Home » coruna » Recent Articles:

O Concello acomete os traballos de demolición de dúas vivendas dos Mallos en situación ruinosa

septiembre 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello acomete os traballos de demolición de dúas vivendas dos Mallos en situación ruinosa

O Goberno local levará a cabo a demolición de dúas vivendas situadas nos Mallos e que presentan un estado de ruína. A Concellería de Rexeneración Urbana iniciará os traballos nun dos inmobles esta vindeira semana, mentres que a segunda das vivendas será derruída no mes de novembro, unha vez finalice o proceso de contratación da obra. “A demolición das dúas vivendas, que se atopan en moi malas condicións e que levan un tempo sen ser habitadas, é unha reclamación da veciñanza, que denunciaba que os dous inmobles eran fonte de problemas e de salubridade e inseguridade no barrio”, explica o edil Xiao Varela.

O primeiro inmoble que vai ser demolido está situado na Agra dos Mallos e é actualmente propiedade municipal, despois de que o Concello a adquirira á ​Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES). No mes de xuño do presente ano, o Goberno local contratou a demolición desta edificación, na que se iniciaron as tarefas previas de limpeza. Porén, nestes traballos iniciais detectouse a presenza de amianto, polo que foi preciso seguir o protocolo de retirada destes materiais con seguridade. Finalmente, a demolición comezará a vindeira semana. Cabe resaltar que este inmoble atópase situado sobre o trazado dos futuros accesos á estación Intermodal ao seu paso polo polígono da Sardiñeira, polo que, con esta intervención, adiántase na súa futura execución.

No segundo dos casos, un inmoble situado na rúa Puerto Rico, número 25, o Concello actúa de maneira subsidaria. “Trátase dunha vivenda que leva un década nun estado declarado de ruína e con orde de demolición. A entidade propietaria da mesma comunicóuselle, pero non atendeu esta obriga nin tampouco o pago das multas coercitivas impostas. O Concello decidiu incoar un expediente para abordar a súa execución subsidiaria debido ao estado do inmoble”, apunta Varela. A vivenda presenta as ventás e as portas abertas, o que permite a entrada de auga, persoas e animais, “do que derivaron numerosos informes policiais e incluso varios incendios, o que demostra o perigo de manter esta situación”. Neste sentido, o responsable municipal indica que o Goberno local recolle as demandas da veciñanza dos Mallos ao respecto da situación das vivendas, e tamén segue a avanzar na configuración dos accesos á futura estación intermodal.

O Concello dá un novo paso “para converter o Parque Ofimático nun barrio máis da cidade” coa concesión de licenzas para dous supermercados e a posta en funcionamento do alumeado da vía pública

septiembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello dá un novo paso “para converter o Parque Ofimático nun barrio máis da cidade” coa concesión de licenzas para dous supermercados e a posta en funcionamento do alumeado da vía pública

O alcalde, Xulio Ferreiro, deu conta dos avances que está a realizar o Concello para “converter o Parque Ofimático nun barrio máis da cidade” tras da reunión da Xunta do Goberno local, na que se informou da concesión de dúas licenzas de obra para a construción de dous supermercados e un aparcadoiro na zona. Ademais, o rexedor municipal comunicou que, unha vez realizados os trámites municipais coa distribuidora de electricidade, o polígono conta dende a pasada noite con iluminación na vía pública o que permitirá “tanto mellorar a seguridade da zona como permitir que se abran os accesos a Eirís”.

“Damos así un paso adiante máis na normalización e utilización do ámbito como un barrio máis da cidade”, indicou o alcalde, quen explicou que isto permitirá que, dende a próxima semana, se poidan abrir as vías para a circulación e que “a veciñanza de Eirís de Abaixo teña unha posibilidade máis de acceso” ao seu barrio, así como iniciar as actuacións da acometida de gas. A rede de alumeado do Ofimático conta con 624 puntos de luz e cun sistema de aforro enerxético por regulación de fluxo que está controlado dende seis centros de mando e por telexestión. Nas vías e as zonas peonís e axardinadas instaláronse lámpadas de descarga para aumentar a seguridade e o confort da veciñanza e dos vehículos que circulen pola zona. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, trasladou xa aos e ás representantes das cooperativas esta información. Tal e como sinalou o alcalde, “a parte das obras municipais está absolutamente rematada” e só falta que os veciños e as veciñas teñan os permisos da distribuidora para engancharse á luz.

… Leer más

A Deputación da Coruña anima cantar no inicio do curso escolar

septiembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña anima cantar no inicio do curso escolar

O 19 de outubro remata o prazo para presentar cancións ao III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar e a Deputación da Coruña, organizadora do premio, anima a comezar o curso cantando. As bases poden consultarse na páxina www.querocantar.gal.

A edición dun disco colectivo; a actuación en directo no teatro Colón da Coruña; a gravación dun videoclip e cantidades económicas de 1500 €, 1000 € e 500 € son algúns dos premios do concurso Quero Cantar que ten a súa convocatoria aberta a grupos e solistas, con tres premios en cada unha das categorías infantil e xuvenil. … Leer más

O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE @S DEPUTAD@S POR GALIZA CONDICIONEN O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS DE SÁNCHEZ AO FINACIAMENTO DO PORTO DA CORUÑA

septiembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE @S DEPUTAD@S POR GALIZA CONDICIONEN O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS DE SÁNCHEZ AO FINACIAMENTO DO PORTO DA CORUÑA

O futuro do Porto da Coruña volverá ao debate parlamentario despois de que en maio o PP votase en contra da proposta do BNG con dous puntos: Esixir que o Estado asuma o 100% do financiamento de Punta Langosteira e que os terreos do porto interior pasen ao seu lexítimo dono, a cidade coruñesa-, unha vez sexan desafectados, derrogando tanto o convenio de 2004 como o protocolo do pasado abril, ambos asinados polo presidente da Xunta. Posición que manterá na Cámara no vindeiro pleno.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou a “coherencia” do BNG fronte aos “bandazos” de PP e PSOE que, -“como sucursais de forzas estatais”-, cambian de opinión segundo estean no goberno ou na oposición, e avanzou as propostas que proporá no Parlamento: Solicitar que @s congresistas elect@s por Galiza condicionen o seu apoio aos orzamentos do Executivo de Pedro Sánchez a un trato xusto coa Coruña e crear un foro de negociación que denominou Mesa do Porto. … Leer más

O Concello abre a convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, ao que destinará 250.000 euros para a posta en marcha de proxectos que faciliten a integración social a través da actividade deportiva

septiembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello abre a convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, ao que destinará 250.000 euros para a posta en marcha de proxectos que faciliten a integración social a través da actividade deportiva

O goberno local da Coruña presentou a quinta edición da convocatoria de axudas Deporte Solidario e Inclusivo, unha iniciativa posta en marcha polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa e que ten como finalidade a promoción da igualdade de oportunidades e a integración social a través da práctica de distintas disciplinas deportivas de base. A responsable da Concellería de Igualdade e Diversidade e vicepresidenta da fundación, Rocío Fraga, avanzou que este ano a convocatoria “buscará potenciar a posta en marcha de proxectos que contribúan a inclusión social a través do establecemento de alianzas entre entidades deportivas e sociais da cidade”, e que se adianta co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das iniciativas seleccionadas ao coincidir a realización das propostas coa tempada de maior actividade das entidades deportivas locais. Deste xeito, a nova data límite para a presentación dos proxectos será o vindeiro 21 de setembro, mentres que se deberán executar antes do 15 de agosto de 2019.

Deporte Solidario e Inclusivo, que conta coa colaboración por segundo ano consecutivo de Gadis, é “un programa fundamental para o goberno local no eido da integración das diversidades e que está a acadar bos resultados de participación tanto entre as entidades locais como a cidadanía”, explicou a edil. Como lembrou, nas catro primeiras edicións –nas que o Concello destinou un total dun millón de euros– téñense realizado 89 proxectos a través de 86 entidades, dos que se beneficiaron máis de 83.390 persoas. “Nestes cinco anos, a Fundación Emalcsa investiu 1.250.000 euros no fomento do deporte base e da inclusión social. Este ano, con esta nova convocatoria, queremos avanzar neste camiño, chegar a un maior número de veciños e veciñas e promover unha maior inclusión entre aqueles colectivos que se atopen en risco de exclusión”, dixo Fraga.

… Leer más