Home » Conciertos » Recent Articles:

O Concello abre a convocatoria de ‘Cultura de Barrio’, que busca “dar apoio ás entidades e colectivos da cidade e contribuír á descentralización das actividades”

abril 8, 2018 Conciertos No Comments

​O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou no Pazo de María Pita a convocatoria de subvencións culturais Cultura de Barrio​, un programa municipal que se creou o pasado ano co obxectivo de “dar apoio ás entidades e colectivos da cidade e contribuír así á descentralización da programación cultural e aumentar a capacidade para operar en accións de carácter sociocomunitario”. A convocatoria de axudas, que este ano pasan a ter carácter de subvención, que se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia e que está aberta ata o 7 de maio, destina 100.000 euros en total, aínda que a cuantía máxima á que poderá optar cada proxecto ascende a 8.000 euros.

O edil apuntou que a esta convocatoria pódense presentar colectivos e entidades constituídos como tal pero tamén permite que outras con recoñecida traxectoria e non rexistradas formalmente poidan optar ás subvencións se cumpren o requisito de ter realizado un proxecto cultural anual no termo municipal nos últimos dous anos. Unha comisión especializada será a encargada de valorar os proxectos, que deberán ser abertos ao público xeral, gratuítos e que se trate de accións culturais que apoien o desenvolvemento comunitario dos diferentes barrios na cidade. O comité experto valorará tamén outras cuestións relevantes, como que a iniciativa inclúa un plan de comunicación ou a realización de proxectos conxuntos con outras entidades, xa que “está probado que a interacción entre entidades enriquece moito os traballos”. Neste sentido, Sande referiuse aos 17 proxectos que foron aprobados o pasado ano dentro do programa Cultura de Barrio, dos que dixo “tiveron resultados moi afortunados, con riqueza e variedade de proxectos”. Así, lembrou que os colectivos propuxeron inicitivas que ían desde o ámbito científico, de recuperación da memoria histórica ou artísticos nas súas diversas facetas, que “propoñía actividades ou vías que non existían” dentro da programación cultural da cidade. O prazo de resolución estimado é de dous meses.

A festa do feminismo continúa no Teatro Colón coa gala 16Mx8M

marzo 9, 2018 Conciertos No Comments

Como unha festa pola igualdade desde a música e o teatro preséntase o espectáculo “16Mx8M” que terá lugar este sábado no Teatro Colón, organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. “Queremos que se sinta a voz das mulleres sobre o escenario despois dunha xornada histórica como a que vivimos”, sinala a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

O Teatro Colón da Coruña acolle mañá sábado desde ás 20:30 horas a  gala 16Mx8M, un espectáculo con actuacións musicais e teatrais, en que 16 mulleres se encargaran de darlle continuidade ao grande éxito do Día Internacional das Mulleres. … Leer más

LAS “MALDITAS CANCIONES” DE QUEQUÉ LLEGAN AL PLAYA CLUB

octubre 19, 2016 Conciertos No Comments

Quequé es uno de los humoristas más importantes del país y fue ganador de la segunda edición del Club de la comedia. Desde entonces ha compatibilizando sus giras de monólogos con trabajo en televisión y radio, donde se le puede escuchar junto a Ignatius Farray y David Broncano en “La Vida Moderna”.

Pero donde siempre se ha sentido cómodo este Este 2016 este humorista irreverente y nada común es sobre los escenarios, donde regresa con su último show, “Malditas Canciones”, en el que durante hora y media combina nuevos textos brillantemente simpáticos con música en directo en compañía de Raúl Martin (Frankie) ex líder y guitarrista del mítico grupo madrileño “Sugarless”.

Quequé estará en el Playa Club este próximo viernes 21 de octubre, decidido a convencernos a todos: “Todos tenemos canciones que no nos apetece volver a escuchar. Porque nos recuerdan a alguien, porque nos recuerdan quiénes fuimos o porque nos hacen volver a un lugar al que no nos apetece ir de nuevo. Yo he recopilado las mías en este espectáculo y voy a curar el trauma que me provocaron cantándolas (mal) y riéndome de las razones por las que, en algún momento, me j******* la vida”

AGENDA

· Evento: Quequé
· Lugar: Playa Club Coruña
· Fecha: Viernes 21 de octubre de 2016
· Hora: 23:00 horas
· Entradas: 10 € anticipada en Ticketea y Discos Portobello / 12€ en la taquilla del Paya Club el día del evento.

CARLOS SADNESS PRESENTA “LA IDEA SALVAJE” EN EL PLAYA CLUB

octubre 13, 2016 Conciertos No Comments

El último disco de Carlos Sadness le sitúa como uno de los artistas más exitosos en el panorama de la música indie pop, entre los 8 más seguidos en redes sociales y con mayor presencia en festivales, algunos tan importantes como Arenal Sound, Cruïlla, Low Festival, Sonorama, Santander Music…

wc9pe1wn

Con este bagaje el artista barcelonés llega al Playa Club el próximo 19 de noviembre con el sonido de “La Idea Salvaje”, un disco grabado en Barcelona y postproducido en Glasgow que fué número 1 en Fnac, 12 en lista de ventas Promusicae y elevó su single “Qué Electricidad” al trono de “canción del 2015” con 2 millones de escuchas en Spotify.

Letras llenas de poesía, imaginación, metáforas y sobretodo personalidad, acompañada por un sonido de vanguardia influenciado por Vampire Weekend, Crystal Fighters o Two Door Cinema Club que prometen un directo inolvidable en el Playa Club.

AGENDA

· Evento: Carlos Sadness
· Lugar: Playa Club Coruña
· Fecha: Sábado 19 de noviembre de 2016
· Hora: 22:00 horas
· Entradas:
o Oferta de lanzamiento, 10€ en Ticketea

O Concello organiza este domingo a primeira edición dun novo mercado quincenal de produtos ecolóxicos e de proximidade no Campo da Leña

septiembre 30, 2016 Conciertos No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social, que dirixe o edil Alberto Lema, organiza este domingo, entre as 11.00 e as 20.00 horas, a primeira edición do novo mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade que se desenvolverá no Campo da Leña en domingos alternos (primeiro e terceiro do mes). O obxectivo, adianta o concelleiro, pasa por “dinamizar o sector e potenciar na cidade a agricultura ecolóxica e o comercio que ofrece este tipo de produtos, fomentando nas persoas consumidoras dinámicas de compra máis responsable, sostible e de proximidade”. A feira estará composta, nesta primeira xornada por unha vintena de postos, dos que a metade contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, ademais dun 25% de vendedores e vendedoras de produtos ecolóxicos procedentes da cidade e outro 25% de produtos de proximidade. O número de expositores poderá medrar nas sucesivas edicións.

O Concello inviste nesta iniciativa un orzamento de 18.000 euros, dentro das accións que desenvolve para a dinamización comercial, como os mercadillos urbanos de promoción do comercio de barrio, o último dos cales terá lugar esta fin de semana –o sábado, día 1, entre as 12.00 e as 20.00 horas– na explanada de Riazor, despois de celebrarse en Eirís, nos Rosales e Elviña nas últimas semanas. Como en edicións anteriores, esta iniciativa contará con distintos actos de animación para completar a actividade comercial.

Tamén esta fin de semana terá lugar no mercado das Conchiñas o segundo dos obradoiros gastronómicos infantís que o Concello desenvolve nas distintas prazas de abastos municipais, no obxectivo de dinamizar estes espazos e potenciar os bos hábitos alimentarios entre os e ás pequenas participantes, ademais de achegalos aos produtos de proximidade e de calidade que ofrece un mercado. Os talleres están divididos en dúas quendas en función da idade, e o deste sábado irá dirixido a participantes de entre sete e doce anos. A semana vindeira, a acción trasladarase ao mercado de San Agustín: o sábado 8 de outubro haberá taller para o grupo 1 (nenos e nenas de catro a seis anos), e o día 15, para o grupo de mais idade. O seguinte mercado en acoller esta iniciativa será o de Elviña, cun taller o sábado 22 para o grupo de menores e ao seguinte, día 29, para os nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Xa en novembro, os obradoiros chegarán ao mercado Eusebio da Guarda (praza de Lugo), os días 5 e 11, mentres que o mercado de Monte Alto celebrará os seus obradoiros infantís os días 19 e 26. A actividade celébrase en horario de 11.00 a 13.30 horas. Para participar, as persoas interesadas deberán cubrir unhas fichas de inscrición que están dispoñibles nas conserxerías dos mercados. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...