Home » coruna » Recent Articles:

O pleno da Deputación da Coruña aproba un millón de euros para as obras de reforma das gradas de Riazor

marzo 25, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña aprobou no pleno do venres unha partida económica de 1 millón de euros que se destinarán financiar as obras da grada do estadio de Riazor.

A Deputación cumpre así o compromiso adquirido o pasado mes de novembro de 2017, cando o presidente Valentín González Formoso e o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, asinaron un protocolo polo que a institución provincial se comprometía a colaborar economicamente co Concello da Coruña no financiamento das obras de reforma e conservación da cuberta e a estrutura metálica das gradas do estadio coruñés. … Leer más

Porto-Muíños, Dinahosting e OpSeeker Tech gañan os premios PEL da Deputación ás mellores iniciativas empresariais coruñesas

marzo 24, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña concedeu onte a noite os galardóns da II Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia, nun acto celebrado no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO), que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, así como numerosos alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia.

A empresa OpSeeker Tech, con sede en Ames, foi galardoada co distintivo de Mellor Iniciativa Empresarial Nova, mentres que a cercedense Porto-Muíños recibiu o galardón á Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada e a santiaguesa Dinahosting obtivo o premio á Mellor Iniciativa Socialmente Responsable. Cada unha das premiadas recibiu un trofeo de olería de Buño, un diploma acreditativo e 25.000 euros en metálico.

A esta segunda edición dos premios provinciais ás mellores iniciativas empresariais presentáronse un total de 78 candidaturas de toda a provincia e de ámbitos de actividade moi variados, destacando ás dedicadas ás novas tecnoloxías da información e a programación informático, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio online e alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais. … Leer más

O Concello convida á cidadanía a sumarse hoxe ás actividades organizadas na praza de María Pita para celebrar a Hora do Planeta

marzo 24, 2018 coruna No Comments

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, súmase hoxe, sábado, ás actividades organizadas con motivo da Hora do Planeta, unha iniciativa internacional que impulsa a ONG Adena WWF e na que participan cada ano cidades de todo o mundo, ademais de entidades, centros educativos, empresas e particulares, para amosar o compromiso na loita contra o cambio climático e a favor das enerxías limpas e a eficiencia enerxética. Deste xeito, desde as 18.00 e ata as 22.00 horas, a praza de María Pita –ou os soportais da propia praza, en caso de choiva– acollerá á celebración da Hora do Planeta, con actividades destinadas a todos os públicos, entre as que se conta a creación dunha imaxe con candeas, que formarán os díxitos 60+ (o símbolo escollido para representar os 60 minutos de reflexión) e un planeta Terra. Durante esa mesma xornada colocarase na fachada do pazo de María Pita unha faixa coa imaxe desta celebración. Tamén haberá actividades de animación para o público infantil, como a decoración de murais alusivos á protección ambiental e unha actuación musical. Posteriormente, entre as 20.30 e as 21.30 horas está previsto o apagado das luces da praza e o acceso das candeas do mosaico. Ademais, outros monumentos da cidade, como a Torre de Hércules ou os Museos Científicos, apagaranse tamén coincidindo co mesmo horario. Durante a xornada repartirase ademais información a viandantes e locais de hostalería.

Estas accións súmanse, como indica a concelleira de Medio Ambiente, María García, á liña de traballo que segue o Concello no seu compromiso coa loita contra o cambio climático, “xa que falamos do maior desafío global para as proximas décadas, e que require dunha actuación decidida e firme das administracións”. “Ante a baixa acción das autoridades internacionais e estatais, e ante as dinámicas demográficas, as cidades debemos dar un paso adiante e cobrar protagonismo para liderar a loita fronte ao cambio climático”, sostén, sinalando que as cidades “teñen unha importante responsabilidade no cambio climático, por seren un dos principais emisores de gases de efecto invernadoiro –vinculados á mobilidade e o tráfico, á xestión dos residuos e, en terceiro lugar, ao emprego da enerxía–, pero tamén teñen as ferramentas para combatelo e mudar o modelo cara á sostibilidade”. A este respecto, a responsable de Medio Ambiente recorda que o goberno municipal reactivou no ano 2016 a oficina de cambio climático “como un espazo de traballo transversal a todas as concellerías” e, igualmente, lembra actuacións en curso, como o Plan de Expansión de Arborado, que ten como obxectivo acabar o ano cun aumento do 10% no número de árbores da cidade, ou o fomento de medios de transporte alternativos ao vehículo privado como o bus ou a bicicleta, e a creación de novos carrís bici, así como as políticas dirixidas cara á redución de residuos e o aumento da reciclaxe.

A Concellería de Rexeneración Urbana inicia os trámites para construír un aparcadoiro xunto ao parque de Visma e para continuar a peonalización da rúa Marola

marzo 23, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda levará a próxima Xunta do Goberno Local, que se celebra este venres, a aprobación inicial de dous expedientes de expropiación doutras tantas parcelas necesarias para a construción dun aparcadoiro no parque Adolfo Suárez e para a segunda fase de mellora da rúa Marola, situada no barrio de Monte Alto, de cara a que poida cumprir cos criterios de accesibilidade. Trátase, segundo explica o titular de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, de parcelas de pouca superficie que ocupan parte das áreas nas que están proxectadas estas obras, “polo que recorremos ao mecanismo de expropiación forzosa para garantir que poidan realizarse na dimensión que están proxectadas”.

A superficie total a expropiar no caso do aparcadoiro, que como salienta Varela servirá para dar servizo tanto ás persoas usuarias do parque e á veciñanza como ás persoas que empreguen os campos de fútbol de San Pedro de Visma, é de 253 metros cadrados de solo urbano consolidado e cualificado como sistema local para equipamento de continxencia. O valor total da expropiación, que é a suma do prezo do solo máis un 5% do premio de afección calculada pola oficina técnica de xestión do solo, ascende a 15.373,16 euros.

O responsable municipal de Urbanismo indica que o segundo expediente de expropiación forzosa, o da rúa Marola, afecta de maneira parcial –xa que se trata dunha porción de 6,23 metros cadrados– a unha parcela de solo urbano consolidado e cualificado como sistema viario local.

“Este terreo é necesario para garantir a accesibilidade na segunda fase de peonalización desta rúa, a expansión dun proxecto moi demandado e moi ben acollido pola veciñanza de Monte Alto, que se enmarca no Camiño do Vixía, unha iniciativa para facilitar a mobilidade e o tránsito peonil nun barrio con moita densidade de tráfico e pouco espazo con prioridade peonil”, apunta. O pasado ano realizánronse as obras nos 100 primeiros metros da rúa, dando resposta a unha demanda veciñal, que se completarán coa renovación e mellora de toda a vía.

A aprobación definitiva dos expedientes implicará a declaración de urxencia da ocupacións dos terreos, que estarán dispoñibles para o Concello tras o pago ou consignación do prezo.

A Deputación da Coruña estimula a Cultura galega con 3 millóns de euros en axudas a entidades

marzo 23, 2018 coruna No Comments

O compromiso e apoio ás entidades que traballan no ámbito da cultura por parte da Deputación da Coruña consolídase coa publicación de seis liñas de axuda destinadas a apoiar, entre outras, actividades, festivais, investimentos e programas de cultura popular. Son case tres millóns de euros que a área de Cultura, que dirixe Goretti Sanmartín, destina á fomentar a cultura que nace das propias entidades sen ánimo de lucro.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases das seis novas liñas de axuda coas que a institución provincial pretente impulsar o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2018, así como reafirmar o seu apoio as entidades sen ánimo de lucro do tecido cultural da Coruña para realizar investimentos. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...