidas en 255 días de traballo. Entre elas, houbo 4.333 accións de reparacións en beirarrúas, contenedores e papeleiras ou retirada de pintadas, 1.597 sobre o alumeado público, 1.144 en fontes e 673 en parques e xardíns.

Comment on this Article:







*