Home » coruna » Recent Articles:

O túnel do Parrote permanecerá pechado ao tráfico durante catro días a vindeira semana por obras no seu pavimento

mayo 6, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos cortes que se producirán no túnel do Parrote a vindeira semana como consecuencia das obras de reforma sobre a pavimentación que se acometerán desde mañá e ao longo de 18 días, e que suporán o peche completo deste ramal durante catro xornadas (dende as 08.00 horas do xoves día 10 e ata as 07.00 horas do luns 13). Durante o resto destas xornadas de traballo, a circulación manterase aberta en todo momento en sentido Mariña ao castelo de San Antón. As obras, que como indica o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, están promovidas pola Autoridade Portuaria e serán acometidas por Copasa, só afectarán ao ramal do Parrote, polo que non se restrinxirá ou pechará o tráfico de vehículos nos tramos da Mariña e María Pita, “e a afección ao tráfico será mínima”, sinala.

Esta actuación está encamiñada a solventar os problemas de filtracións de auga do mar e osabombamentos ​no pavimento que causa a presión do mar nesta sección do túnel. “Temos reclamado á Autoridade Portuaria, como responsable que é da obra, que actúe e acometa os traballos necesarios para atallar uns problemas de filtracións no pavimento que teñen a súa orixe na mesma construción do túnel”, indica o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. Neste sentido, o edil celebra que “a Autoridade Portuaria acometa unhas obras demandadas pola cidadanía e polo Concello, que aceptou poñer en marcha a opción que considera máis viable de entre as que propuxo a Autoridade Portuaria e sobre a que mantén a condición de que o pavimento debe manterse seco tras a actuación”.

… Leer más

A Concellería de Culturas presenta a primeira edición do Festival de Música Contemporánea RESIS, “unha proposta cultural de calidade que explora a vangarda e o coidado da tradición”

mayo 6, 2018 coruna No Comments

​A Coruña acolle este mes de maio a primeira edición do Festival de Música Contemporánea RESIS, unha iniciativa que nace co apoio do Concello da Coruña e que ten como finalidade dar a coñecer entre a veciñanza a creación e interpretación de música contemporánea. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a proposta, que se desenvolverá até o vindeiro día 26 en distintas localizacións do termo municipal, “a través do uso dunha multiplicidade de espazos, alén dos municipais e públicos, nos que se pode desenvolver a vida cultural”, como son a Fundación Luís Seoane, a antiga Fábrica de Tabacos ou a igrexa de Santiago. “A orientación do festival é clara e vai na liña da aposta do goberno local. Afonda, por unha banda, na expansión do feito artístico; pero tamén na vangarda, no coidado da tradición e na combinación destas dúas. Estamos a falar dunha proposta que aposta por unha idea de cultura e arte de calidade”, sinalou Sande. O festival, que inclúe na súa programación concertos e mesas redondas, “dá pé tamén a achegar e reforzar o aspecto da propagación, aprendizaxe e divulgación da música así como doutras vertentes artísticas”, explicou o responsable municipal, que estivo acompañado na presentación por organizadores de RESIS.

Tal e como apuntou un dos directores do Festival, Ramón Otero, a idea fundamental que pretende a proposta “é mudar a perspectiva sobre a música contemporánea, para que chegue dun xeito máis próximo á veciñanza”. Neste sentido, o músico salientou que o festival apostará por poñer en común a sonoridade con outras disciplinas artísticas. “RESIS é unha proposta multidisciplinar que quere abrir tamén un diálogo coa veciñanza”, afirmou o organizador, quen destacou a realización de encontros con compositores “para xerar conversa arredor deste eido”. Tanto as mesas redondas como as actuacións serán presentadas e moderadas pola poeta Estíbaliz Espinosa.

… Leer más

Xustiza Social eleva un 24%, ata 155.000 euros, o crédito para as axudas de Bono Taxi “para reforzar un programa que atende as necesidades das persoas con diversidade funcional e contribúe a súa autonomía”

mayo 4, 2018 coruna No Comments

​A Concellería de Xustiza Social e Coidados aumenta nun 24% o orzamento das axudas de Bono Taxi para este ano. A Xunta do Goberno local ten previsto autorizar hoxe venres unha ampliación de crédito de 30.000 euros que, sumandos aos xa consignados, elevan ata 155.000 o importe total da convocatoria, que ten como obxectivo axudar nos seus desprazamentos a persoas con diversidade funcional que teñan problemas para o uso do transporte público. Estas axudas son concedidas en formas de bonos que os e as usuarias poderán cambiar por viaxes en taxi. A responsable do departamento de Xustiza Social, Silvia Cameán, indica que “o Goberno local quere reforzar a súa aposta por programas que atendan as necesidades das persoas con diversidade funcional e contribuír tamén á súa integración social e autonomía”.

A convocatoria de axudas para o Bono Taxi rematou o seu prazo ordinario de solicitude con 178 peticións presentadas, que están en proceso de valoración, o que suman 25 máis que no pasado ano. As bases da axuda, que contemplan tamén unha convocatoria extraordinaria ata finais de setembro para poder atender situación sobrevindas, incorporan xa dende o pasado ano novidades “que fan posible tramitar con rapidez estas axudas, como é que as persoas que xa foron adxudicatarias no pasado non teñen que presentar de novo toda a documentación requirida senón unha declaración responsable que indique que as condicións se manteñen”. Ademais, a edil salientou que “o Concello incrementou o límite máximo de renda marcado para poder ser beneficiario desta axuda, dende o 200% do IPREM (índice estatal que serve de baremo para a concesión de prestacións) até o 210%”. “Son dúas modificacións que simplifican e facilitan a tramitación para as persoas que solicitan cada ano a axuda, á vez que amplían a base dos e das beneficiarias”, indica Cameán.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados concedeu o pasado ano 135 axudas, das que un 88%, 123, tiveron a asignación completa, que ascende a 840 euros ao ano. Para as restantes, que suman 12, foron aprobadas axudas do 50% da contía, xa que se trata de casos que xa dispoñen dunha prestación similar da Xunta de Galicia. Unha vez se proceda á resolución da convocatoria, o Concello entregará os Bono Taxi en soporte cartón electrónico ou en papel polo importe total da axuda concedida anualmente en cheques de 0,5, 1 e 3 euros. Serán os e as taxistas as que posteriormente facturen ao Concello os servizos prestados.

A segunda edición do programa municipal ‘Tendas a Exame’, que se desenvolveu nos barrios de Monte Alto e Orzán, conclúe coa posta en marcha de accións “que afondarán na mellora competitiva do comercio local”

mayo 4, 2018 coruna No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, valorou o desenvolvemento da segunda edición do programa municipal ​Tendas a Exame​, un proxecto de consultoría posto en marcha o ano pasado polo executivo local coa finalidade de afondar na mellora competitiva do comercio coruñés de proximidade. A través desta iniciativa, o Concello pon á disposición dos establecementos un servizo profesional de asesoramento que identifica as necesidades e fortalezas dos negocios, e propón melloras e accións para a renovación ou mellora do comercio. “A iniciativa pretende resolver as principais dificultades ás que se enfrontan un gran número de comerciantes locais e, polo que estamos a comprobar, está a ser moi ben recibido e valorado polas persoas beneficiarias”, destaca Alberto Lema, quen lembra que o ano pasado 25 establecementos do barrio dos Mallos tamén formaron parte do programa, “que obtivo unha excelente acollida”. “Vendo a boa marcha destas dúas edicións, o goberno local estudará a ampliación da iniciativa de cara ao ano que vén”, apunta.

Un total de 30 establecementos do barrio de Monte Alto, incluíndo a rúa da Torre e até o Campo da Leña, e a rúa Orzán até a Praza de Pontevedra participaron nesta segunda edición. De cara á posta en marcha da mesma, visitáronse un total de 132 comercios da zona, dos cales 67 mostraron o seu interese. En función da súa localización, actividade e situación de partida, seleccionáronse, finalmente, os seguintes locais: El tocador de Cris, Mercería D ́Lis, Ecotienda Orillamar, Marga flores, Farmacia Isabel Casandra Pin, Floristería Galiocio, Frutería Belén, Relojoya, Mercería La Torre, A tenda de Albi, Opticalia La Torre, Calzados Javi, Tuneo mi Movil, Mari Carmen fotógrafa, Montegrappa, Eurocasa, Mercería La Ilusión, Centro de dietética y nutrición Vanesa Buján, Koketa, Lummerland, Frutería Doris, El Riojano, Papelería Porvén, Los postres de Kelly, Amorodos, Areladeco, Alita Comics, Marcoarte, Doa Doa y Zapatería Pantuflas.

Ao longo dos pasados meses de marzo e abril, o servizo de consultoría e asesoramento do Concello realizou seis visitas a cada un dos comercios de proximidade, para os que elaborou un diagnóstico comercial nos que se tiveron en conta puntos como a imaxe interna e externa, aptitudes do persoal traballador, servizos ao cliente, xestión económica ou a estratexia comercial. Tras identificar as carencias e capacidades de mellora, a área de Emprego e Economía Social realizou un plan de mellora comercial personalizado para os distintos establecementos. “En moitos casos xa están a poñer en práctica as melloras recomendadas”, asevera o edil, quen participará esta tarde, no centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio, nunha xornada de peche do programa, no que as e os participantes recibirán un Manual de boas prácticas.

O alcalde reivindica a vontade do goberno local “de tender pontes, cooperar e negociar” en todos os grandes retos da cidade, como a construción da área metropolitana

mayo 4, 2018 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu ao seu homólogo en Cornellà e vicepresidente executivo da Área Metropolitana de Barcelona (AMB), Antonio Balmón, quen estará até mañá na cidade, acompañado do xerente do ente supramunicipal, Ramón Torrá, para trasladar a experiencia catalá e analizar as potencialidades e oportunidades da futura área coruñesa. Ademais de reunirse co rexedor coruñés, Balmón tamén participa, a esta hora, nunha xuntanza de traballo cos e coas concelleiras do grupo de goberno. A xornada do xoves completarase, ademais, cunha reunión co grupo de xuristas de Universidade da Coruña (USC) que realizaron, por encarga do Concello, varios documentos sobre os distintos pasos a dar na constitución do ente metropolitano. A respecto da axenda institucional desta xornada, o primeiro edil lamentou que tan só o voceiro socialista acudise esta mañá a entrevistarse con Balmón, a pesar de que Ferreiro convidou aos e ás representantes de todos os grupos municipais. A este respecto, reivindicou a vontade do goberno local “de tender pontes, cooperar e negociar en todos os grandes retos da cidade”. “E isto, por suposto, inclúe tamén a construción da área metropolitana da Coruña”, apuntou.

“O goberno local sempre trata de ser inclusivo e de negociar nos grandes asuntos da cidade. No tema da área metropolitana, elaboramos informes, falamos cos e coas voceiras, plantexamos aos grupos que fagan as súas achegas… Non obstante, a día de hoxe, o número de liñas escritas presentadas polo PP para contribuír ao debate da área na Coruña é igual a cero”, lamentou. “Hoxe, que temos un convidado no Concello, cremos que o menos que poderían facer, por cortesía, é pasar a saudar”, engadiu, á vez que reflexionou sobre a súa actitude con respecto ao Foro Cidadán Tecendo Litoral. “Organizamos un acto no que se invita a todo o mundo, no que hai representantes de distintas administracións, de sindicatos, da confederación de empresarios, da federación de asociacións de veciños, da universidade… O grupo local do PP pasa a fin de semana ridiculizando o evento, pero logo se queixan de que non os invitamos a participar nun acto no que se analizan as conclusións do Foro no que non participaron”. “Nos grandes temas da cidade o que menos importa é quen ten a iniciativa política. Até o de agora non escoitei ningunha palabra sobre que constituír unha área metropolitana fose unha mala idea. Creo que propuxemos unha boa idea e todos debemos traballar nesa liña”, comentou. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...