Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

Xulio Ferreiro solicita por carta reunirse co presidente de Alcoa España para clarificar o futuro da planta e do persoal da Coruña

septiembre 10, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, remitiu este xoves dúas cartas, ao director da fábrica de Alcoa na Coruña, José Gil Fernández Pulpeiro, e ao presidente do grupo en España, Rubén Bartolomé González, para, tal e como acordou un día antes cos representantes dos traballadores e traballadoras da planta coruñesa, solicitarlles unha reunión. A intención do rexedor é que os directivos lle clarifiquen cales son os plans que teñen para a factoría ubicada no polígono de Agrela e para que “deixen constancia de que hai unha aposta por esta a medio e longo prazo e tamén polos postos de traballo, máis alá das coxunturas derivadas da subasta eléctrica desde ano ou dos vindeiros”.

O alcalde, decidido a apoiar as reivindicacións dos empregados e empregadas da planta de Alcoa na Coruña, así como o mantemento dos postos de traballo, indica na misiva que remite aos directivos que “a produción de aluminio é parte esencial do tecido industrial desta cidade e a intención dos/as traballadores/as, do Goberno municipal e da sociedade coruñesa é que se manteña”.

 

“Tanto por parte do Goberno municipal como por parte dos e das traballadoras, apreciaríase de forma moi positiva que a empresa axude a cambiar a actual situación, na que parecen pecharse as vías de solución ao problema. Para iso sería moi conveniente que Alcoa se pronuncie de forma pública manifestando a súa vontade de manter a actividade industrial e o emprego”, solicítase na carta.

Comunicado do Concello da Coruña

septiembre 6, 2015 Ayuntamiento No Comments

​ Corporación municipal da Coruña, en nome de toda a cidadanía, manifesta a súa conmoción pola traxedia vivida onte en Carral durante a celebración dunha proba automobilística e comparte a dor das familias e amizades das vítimas, ás que traslada o seu máis sentido pésame.

En sinal de respeto e solidariedade, o alcalde decretou tres días de loito oficial no municipio da Coruña. As bandeiras ondearán a media hasta.

O loito oficial conleva o cambio de data do Pleno ordinario previsto para este 7 de setembro. Así mesmo, o goberno municipal convoca ao conxunto da Corporación para este luns ás 12.00 horas para gardar un minuto de silencio ás portas do Pazo de María Pita, co que pretende amosar a solidariedade dos coruñeses e as coruñesas coas familias das persoas golpeadas por esta traxedia.

Ademais, o Concello da Coruña quere recoñecer a entrega dos traballadores e traballadoras que formaron parte do dispositivo que atendeu aos familiares e amigos das vítimas na noite do sábado, de xeito moi especial ao persoal municipal e ao equipo de atención psicolóxica da Cruz Vermella.

Xiao Varela: “Cando as obras da Mariña sexan responsabilidade municipal, as melloras serán consensuadas coa veciñanza”

agosto 19, 2015 Ayuntamiento No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, visitou este mediodía o tramo de obras da Mariña recentemente rematado e que a Autoridade Portuaria abriu hoxe ao público. Un tramo que, non obstante, aínda non foi recepcionado polo Concello na Coruña. Non o será até que a institución portuaria non responda ao requirimento do Goberno local, no que conste que a obra conta coa licenza correspondente. “Viñemos botar un ollo, aínda que as obras non están aínda recibidas e, polo tanto, non temos responsabilidade sobre elas”, dixo o edil que, non obstante, explicou que a súa supervisión era importante de cara a reunión da comisión de seguimento das obras da Mariña­Parrote, que terá lugar o próximo martes, despois de que así o solicitase.

unnamed

“Hai que seguir traballando na regularización das obras e nas posibles melloras que poidan vir a partir de agora”, explicou Varela. “Melloras que deben artellarse como non o foron até o de agora, é dicir, falando e consensuándoas coa cidadanía. É necesario escoitar as necesidades da gente que vive neste espazo, así como as achegas que poidan facer de cara a unha mellora na súa urbanización”, dixo. … Leer más

O Goberno local demanda da Autoridade Portuaria que actualice e faga público o Plan de Financiamento do Porto Exterior

agosto 7, 2015 Ayuntamiento No Comments

O impacto que supoñen para as contas da Autoridade Portuaria tanto a negativa da Unión Europea (UE) a outorgar financiamento para as obras de acceso a Punta Langosteira como a aprobación polo Goberno central do Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre obriga, segundo o Concello da Coruña, a revisar e despois facer público o Plan de Empresa e o Plan Financeiro do Porto Exterior.

“Hai que reaxustar as previsións económicas e financeiras das obras do Porto Exterior, unha medida que debería incluír tamén a revisión dos Convenios de 2004, que conteñen unhas expectativas totalmente desfasadas na actualidade, tanto pola valoración dos terreos a desafectar como polos propios problemas de caixa da Autoridade Portuaria, que presentou unhas perdas de 4,2 millóns de euros o ano pasado e cuxo patrimonio está afectado agora tamén polas decisións da UE e mesmo do Goberno central do PP, entre elas tamén o orzamento de 2016”, afirma ao respeto Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...