Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

Abanca comprométese ante o alcalde da Coruña a estudar a cesión de vivendas do seu parque para axudar a persoas en risco de exclusión social

julio 1, 2015 Ayuntamiento No Comments

​alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este mércores no seu despacho de María Pita co propietario do grupo Banesco e vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, así como co presidente da entidade, Javier Etcheverría, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. A xuntanza, que se desenvolveu nun clima cordial, serviu para que o rexedor conseguise o compromiso por parte da financeira de estudar a cesión ao Concello de vivendas baleiras do seu parque na cidade para “cubrir as necesidades habitacionais de xente que quedou sen fogar ou de persoas en risco de exclusión social”.

unnamed

Segundo Ferreiro explicou ante os medios unha vez finalizada a reunión, a dirección de Abanca comprometeuse a colaborar neste sentido “e seguir falando nas próximas datas”. A entidade asegurou que en breve remitirá un censo co número de vivendas que serán susceptibles de ser empregadas nesta colaboración,que podería servir para axudar aos colectivos que afrontan maiores dificultades, na liña de darlle prioridade á axenda social que se marcou o novo goberno municipal. … Leer más

O alcalde visita xunto a parte do Goberno local os asentamentos precarios da Pasaxe, As Rañas e O Portiño

junio 30, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado dos concelleiros e concelleiras Rocío Fraga, Igualdade e Diversidade, Silvia Cameán, Xustiza Social e Coidados, e Xiao Varela, Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, visitaron na tarde deste martes os asentamentos precarios da cidade da Pasaxe, As Rañas e O Portiño.

unnamed 2

“Calquera habitante da Coruña, e xa non digamos un alcalde ou o Goberno local, debería ser consciente das duras condicións nas que viven moitos dos nosos veciños e veciñas en asentamentos precarios como os da Pasaxe, As Rañas ou o Campanario, que hoxe visitamos para ter unha impresión de primeira man que non fai máis que confirmar a nosa intención, xa plasmada no programa electoral, de poñer en marcha un Plan de Erradicación dos Asentamentos Precarios que propoña unha solución integral que poña fin a un problema enquistado que durante anos non foi atendido por gobernos locais que preferiron a táctica da patada a seguir, que só trasladaba problemas en vez de presentar solucións”, valorou o alcalde, que tamén estivo acompañado no percorrido pola ONG Arquitectura Sen Fronteiras. … Leer más

Xulio Ferreiro: “O Concello paraliza calquera desaloxo da súa competencia en San Vicente de Elviña”

junio 23, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou este martes o compromiso do Goberno local coa pervivencia do núcleo de San Vicente de Elviña na reunión que mantivo esta mañá coa plataforma Elviña Non Se Vende para analizar a situación na contorna do Ofimático e das familias que alí residen. “Non imos desaloxar a ninguén en San Vicente de Elviña, calquera iniciativa neste sentido, e as que hai son municipais, quedan paralizadas”, declarou Ferreiro, quen salientou a apertura de novas vías de diálogo coas afectadas e os afectados desde o Concello.

unnamed

Como afirmou o alcalde, o Goberno local traballará agora para levar ese compromiso político ao plano técnico, no que xa traballa o persoal municipal. “Estamos vendo a situación dos diversos afectados, porque non é igual a xente da marxe dereita que a do outro lado. Imos buscar unha solución ás diferentes casuísticas”, adiantou, antes de facer alusión á problemática dalgunhas das persoas residentes. “Son situacións duras e o goberno municipal vai saber estar a altura da situación”, indicou, lembrando que os desaloxos que se produciron en Elviña son de responsabilidade municipal, o que os diferencia doutros moitos, como o que tivo lugar onte en Cádiz. … Leer más

Xulio Ferreiro aposta por protexer e potenciar o Parque de Bens e descarta construír alí o Museo da Automoción

junio 22, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste luns con representantes da plataforma ‘Salvemos el Parque de Bens’, e confirmou a aposta do consistorio de poñer en valor este amplo espazo verde e público. Neste sentido, o goberno local pensa modificar o planeamento xeral aos efectos de impedir a execución do proxecto do denominado Museo da Automoción, anunciado polo Executivo anterior. “O parque debe adicarse ao lecer e debe servir para que todos os veciños e veciñas gocen da natureza, xa que nesta cidade non imos sobrados de zonas verdes”, declarou o alcalde ao remate da xuntanza.

unnamed 2

Ferreiro explicou que o proxecto do museo, tal e como está deseñado, non se pode levar a cabo. “O museo non se pode construír na localización proxectada. É un terreo rústico protexido e non é posible levantar ese edificio tal e como está presentado nas maquetas”, indicou. Desde o goberno local lémbrase que si podería modificarse o Plan Xeral para convertir o Parque de Bens en Zona Verde. … Leer más

AVISO: BONIFICACIONES EN LA FACTURA DEL AGUA

abril 13, 2015 Ayuntamiento No Comments

Tanto Emalcsa como Augas de Galicia, realizan bonificaciones a las viviendas ocupadas por un mínimo de 4 personas o cobrando Risga y otras opciones…

Para acceder a dicho tramite hay que solicitarlo tanto a emlcsa como a Aguas de Galicia Emalcsa de dos formas:
1 enviando por mail certificado de empadronamiento y última factura al mail: atencioncliente@emalcsa.es
2 o llevando directamente estos documentos a sus oficinas

En aguas de galicia cumplimentando solicitud y registrandola en el registro de la xunta , junto con certificado de empadronamiento y ultima factura (en monelos abren por las tardes) el tlf de aguas de galicia es 981182530
Aqui tenéis los formularios:

XUNTA

EMALSA

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...