Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

A piscina da Fábrica de Armas abre mañá para dar servizo á veciñanza

junio 30, 2016 Ayuntamiento No Comments

A piscina situada nas instalacións deportivas da Fábrica de Armas, xestionadas pola empresa municipal EMVSA, abrirá as súas portas a partir de mañá. Tamén pasan a ser accesibles a zona de ocio, as pistas deportivas, a área de xogos infantís e o resto dos equipamentos do recinto. Coma é habitual en tempo de verán, os veciños e veciñas poden acceder ao recinto entre as 12.00 e as 20.00 horas, de xeito totalmente gratuíto. O servizo préstase todos os días da semana e rematará o día 15 de setembro.

Antes da súa apertura ao público, foi necesario levar a cabo a reparación dunha avería na acometida de auga da piscina, que xa se atopa solucionada. O Concello, a través de EMVSA, asume integramente o curso de manter este servizo que beneficia aos barrios de Palavea, Pedralonga, Santa Xema e Eirís.

O Concello da Coruña asina un protocolo de colaboración co de Madrid para “establecer e compartir ferramentas para o fomento da Participación Cidadá”

mayo 31, 2016 Ayuntamiento No Comments

O Concello da Coruña vén de asinar un protocolo de colaboración co Ayuntamiento de Madrid que ten como finalidade fixar obxectivos comúns no ámbito da participación directa e individual da cidadanía nas decisións dos gobernos locais, así como “articular a colaboración de ambas as dúas partes no estabelecemento dun marco de entendemento que permita esa participación cidadá” e “colaborar para articular as ferramentas necesarias para o desenvolvemento do modelo de participación cidadá”. O acordo foi firmado pola concelleira de Participación Cidadá e Innovación Democrática, Claudia Delso, e o seu homólogo no concello madrileño, Pablo Soto.

unnamed

A responsable municipal explicou que o Concello da Coruña leva xa meses traballando a favor deste obxectivo, para implementar novos mecanismos que favorezan a participación cidadá.“Non obstante, no día de hoxe concretamos un documento marco referido ao protocolo de colaboración que estamos establecemento en relación á plataforma que presentamos a semana pasada pola que a veciñanza poderá decidir de xeito directo en que quere empregar unha parte do presuposto municipal para o vindeiro ano”, comentou Delso, en relación ao proceso de creación de Ornamentos. … Leer más

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vén de anunciar que o Goberno local organizará o vindeiro martes 17 de maio, día das Letras Galegas, unha xornada de portas abertas no Pazo de María Pita á fin de realizar “un tributo necesario”, segundo cualificou o edil, ao escritor de Outeiro de Rei Manuel María, coa lectura pública dos seus textos desde o balcón do edificio municipal. “Manuel María foi veciño da Coruña na última etapa da súa vida e abrazou esta cidade malia non ter nacido nela. A súa obra é patrimonio de todas e todos os coruñeses e temos a obriga de poñela en valor e coidala”, explicou Sande, quen sinalou que o acto, “cun importante compoñente simbólico”, pretende “achegar as creacións” do homenaxeado das Letras Galegas a toda a cidadanía. “Este Goberno, coma Manuel María, quere amosar xeito firme o seu compromiso inquebrantable coa cultura e a lingua galega, así como coa obra e memoria dun autor que non debe caer no olvido”, engadiu o concelleiro. A lectura pública de textos P regoa a voz! d e Manuel María é unha convocatoria aberta a toda a veciñanza que desexe participar. Terá lugar ás 12.00 horas do mesmo día 17, e todas aquelas persoas interesadas en intervir nesta homenaxe poderán inscribirse de xeito gratuíto a través da web municipal w ww.coruna.es/cultura ou do teléfono de atención cidadá 010. 1 COMUNICADO DE PRENSA O responsable municipal sinalou que o recital “será unha das diversas maneiras de festexar un día grande para toda a cultura”, e virá acompañada por distintas actividades nas que tamén terán protagonismo as Irmandades da Fala. O concelleiro sinalou que “a intención do Goberno local é que a actividade das Letras Galegas e literatura do país se extenda alén do mes de maio, enchendo de excelencia a programación cultural”. Neste sentido, Sande lembrou que as Bibliotecas Municipais da Coruña acollen durante todo o mes numerosas lecturas e concertos arredor da figura de Manuel María, “e ao longo do ano realizan un abondoso e magnánimo labor a prol da cultura galega” con exposicións bibliográficas “e recomendacións de materiais ás e os usuarios” dos centros. Ademais destes concertos, o Centro Ágora acollerá o sábado 14 unha nova edición do A goraSón, un espectáculo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística co fin de promover a lectura en lingua galega, e que este ano contará coa presenza de Guadi Galego. Os convites para asistir ao concerto, que comezará ás 21.00 horas, repártense ata esgotárense nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao coller en préstamo libros en galego. No centro sociocultural do Agra do Orzán tamén terá lugar o Día das Letras Galegas un novo espectáculo de Bebescena, o ciclo de artes escénicas para nenas e nenos de entre 1 e 3 anos. Será Xente miúda, moita fartura, do músico Pablo Díaz, un traballo no que participaron artistas como Olga Kirk ou Xabier Díaz. As entradas están esgotadas para as dúas sesións programadas. Finalmente, o mesmo día 17 o Concello da Coruña colaborará co Consello da Cultura Galega na organización do C oncerto das Letras 2016, que se celebrará por vez primeira na cidade, e no que actuará a banda Milladoiro. Os convites para asistir ao espectáculo, que acollerá o Teatro Rosalía Castro desde as 21 horas, repártense no despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas. Cada persoa poderá levar como máximo dúas entradas.

mayo 12, 2016 Ayuntamiento No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, participou en representación do Concello, na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña (AP), escenario no que expuxo a proposta do Goberno local de que a Administración municipal se faga cos terreos da Solana que o Porto pretende sacar á venda xunto á parcela na que se asenta o Hotel Finisterre. O edil indicou que a intención do Concello vai en consonancia co seu compromiso tanto de “contribuír a manter a sostenibilidade económica da Autoridade Portuaria” como o de garantir o uso público do bordo litoral da cidade. A proposta municipal pasa porque o Concello adquira, en adxudicación directa, os terreos da Solana, tomando como referencia a taxación dos terreos levada a cabo por unha taxadora independente. Unha vez formulada polo representante municipal, o asunto da enaxenación dos terreos quedou sobre a mesa, para estudo, e, de ser o caso, posterior negociación.

A este respecto, Varela destacou a importancia que ten para o grupo de Goberno que os terreos situados no bordo litoral sexan de uso público e, por tanto, poidan ser gozados por toda a veciñanza.

“Estamos a falar dunha zona especialmente simbólica e importante dentro da cidade, que ten case 25.000 metros cadrados, e que, ademais, está dotada dun equipamento deportivo que é moi necesario nesta zona da cidade, polo que, a medio prazo, un dos nosos desexos sería que o Concello puidese pasar a xestionalo”, comentou. … Leer más

A Concellería de Medio Ambiente impulsa a recollida de aceites de cociña usados coa posta a disposición da cidadanía de 26 novos contedores que serán xestionados en base a un convenio co colectivo Mulleres Colleiteiras

mayo 3, 2016 Ayuntamiento No Comments

A Concellería de Medio Ambiente impulsará a recollida e xestión adecuada dos residuos domésticos derivados do uso de aceites vexetais coa posta a disposición da cidadanía de 26 novos contedores habilitados para o seu depósito, que se ubicarán na contorna dos centros cívicos e os mercados municipais. Estes novos puntos de depósito están xa sendo instalados polos operarios municipais e a previsión do Goberno local é que a súa posta en funcionamento comece de xeito inmediato nas vindeiras semanas. A recollida destes residuos será levada a cabo, en base a un convenio firmado esta mesma mañá, polo colectivo Mulleres Colleiteiras. Desta forma, a responsable da área de Medio Ambiente, María García, indicou hoxe, tras asinar o protocolo, que o Concello “mellorará os resultados ambientais do sistema municipal de recollida e tratamento de residuos deste tipo, reducirá a contaminación nas augas, así como as dificultades de tratamento que implica o proceso de depuración de augas residuais contaminadas por estes aceites domésticos” e ademais, “promoverá o emprego feminino e a inserción sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade”.

unnamed

“Este proxecto impulsa tanto a adecuada xestión dos residuos como potencia a economía social”, explicou a edil, que asinou esta mañá o convenio de colaboración con dúas integrantes do colectivo Mulleres Colleiteiras. … Leer más

O alcalde avanza que o Goberno local “levará ao Pleno unha solución para amañar os problemas e descadres nos Orzamentos” derivados das emendas do PP e o PSOE

abril 14, 2016 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, adiantou que o Goberno local analiza “a mellor fórmula” para arranxar os problemas técnicos detectados no Orzamento polos servizos municipais e derivados das emendas aprobadas polos votos de PP e o PSOE. Como indicou, durante unha comparecencia cos medios na mañá deste mércores, o informe emitido onte polo interventor –que desde hoxe estará en exposición pública, así como o da oficina orzamentaria, e que se lle remitiu pola mañá a todos os grupos– deixa patente “que esas emendas provocaron erros técnicos evidentes, un descadre orzamentario e unha situación que fai que un proxecto que fora informado favorablemente e con todas as bendicións se convirta nun proxecto con evidentes problemas”. “Estamos traballando xa para tratar de solucionar eses problemas en fase de alegacións”, confirmou o rexedor, quen adiantou que o equipo de Goberno está avaliando a solución que levará ao Pleno “para que a cidade teña uns Orzamentos como merece”.

unnamed

“Nós, como Goberno, temos a responsabilidade de que este Orzamento saia ben e xogamos con esa intención, aínda que haxa quen xoga coa contraria. O Orzamento é responsabilidade de todo o Pleno, que é quen o aproba, pero nós exerceremos a nosa responsabilidade de que as cousas estean ben”, incidiu Ferreiro, para achacar os problemas detectados no documento presupostario que o pasado 1 de abril recibiu a aprobación inicial do Pleno “á actuación dos grupos municipais do PP e o PSOE”. “Estes problemas non se terían dado se a xente non presentase emendas de xeito irresponsable unha hora antes de que comece o Pleno. Evítaríanse se se presentan con tempo, se van a comisión, se se lle dá marxe ao interventor para informalas e se se fan con responsabilidade, lendo e usando a información que se lles proporciona aos grupos”, observou. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...