Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

O PSOE critica “o retraso na xestión por parte do Concello da Coruña” das becas comedor deste curso para as familias con ingresos reducidos

septiembre 25, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en O PSOE critica “o retraso na xestión por parte do Concello da Coruña” das becas comedor deste curso para as familias con ingresos reducidos

Os socialistas criticaron “o retraso na xestión por parte do Concello da Coruña” das becas comedor deste curso académico 2018/2019 para as familias con ingresos reducidos.

“O curso comezou o día 12 e ata este venres pasado non saíron as primeiras listas de adxudicación, que non son definitivas, polo que ata ben entrado outubro non estará listo o proceso”, asegurou en rolda de prensa Antonio Álvarez, secretario provincial de Educación do PSdeG. … Leer más

Veira: “Consideramos que o Goberno Local estase a rir da xente coa súa inacción en materia de mobilidade e a mostra é a programación da Semana Europea da Mobilidade”

septiembre 23, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en Veira: “Consideramos que o Goberno Local estase a rir da xente coa súa inacción en materia de mobilidade e a mostra é a programación da Semana Europea da Mobilidade”

O Grupo Municipal do BNG convocou rolda de prensa para avaliar a Semana Europea da Mobilidade.

Na comparecencia a concelleira nacionalista Avia Veira fixo un repaso da programación da Semana Europea da Mobilidade e das promesas electorais da Marea Atlántica nesta materia.

“O primeiro punto prometía a reordenación mapa de rutas de autobús urbano, priorizacion do paso mediante plataforma reservada en vías principais e mellora na accesibilidade en paradas, nin paradas intercambiador urbano/interurbano en San Diego, Avenida Alfonso Molina e Ronda de Outeiro. É un feito obxectivo que as liñas de bus están como estaban co PP en 2015 malia os múltiples anuncios do Goberno Local de que se ía facer e que o carril bus non se implantou en ningunha vía, por non falar da accesibilidade das paradas nas que moitas veces non hai nin control de aparcamento e polo tanto o bus non se pode nin achegar á beirarrúa”, sinala Avia Veira. … Leer más

O Bloque exixe a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide

septiembre 13, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en O Bloque exixe a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide

O BNG vén de lle solicitar ao alcalde a convocatoria, á maior brevidade posible do Consello da Memoria Democrática para impulsar, dunha vez por todas, o procedemento para recuperar a propiedade da Casa Cornide.

Así, nesta solicitude, as nacionalistas argumentan que hai un ano, no Pleno de setembro de 2017, presentaban a primeira moción, que era aprobada en Pleno, na que se instaba a iniciar os procedementos necesario para esta recuperación.

Do mesmo xeito, o Bloque lembra que posteriormente, no Pleno de xaneiro de 2018, aprobouse unha segunda moción, tamén presentada polo BNG, na que se instaba ao “Goberno da Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e ao Concello da Coruña, como propietario anterior á familia Franco, a adoptar as medidas pertinentes, e cantas fosen necesarias, para recuperar a propiedade da chamada Casa Cornide”, mais despois de se aprobar esta respectivas mocións, o cumprimento dos acordos seguen sen se efectivizar. … Leer más

O BNG insta a Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os taballadores do hotel para procurar a continuidade destes

julio 19, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en O BNG insta a Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os taballadores do hotel para procurar a continuidade destes

Logo da xuntanza mantida cunha representación dos traballadores e das traballadoras do NH Atlántico da Coruña, o Grupo Municipal do BNG proponlle á Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os taballadores do hotel para procurar a continuidade destes.

O BNG denuncia os traballadores e as traballadoras deste hotel foron absolutamente ninguneadosdesde 2015 xa que, segundo lles transmitiron desde os seus representantes, non se puxeron en contacto desde o Goberno Local en ningún momento para informalos das decisións que se ían tomando e das súas implicacións. … Leer más

Acto de concesión das 217 parcelas e 24 mesas de cultivo

junio 25, 2018 Ayuntamiento Comentarios desactivados en Acto de concesión das 217 parcelas e 24 mesas de cultivo

Fotografías do acto de concesión das 217 parcelas e 24 mesas de cultivo nas ecohortas urbanas de Novo Mesoiro, Eirís e Agra do Orzán no que participaron o alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García.

O rexedor quixo poñer en valor o potencial da Coruña “como entorno privilexiado para a agricultura ecolóxica”, no que as ecohortas son “unha oportunidade para apostar pola soberanía alimentaria”  e “espazos didácticos para os e as máis pequenas, as que se lles ofrece un contacto coa agricultura”. Ferreiro, que lembrou que os espazos de hortas urbanas foron decididos nun proceso participativo coa veciñanza, salientou que o Goberno local ten proxectadas novas parcelas en Oza e que traballa tamén en distintas iniciativas de agricultura ecolóxica no marco de proxectos europeos, como é o caso de Connecting Natura, que se desenvolve xunto a UDC, ou o programa de cooperación Urbact, no que A Coruña explora iniciativas de alimentación sustentable da man de Roma e Vilnius.

Por outro lado, a Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha un proceso gratuíto de asesoramento para os e as usuarias das ecohortas. Unha das formacións específicas estará baseada na agricultura ecolóxica (con charlas en centros cívicos e actividades in situ nas propias hortas ao logo de todo o ano) e outra de acompañamento, para dotar a cada horta dunhas normas de funcionamento axeitadas de cara á creación de Consellos de Xestión destes espazos urbanos por parte das súas propias usuarias.