Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

O alcalde da Coruña fai unha chamada ao consenso e pide “posicións razoables” aos grupos da oposición

julio 13, 2015 Ayuntamiento No Comments

Cúmprese un mes dende a investidura de Xulio Ferreiro como alcalde da Coruña. O rexedor fai un balance moi positivo destas primeiras semanas nas que “moitas cousas empezaron a cambiar, non só simbolicamente, senón tamén a nivel político”. “Este foi un mes marcado pola situación económica na que se atopa o Concello, pero tamén un mes marcado polos pasos que estamos a dar para solucionar, precisamente, esa situación que nos deixou o PP”, indicou ante os medios. “Estamos moi contentos polo apoio que reciben as primeiras actuacións deste Goberno, cremos que hai respaldo, tanto dende a cidadanía, como tamén dende dentro da casa, onde penso que o persoal ten a sensación de que se conta con el. Hai satisfacción tanto dentro como fóra de María Pita”, salientou.

unnamed

Por outro lado, o alcalde coruñés chamou ao consenso a todos os grupos municipais co obxectivo de chegar a un entendemento que permita sacar adiante o Pleno de Organización. Ferreiro destacou, non obstante, que para acadar un acordo é necesario asumir “posicións razoables”.

“Neste momento, desde o Grupo de Goberno cremos que nin o PP nin o PSOE asumen posicións razoables. O PP non o fai cando lle pide ao Goberno municipal que goberne nos seus ratos libres. Creo que iso non é asumible, non xa polo Executivo local, senón pola propia cidade”, dixo Ferreiro, nun encontro coa prensa. “Cremos que o PSOE tamén está nunha postura non razoable cando

1

… Leer más

O PP e o PSOE votan xuntos contra a proposta de organización municipal do grupo de Goberno, que apoiou o BNG

julio 11, 2015 Ayuntamiento No Comments

Os grupos municipais do PP e o PSOE votaron esta mañá xuntos contra todas as propostas levadas polo grupo de Goberno ao Pleno para a organización, e que si apoiou o BNG. As dúas formacións vetaron o punto relativo ao horario das sesións plenarias, que segundo a proposta do Grupo da Marea Atlántica quedarían fixados para o primeiro luns de cada mes ás cinco da tarde, dentro da aposta por “abrir o pleno a xente” que é, tal e como recalcou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, “unha débeda pendente deste Concello”.

unnamed 2

O mesmo ocorreu co punto sobre a creación e composición das comisións informativas do pleno da corporación, que segundo a proposta levada á sesión extraordinaria polo Grupo de Goberno abriría a Xunta de Goberno Local e a mesa de contratación á presenza dos grupos da oposición e concedería ao PP cinco presidencias nas comisións do pleno ­as mesmas que a Marea­, tres ao PSOE e unha ao BNG, dentro do “compromiso de proporcionalidade” do Goberno municipal, unha oferta que, segundo lembrou o alcalde, vai “moito máis alá do que está obrigado”. A este punto, o PSOE chegou presentar unha enmenda, que retirou antes da votación. … Leer más

Xulio Ferreiro: “Reconduciremos a situación para que non se repitan os feitos do túnel de María Pita”

julio 10, 2015 Ayuntamiento No Comments

O a​lcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, referiuse este venres aos problemas que presenta o aparcadoiro subterráneo de María Pita, que o anterior Executivo presidido por Carlos Negreira reabriu o pasado 12 de maio, antes das eleccións municipais. O rexedor explicou que o Concello “estuda” polo miúdo o asunto. “É curioso que despois de dous meses, o túnel xa empece así, pero imos ver como podemos reconducir a cousa para que non se repita unha situación coma esta”, dixo.

unnamed 2

O alcalde indicou aos medios que agarda que o resultado dos estudos que se están a levar a cabo arroxen un resultado positivo. “Os técnicos están estudando o tema, e esperemos que estes problemas sexan puntuais e, e en ningún caso estruturais, tendo en conta que a obra ten tan só dous meses”, dixo o alcalde. … Leer más

O concelleiro de Rexeneración Urbana aposta pola “boa execución da obra” no túnel do Parrote

julio 7, 2015 Ayuntamiento No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña, Xiao Varela, e o director da Autoridade Portuaria, Juan Diego, mantiveron este luns pola mañá unha xuntanza para falar sobre as filtracións de auga mariña que se detectaron nas obras do subterráneo do Parrote, polas que o membro do Goberno local amosou a súa “preocupación” logo de revisar o terreo en primeira persoa ­acompañado de técnicos municipais­ a pasada semana.

Durante a reunión, o Concello defendeu con claridade e de xeito construtivo ­dentro dun clima de diálogo­ a súa prioridade: “Agora o máis importante é unha boa execución da obra, non as présas en rematar”, afirmou Varela.

Así mesmo, na xuntanza falouse sobre as obras na superficie da Mariña, que en parte semella que poderán estar listas entre finais deste mes e comezos do agosto. Desde o Concello se segue a traballar nun plan para “humanizar” o resultado desta actuación a baixo custe. Deste xeito, quedaría só por abrir un espazo en obras xusto entre A Mariña e O Parrote, que podería estar finalizado en setembro.

O alcalde chama a facer do aeroporto de Alvedro “un lugar de benvida, non de fuxida”

julio 3, 2015 Ayuntamiento No Comments

​alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, chamou este venres, durante a inauguración da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro, a traballar para facer desta infraestrutura “un lugar de benvida, non de fuxida”, en alusión “ao éxodo de mozos e mozas moi ben preparados obrigados a buscarse o pan noutras latitudes”.

unnamed

Na súa intervención, Ferreiro salientou tamén que o aeroporto coruñés, situado no termo municipal de Culleredo, “representa á perfección esa idea da Coruña como espazo aberto, que vai máis alá da Ponte da Pasaxe ou do Monte da Zapateira para constituírse como comarca, como actor central metropolitano e, por suposto, galego”. Nesa liña, avogou pola cooperación dos aeródromos, na vez de facer destas infraestruturas “mercancía partidista e munición localista”. “Seremos máis fortes colaborando; os nosos aeroportos ofrecerán un rendemento maior á nosa economía social se apostan pola axuda mutua, lonxe da competitividade mal entendida”, considerou o alcalde, quen valorou os avances, presentes e futuros, nas instalacións aeroportuarias de Alvedro, “sempre que estes repercutan no ben común e non obriguen a deixar de lado as prioridades sociais que estes tempos marcan”. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...