Home » coruna » Currently Reading:

Cameán salienta “a aposta do Concello pola prevención das drogodependencias entre a mocidade” na entrega dos premios do concurso de viñetas ‘Sen adiccións… un bo plan”

diciembre 21, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presidiu a entrega de premios do certame de viñetas impulsado polo seu departamento municipal Sen Adiccións… Un Bo Plan,que se enmarca no conxunto de actividades dentro da programación municipal para a prevención das drogodependencias e a promoción do lecer saudable entre a mocidade. A responsable municipal salientou a alta participación no concurso no con 742 mozos e mozas de centros escolares da cidade que cursan o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou FP Básica. O estudantado debía de reflexionar sobre as estratexias de sensibilización ante conductas adictivas por medio de debuxos presentados en formato cómic, que poderán ser empregados pola Concellería de Xustiza Social para o desenvolvemento doutras campañas de carácter socioeducativo.

O premio conta con dúas categorías segundo os cursos dos e das participantes, unha primeira para alumnado de 1o e 2odeESOeunhasegundaparaoseasmozasde3oe4ocursodeESOe FP. Na categoría 1 resultou vencedora Raquel González Calvo, que cursa 2o de ESO no IES Salvador de Madariaga, mentres que na categoría 2, o escollido foi Roi Moreno Riveiro, que fai 3o de ESO no IES Otero Pedrayo. Ademais, e debido á calidade dos traballos, tamén se concederon dous accésits a Kaito Tenreiro Shashida (1o de ESO, IES Eusebio da Guarda), e a Antía Pardo López (3o de ESO, CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco).

Por outro lado, e á marxe do desenvolvemento do acto da entrega de premios, a concelleira Cameán recordou que o seu departamento municipal está a realizar dende o pasado mes de outubro os talleres de prevención de drogodependencias no ámbito escolar, que neste curso 2017-2018 chegarán até os 330. Está previsto que máis de 7.200 rapaces e rapazas participen nos mesmos.

Estes talleres teñen como obxectivo informar sobre os riscos e as consecuencias a curto e longo prazo que ten o consumo de drogas, así como trata de previr o inicio do consumo de alcol e outras substancias e fomentar a adquisición de valores positivos que favorezan a madurez social (autoestima, responsabilidades sociais, análise crítica). Estas actividades son impartidas por profesionais de entidades da cidade con experiencia no campo da prevención das drogodependencias e conductas adictivas, como é a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD), Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes (ADAFAD) e a Asociación de Ludópatas Rehabilitados (AGALURE).

Comment on this Article:







*