Home » Ayuntamiento » Recent Articles:

O alcalde da Coruña recibe aos estudantes con bolsas de estudo en Estados Unidos e reivindica a Educación como unha prioridade do Concello

julio 20, 2015 Ayuntamiento No Comments

​alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Caméan, recibiron este luns no Salón de Plenos do Concello a un grupo de mozas e mozas da cidade que partirán a Estados Unidos para realizar un programa de inmersión de preto de nove meses de duración. Ademais, na comitiva que visitou María Pita tamén se atopaban os bolseiros que participaron na última edición do programa, destinado a estudantes empadroados no municipio

unnamed1

Ferreiro manifestou que a educación é unha das principais prioridades deste Concello. “A nosa prioridade é a educación, poder dar oportunidades ao maior número de rapaces e rapazas da Coruña”, explicou o rexedor. “Só investindo na mocidade se pode conseguir unha sociedade mellor, a educación fai mellores ás persoas”, indicou. … Leer más

O Concello pide á cidadanía precaución ante o aumento de rescates nos areais

julio 19, 2015 Ayuntamiento No Comments

As boas temperaturas do verán na Coruña traducíronse nun aumento de afluencia de usuarios ás praias da cidade e tamén nun maior número de incidencias rexistradas polos efectivos de seguridade no seu primeiro mes de servizo con respecto ao mesmo período do 2014. O Concello prega á cidadanía maior precaución, xa que só en 30 días contabilizáronse 24 rescates, 22 máis que no ano pasado nas mesmas datas.

Segundo os datos que manexa o Concello, desde o 15 de xuño rexistráronse 397 incidencias nas praias de Riazor, Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza. No primeiro mes de servizo do pasado ano, a suma foi máis reducida: 265. Case unha cuarta parte das incidencias son cortes (97), porén, as incidencias que máis aumentaron foron as referidas abrasións non solares (91 este ano, 38 no 2014), danos oculares (15 este ano, 4 no 2014), así como picadas con obxectos punzantes (29), picaduras de insectos (20) e mareos (10). Tamén aumentou o número de rescates, sendo 24 este ano, cando no mesmo período de 2014 sumaron 2 en total. Oza foi o areal que rexistrou maior número de incidencias (125), seguido de Riazor (93), Orzán (91), San Amaro (56) e Lapas (32).

Non obstante, e a pesar da petición á veciñanza para que aumente a precaución durante este verán, o Concello recorda que, na actualidade, hai cerca de sesenta profesionais do servizo de salvamento e socorrismo que velan pola seguridade das persoas que se achegan até as praias.

No dispositivo empregado polo Concello atópanse socorristas, diplomados en enfermería, médicos, coordinadores de todo o operativo e responsables de loxística.

Xulio Ferreiro: “Estamos a piques de alcanzar un acordo unánime histórico para a organización do Concello”

julio 18, 2015 Ayuntamiento No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, cualificou este venres de “histórico” o acordo que está a piques de asinarse con todos os grupos municipais para sacar adiante a organización do Concello. “É un acordo histórico porque nunca no Concello os grupos tiveron tantos medios como van ter, e tamén é histórico porque marca un punto de inflexión”, salientou o rexedor. “Xa non pode haber no futuro outra forma de entender a vida política; estase propoñendo un acordo importante por todos os lados, tamén por parte dos cidadáns, polo que esperamos que isto se traduza nun mellor xeito de gobernar”, explicou Ferreiro, quen sinalou non obstante que “este acordo global segue a supoñer un aforro con respecto ao pasado mandato”.

Durante as negociacións alcanzouse un acordo entre os grupos que permitirá sacar adiante o Pleno de Organización, aínda que se esperará ata o luns para ter a unanimidade. “Nunha negociación é necesario buscar puntos de consenso”, indicou o rexedor. A previsión é que o próximo luns, día 20, poida asinarse o acordo e convocar o Pleno de Organización para o xoves.

O Concello pon os recursos de Emalcsa a disposición dos concellos da comarca de Ferrol afectados polo problema da depuradora

julio 17, 2015 Ayuntamiento No Comments

O Concello da Coruña puxo a disposición do de Ferrol e os súa comarca os recursos de Emalcsa (empresa municipal de augas da Coruña) co obxectivo de paliar os problemas que sofren polas deficiencias detectadas na depuradora de Catabois.

O alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, telefoneou ao de Ferrol, Jorge Suárez, para ofrecerlle axuda por medio de Emalcsa, ofrecemento que lle pediu transmitise tamén ao resto de concellos afectados.

O Concello da Coruña pon a disposición dos da comarca de Ferrol os seus técnicos de augas, o laboratorio de Emalcsa e tamén está disposto a axudar co subministro se é necesario e se dispoñen dos recursos axeitados para facelo.

Desde o Goberno local da Coruña e Emalcsa comunicaron tamén que esta axuda será completamente gratuíta, aplicando o principio de solidariedade e cooperación entre concellos.

O alcalde da Coruña pide respecto polo funcionariado municipal

julio 15, 2015 Ayuntamiento No Comments

​alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu hoxe á oposición, e concretamente ao grupo municipal do PP, que non xere “alarmismos innecesarios” nin dea información “falta de rigor”, como no caso do desenvolvemento do programa da Smart City. “Din que facemos una lectura nesgada, pero precisamente lectura nesgada das cousas é dicir que se van perder fondos europeos cando todos os informes feitos polo persoal do Concello entenden que o proxecto vai adecuadamente”, indicou. Así, no que respecta ao estado económico do Concello, onde se detectaron problemas de liquidez derivados da xestión do Goberno anterior, o rexedor recordou: “Non somos nós os que dicimos que esta é a situación na que nos atopamos, son informes realizados por funcionarios de prestixio”.

unnamed

Por outro lado, Ferreiro explicou este martes, a preguntas dos medios, que o grupo municipal que sustenta o Goberno local reenviou esta xornada unha carta ao resto de forzas con presenza na corporación obxectivo de acadar un acordo definitivo de cara ao Pleno de Organización. “No obstante, todo acordo ten que pasar porque as peticións de PSOE e PP volvan á lóxica”, indicou. “Os concelleiros do Goberno teñen que ter capacidade e persoal para facer o seu traballo”, engadiu.

“O PSOE debe entender que non todo o seu grupo poder ter dedicacións, nin percibir o 80% do que recibirá un edil con responsabilidades de Goberno, por estar tres ou catro horas no Concello”, opinou o alcalde coruñés, quen tamén incidiu en que a oferta feita aos grupos municipais pola parte do grupo de Goberno é “histórica”. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...