Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

O punto limpo móbil do Concello pasará por 11 ubicacións distintas este febreiro

febrero 1, 2016 Ayuntamiento No Comments

Concellería de Medio Ambiente informa de que o punto limpo móbil desprazarase esta semana á rúa Claudio San Martín, na zona dos Castros, onde quedará instalado o martes 2 e o mércores 3. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva. O xoves, día 4, pasará pola zona dos Rosales, en concreto, a Praza Elíptica e o venres e o sábado estará na zona dos Novos Ministerios (Praza Luís Seoane).

Ao longo deste mes de febreiro, o punto móbil pasará por até 11 ubicacións distintas. Ademais das citadas anteriormente, os días 10 e 11 estará en Vioño. As xornadas do 12 e 13 ubicarase en Mesoiro, o primeiro día en Fragas do Eume, 12, e o segundo en Illas Sisargas. Durante o 16 e o 17 de febreiro instalarase na praza da Audiencia Provincial (r/Capitán Juan Varela), mentres que o 18 irá a Matogrande (Enrique Mariñas, 32). Os días 19 e 20 de febreiro instalarase no Campo de Marte, mentres que o 23, 24 e 25 irá a Praza Pablo Iglesias para rematar en Adormideras o 26 e 27 de febreiro, na rúa Regata Cutty Sark.

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña reactiva o proceso selectivo para cubrir a praza de xerente

enero 30, 2016 Ayuntamiento No Comments

O Consorcio de Turismo e Congresos de A Coruña publicou na mañá deste venres na súa páxina web as bases do proceso de selección para a contratación dunha ou dun xerente. O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, que terá lugar a próxima semana.

As persoas aspirantes deberán estar en posesión da diplomatura en Turismo, ou de calquera licenciatura ou grao universitario, e acreditar coñecemento da lingua galega (nivel Celga 4) e da lingua inglesa (mínimo, nivel B2). Requírese un mínimo de cinco anos de experiencia no sector turístico dos cales, cando menos, dous deles foran desenvolvidos en tarefas directivas. O contrato terá unha duración inicial de dous anos que poderán ser prorrogados de xeito bienal.

O procedemento de selección efectuarase en dúas fases. A primeira consistirá na valoración por parte do tribunal do curriculum da persoa aspirante en canto a formación, experiencia profesional e idiomas, cunha valoración máxima de 60 puntos. Os e as aspirantes que acaden un mínimo de 20 puntos pasarán á segunda fase, que consistirá nunha entrevista na que defenderán durante vinte minutos ante o tribunal a memoria presentada. Nela deben plasmar a súa visión xeral da Coruña como destino turístico facendo referencia aos seguintes factores: análise DAFO da marca Coruña, análise do histórico de actuacións no sector turístico na Coruña, A Coruña no Camiño de Santiago e propostas para o desenvolvemento sostible do sector. … Leer más

A Coruña acollerá en 2017 o XXXVIII Congreso da Asociación Española de Endodoncia, que reunirá a 800 profesionais do sector

octubre 9, 2015 Ayuntamiento No Comments

A cidade será sede, en novembro de 2017, do XXXVIII Congreso da Asociación Española de Endodoncia (AEDE), un encontro que reunirá a 800 profesionais da área sanitaria e cuxa confirmación, tal e como salientou na mañá deste xoves o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, “é froito da colaboración do Concello co sector turístico privado da Coruña”. Neste sentido, o responsable municipal amosou hoxe a súa satisfacción pola consecución deste evento, e subliñou que “A Coruña é unha das cidades de referencia dentro do mapa dos destinos do turismo congresual no Estado español”, e agradeceu ao doutor Juan Manuel Liñares Sixto o seu traballo para que este se leve a cabo.

O concelleiro de Emprego e Economía Social tamén informou hoxe dalgunhas das campañas de dinamización do comercio local e a hostalería que está a desenvolver o seu departamento, como é a que o Concello ten previsto levar a cabo con motivo da festa do Samaín ­entre os días 19 e 30 destes mes de outubro­ en comercios e centros de ensino da cidade, que onte abriu o prazo para inscribirse nas actividades desta primeira edición. … Leer más

Xulio Ferreiro solicita por carta reunirse co presidente de Alcoa España para clarificar o futuro da planta e do persoal da Coruña

septiembre 10, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, remitiu este xoves dúas cartas, ao director da fábrica de Alcoa na Coruña, José Gil Fernández Pulpeiro, e ao presidente do grupo en España, Rubén Bartolomé González, para, tal e como acordou un día antes cos representantes dos traballadores e traballadoras da planta coruñesa, solicitarlles unha reunión. A intención do rexedor é que os directivos lle clarifiquen cales son os plans que teñen para a factoría ubicada no polígono de Agrela e para que “deixen constancia de que hai unha aposta por esta a medio e longo prazo e tamén polos postos de traballo, máis alá das coxunturas derivadas da subasta eléctrica desde ano ou dos vindeiros”.

O alcalde, decidido a apoiar as reivindicacións dos empregados e empregadas da planta de Alcoa na Coruña, así como o mantemento dos postos de traballo, indica na misiva que remite aos directivos que “a produción de aluminio é parte esencial do tecido industrial desta cidade e a intención dos/as traballadores/as, do Goberno municipal e da sociedade coruñesa é que se manteña”.

 

“Tanto por parte do Goberno municipal como por parte dos e das traballadoras, apreciaríase de forma moi positiva que a empresa axude a cambiar a actual situación, na que parecen pecharse as vías de solución ao problema. Para iso sería moi conveniente que Alcoa se pronuncie de forma pública manifestando a súa vontade de manter a actividade industrial e o emprego”, solicítase na carta.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...