Home » coruna » Recent Articles:

Marcela e Elisa centran a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais da Deputación da Coruña

junio 23, 2018 coruna Comentarios desactivados en Marcela e Elisa centran a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais da Deputación da Coruña

A figuras de Marcela e Elisa, as primeiras mulleres que casaron, centrarán o programa de actividades do Día da Diversidade Sexual da área de Igualdade da Deputación da Coruña que se iluminará das cores da bandeira do arco da vella do movemento LGTBIQ.

O día 28 de xuño conmemórase o Día das Diversidades Sexuais que nesta edición a área de Igualdade da Deputación da Coruña centra na figura de Marcela e Elisa, protagonistas do primeiro matrimonio entre mulleres, sobre as que xirará o acto que se desenvolverá o 26 de xuño ás 19 horas na Biblioteca Provincial. O profesor da Universidade da Coruña, Narciso de Gabriel, autor do libro “Elisa e Marcela. Alén dos homes”, as participantes da compañía Panadería, autoras da obra “Elisa e Marcela. Unha historia que parece conto” e o cantante e escritor Xurxo Souto participarán nesta xornada que a área de Cultura da Deputación da Coruña convoca na conmemoración do Día das Diversidades Sexuais. … Leer más

FRANCISCO JORQUERA E AVIA VEIRA, ELIXIDOS POLA MILITANCIA PARA LIDERAR A CANDIDATURA DO BNG NA CORUÑA NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

junio 23, 2018 coruna Comentarios desactivados en FRANCISCO JORQUERA E AVIA VEIRA, ELIXIDOS POLA MILITANCIA PARA LIDERAR A CANDIDATURA DO BNG NA CORUÑA NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

A asemblea local do BNG coruñés designou a Francisco Jorquera e a Avia Veira como cabezas de lista da candidatura que a formación nacionalista presentará na Coruña nas eleccións municipais de 2019.

A militancia aposta así por Francisco Jorquera, peso pesado e referente político da formación nacionalista como cabeza de cartel, ao tempo que dá continuidade á actual portavoz municipal, Avia Veira, que será a número dous da lista -o que supón un claro referendo ao seu traballo na actual corporación-.

Nas súas primeiras palabras á militancia tras ser elixidos, agradeceron a confianza depositada e anunciaron que van traballar “como un tándem” até a data dos comicios, perfilando o proxecto de cidade co que van pedir a confianza dos coruñeses e das coruñesas. … Leer más

O Concello habilita 248 prazas de estacionamento para vehículos autorizados na contorna da Cidade Vella, que será peonil dende o vindeiro luns

junio 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello habilita 248 prazas de estacionamento para vehículos autorizados na contorna da Cidade Vella, que será peonil dende o vindeiro luns

O vindeiro luns comeza a primeira fase do plan de revitalización da Cidade Vella coa peonalización do espazo, para o que se están a acometer esta semana os traballos necesarios para o cambio de circulación anunciado e tamén para a sinalización das dúas novas áreas de aparcadoiro en superficie para os vehículos autorizados da veciñanza e dos e das comerciantes do barrio. Así o explicaron os concelleiros de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, que deron conta dos últimos axustes precisos para comezar coa peonalización e das zonas de estacionamento acordadas tanto coa veciñanza e con comerciantes, que terán reservadas 248 prazas, das que 155 estarán na rúa Maestranza e as restantes, xunto ao Oceanográfico. “Estamos habilitando máis prazas das que se eliminan na Cidade Vella, que era arredor dunhas 200. É a proposta que equilibra a posición de todas as partes e que entendemos que vai ser cómoda para os veciños e as veciñas, xa que a maior parte delas están nunha zona adxacente ao casco vello e na súa parte superior”, explicou Xiao Varela.

O responsable de Mobilidade Sostible informou de que os labores de sinalización horizontal dos aparcadoiros, para os que se gañan 80 prazas tras a súa reordenación, comezan e rematarán aprimeirahoradomesmolunscomocolocacióndossinaisverticais.Varelaincidiuen que esta nova configuración do sistema circulatorio da zona xunto ao espazo de estacionamento para vehículos na rúa Maestranza “vai favorecer que non haxa tráfico residual buscando aparcadoiro, porque son zonas moi compactas e separadas das principais vías de circulación”. Os edís lembraron que, ademais destas dúas bolsas para o estacionamento de vehículos autorizados, o Goberno local ten negociado cos tres aparcadoiros privados da zona tarifas especiais con reducións de ata o 50% para residentes e traballadoras e traballadores da contorna, como indicou Díaz Grandío.

… Leer más

El embajador de República Dominicana presenta las oportunidades de inversión para las empresas en la Cámara de A Coruña

junio 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en El embajador de República Dominicana presenta las oportunidades de inversión para las empresas en la Cámara de A Coruña

El embajador dela República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas, y la ministra consejera y encargada de asuntos económicos y comerciales de la Embajada de la República Dominicana, Carolina Peguero Fernández, explicaron esta mañana en la sede de la Cámara de A Coruña ante empresarios de A Coruña y su área cuáles son las mejores oportunidades de negocio para invertir existentes en este mercado. El presidente de la Cámara, Antonio Couceiro, fue el encargado de inaugurar el acto y el director general, Gonzalo Ortiz, de clausurarlo.

Los representantes del país caribeño destacaron los sectores más interesantes para las empresas de A Coruña y su área. Así, entre ellos destacaron el turismo, que está creciendo en ámbitos como los cruceros; las energías renovables, cuyo objetivo es que en 2025 sean el 25% de la energía del país; el cine, donde están creciendo las coproducciones con España gracias a la Ley de fomento del cine; los centros logísticos, ya que cuentan con múltiples tratados de libre comercio, como por ejemplo el de Estados Unidos mediante el cual los productos entre República Dominicana y EE.UU. llegan libres de aranceles, etc. Además, pusieron de manifiesto la ubicación estratégica y privilegiada del país, así como los incentivos fiscales que disponen para la inversión extranjera.

Relaciones comerciales entre República Domincana y Galicia

Durante 2017, Galicia exportó a República Dominicana artículos por valor de 23.085.849,00 miles de euros, de los cuales 11.425.581,18 corresponden a la provincia de A Coruña. Entre los productos más exportados por Galicia a República Dominicana, se encuentran las prendas y complementos de vestir, mariscos y pescados, mobiliario, aluminio y madera.

​ O Concello afonda na súa aposta por un San Xoán sostible e amplía o dispositivo municipal destinado a minimizar o impacto ambiental da festa nas praias e barrios

junio 21, 2018 coruna Comentarios desactivados en ​ O Concello afonda na súa aposta por un San Xoán sostible e amplía o dispositivo municipal destinado a minimizar o impacto ambiental da festa nas praias e barrios

O Concello da Coruña afonda este ano de xeito exponencial na aposta por un San Xoán sostible, polo que amplía o dispositivo municipal destinado a minimizar o impacto ambiental da festa. Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente, María García, “San Xoán é unha celebración de interese turístico que, á vez, ten un gran impacto ambiental, polo que é un dos retos que temos que afrontar de forma conxunta como cidade”. A campaña municipal deste ano ten por lema ​E dicían que non podiamos… Aínda podemos máis, xa que pretende mellorar os bos resultados de recuperación e tratamento de residuos obtidos nas pasadas edicións. “Dende que este goberno chegou a María Pita, afrontamos o San Xoán como un reto de cidade e apostamos por cambiar a dinámica ambiental coa que se enfocaba esta festa. Non podemos limitarnos só a limpar, senón tamén a sensibilizar. Os últimos dous anos melloramos moito, e esperamos seguir no mesmo camiño”, dixo a responsable municipal, que fixo fincapé nas sinerxias que o Concello implementou de cara ás tarefas de sensibilización. En concreto, 375 alumnos e alumnas de centros educativos da cidade p​ articipan no programa Móllate, ademais de diversas entidades integradas dentro da entidade Ecovidrio, catro grandes distribuidoras de alimentación que substituirán 177.500 bolsas de plástico por papel e colectivos como os Kilomberos de Monte Alto e outras asociacións (como o propio Deportivo da Coruña Feminino) que colaboran na div​ ulgación do proxecto ​Praias Vivas, destinado acoutar espazos realmente sostibles, onde as persoas poidan acometer as súas festas con compromiso do residuo cero.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...