Home » coruna » Recent Articles:

O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE @S DEPUTAD@S POR GALIZA CONDICIONEN O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS DE SÁNCHEZ AO FINACIAMENTO DO PORTO DA CORUÑA

septiembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE @S DEPUTAD@S POR GALIZA CONDICIONEN O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS DE SÁNCHEZ AO FINACIAMENTO DO PORTO DA CORUÑA

O futuro do Porto da Coruña volverá ao debate parlamentario despois de que en maio o PP votase en contra da proposta do BNG con dous puntos: Esixir que o Estado asuma o 100% do financiamento de Punta Langosteira e que os terreos do porto interior pasen ao seu lexítimo dono, a cidade coruñesa-, unha vez sexan desafectados, derrogando tanto o convenio de 2004 como o protocolo do pasado abril, ambos asinados polo presidente da Xunta. Posición que manterá na Cámara no vindeiro pleno.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou a “coherencia” do BNG fronte aos “bandazos” de PP e PSOE que, -“como sucursais de forzas estatais”-, cambian de opinión segundo estean no goberno ou na oposición, e avanzou as propostas que proporá no Parlamento: Solicitar que @s congresistas elect@s por Galiza condicionen o seu apoio aos orzamentos do Executivo de Pedro Sánchez a un trato xusto coa Coruña e crear un foro de negociación que denominou Mesa do Porto. … Leer más

O Concello abre a convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, ao que destinará 250.000 euros para a posta en marcha de proxectos que faciliten a integración social a través da actividade deportiva

septiembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello abre a convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, ao que destinará 250.000 euros para a posta en marcha de proxectos que faciliten a integración social a través da actividade deportiva

O goberno local da Coruña presentou a quinta edición da convocatoria de axudas Deporte Solidario e Inclusivo, unha iniciativa posta en marcha polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa e que ten como finalidade a promoción da igualdade de oportunidades e a integración social a través da práctica de distintas disciplinas deportivas de base. A responsable da Concellería de Igualdade e Diversidade e vicepresidenta da fundación, Rocío Fraga, avanzou que este ano a convocatoria “buscará potenciar a posta en marcha de proxectos que contribúan a inclusión social a través do establecemento de alianzas entre entidades deportivas e sociais da cidade”, e que se adianta co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das iniciativas seleccionadas ao coincidir a realización das propostas coa tempada de maior actividade das entidades deportivas locais. Deste xeito, a nova data límite para a presentación dos proxectos será o vindeiro 21 de setembro, mentres que se deberán executar antes do 15 de agosto de 2019.

Deporte Solidario e Inclusivo, que conta coa colaboración por segundo ano consecutivo de Gadis, é “un programa fundamental para o goberno local no eido da integración das diversidades e que está a acadar bos resultados de participación tanto entre as entidades locais como a cidadanía”, explicou a edil. Como lembrou, nas catro primeiras edicións –nas que o Concello destinou un total dun millón de euros– téñense realizado 89 proxectos a través de 86 entidades, dos que se beneficiaron máis de 83.390 persoas. “Nestes cinco anos, a Fundación Emalcsa investiu 1.250.000 euros no fomento do deporte base e da inclusión social. Este ano, con esta nova convocatoria, queremos avanzar neste camiño, chegar a un maior número de veciños e veciñas e promover unha maior inclusión entre aqueles colectivos que se atopen en risco de exclusión”, dixo Fraga.

… Leer más

A Deputación promociona produtos artesanais e ecolóxicos coruñeses no Festival de La Luz

septiembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación promociona produtos artesanais e ecolóxicos coruñeses no Festival de La Luz

Un ano máis, a Deputación da Coruña promociona os produtos artesanais e ecolóxicos da provincia no Festival de La Luz, que se celebrará en Boimorto ata o domingo, 9 de setembro.

Un total de 20 empresas e asociacións da provincia do ámbito da artesanía, a ecoloxía, a creación artística ou a innovación contarán estes días con outros tantos stands no Mercado da Luz, un área de 500 metros cadrados ubicada entre os dous principais escenarios do evento, onde se realizarán exposicións, presentacións e degustacións dos seus produtos.

Como en anteriores edicións, a Deputación reservará tamén un stand propio para promocionar a provincia como destino turístico entre as miles de persoas que cada ano asisten ao festival. … Leer más

O Concello impulsa coa UDC unha estratexia de innovación para a Área Metropolitana da Coruña, “un paso máis na dinamización económica da comarca”

septiembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello impulsa coa UDC unha estratexia de innovación para a Área Metropolitana da Coruña, “un paso máis na dinamización económica da comarca”

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Albalde, un convenio para a definición dunha estratexia de innovación económica que analice os recursos e capacidades dos concellos da Área Metropolitana neste eido e identifique as súas liñas de actuación potenciais, co obxectivo de “contribuír á dinamización económica da comarca e á creación de emprego nos sectores que permiten construír unha cidade próxima, inclusiva e sostible”. Como salientou Ferreiro, este estudo forma parte do proceso de construción da Área Metropolitana da Coruña, na que é clave xerar coñecemento e diagnoses que teñan en conta ao conxunto dos concellos da área para contar así cunha base con información real e axustada ás necesidades de crecemento e coordinación dos concellos e sobre a que desenvolver estratexias conxuntas.

A aposta da Mesa dos Alcaldes e Alcaldesas pola innovación materialízase tamén na constitución dun grupo de traballo específico sobre esta materia e segue a liña da aposta do Concello da Coruña por unha economía baseada na investigación e a apertura de novos espazos que atraian talento. “A innovación, que é tamén eixe central do plan de industrialización 4.0 que presentaremos proximamente e está nas súas últimas fases de elaboración, pasa sen dúbida, como tantas outras cousas, polo gran debate ao que se enfronta esta cidade hoxe: a recuperación do bordo litoral e o impulso, nos terreos de San Diego, do que nós chamamos Distrito do Mar, un polo de investigación e actividade económica innovadora vinculada ás economías verde e azul”, relacionou o alcalde, quen aproveitou para agradecer ao reitor que, “dende o primeiro minuto, entendese a importancia de que a UDC estivese presente no xurado do concurso de ideas” que o Concello convocou este verán e aceptase formar parte do xurado. O convenio, quen ten unha vixencia dun curso e unha aportación económica do Concello de 70.000 euros, dá continuidade tamén á distinción de Cidade de Ciencia e Innovación que foi outorgada pola Secretaría Xeral de Ciencia e Innovación á Coruña e que se renovou en xullo de 2016. A súa elaboración contará cunha fase de diagnose, na que se identificarán as fortalezas e debilidades do Concello, as barreiras económicas, de infraestruturas, legais e de talento existentes e na que se elaborará tamén unha identificación das posibilidades de diversos sectores económicos en relación coa aplicación das novas tecnoloxías. O seguinte paso será a elaboración de liñas estratéxicas e a rede de colaboración entre concellos que salven as limitacións identificadas.

… Leer más

A Xunta de goberno local dará luz verde este venres á licitación do proxecto da glorieta entre Ramón y Cajal e Pérez Ardá, que creará un nó viario con Salgado Torres que mellorará o tránsito peonil e vertebrará o carril bici

septiembre 7, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Xunta de goberno local dará luz verde este venres á licitación do proxecto da glorieta entre Ramón y Cajal e Pérez Ardá, que creará un nó viario con Salgado Torres que mellorará o tránsito peonil e vertebrará o carril bici

A Xunta de goberno local aprobará este venres, en sesión ordinaria, a licitación do proxecto de remodelación dos cruces das rúas Salgado Torres, Ramón y Cajal e Alcalde Pérez Ardá, unha actuación de grande impacto que mellorará de forma notable o tránsito peonil da zona e vertebrará os distintos tramos de carril bici da contorna. Cun orzamento de 696.286 euros e un período de execución de seis meses, a obra suporá a creación dunha glorieta entre Ramón y Cajal e Pérez Ardá que incrementará a fluidez nun cruce cunha gran intensidade de tráfico, introducirá pasos peonís semaforizados nas rutas naturais de tránsito e conectará os distintos tramos de carril bici que o goberno local está a acometer neste mandato. Tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, esta obra “ten unha influencia moi clara no modelo de mobilidade da cidade”.

O proxecto municipal inclúe, ademais, renovación de pavimentos, construción de novas beirarrúas e obras de subsolo, que se concretan na instalación de dous colectores da rede de sumidoiros e a rede de conducións para outros servizos.

… Leer más