Home » coruna » Recent Articles:

A Coruña celebra o domingo 17 a XXXI edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia con novas actividades, “que poñen de manifesto a intensa práctica deportiva que se realiza na cidade”

junio 16, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Coruña celebra o domingo 17 a XXXI edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia con novas actividades, “que poñen de manifesto a intensa práctica deportiva que se realiza na cidade”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a XXXI edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia, que terá lugar o vindeiro domingo, día 17, entre as 11.00 e as 14.00 horas en Riazor. O edil detallou a programación de actividades que formarán parte da iniciativa municipal, “que dá conta da grande afección que hai na Coruña á practica deportiva”, á vez que destacou a ampliación da proposta este ano, até chegar aos 49 deportes. “Citas como este Día do Deporte na Rúa e na Praia poñen de manifesto as numerosas disciplinas que, a día de hoxe, se practican no noso municipio”, sinalou o edil.

Así, de cara a esta edición, a petanca, o ballet fit e unha estación de ximnasia na praia uniranse á celebración, que conta co apoio de Carrefour, ao igual que o boxeo e tenis de mesa adaptado, que se porán en marcha coa colaboración de Grumico “e que dan conta da vontade inclusiva de esta celebración”. O concelleiro tamén salientou o aumento de entidades colaboradoras da iniciativa, que este ano chegarán até as 66, entre as que se atopan federacións e clubs, “que representan a meirande parte do tecido deportivo da cidade”, así como outras asociacións ou colectivos vinculados ao ámbito da educación ou da saúde, como ABAC, “que concienciará ás e aos participantes sobre a problemática que representa a anorexia e a bulimia”.

Este ano, as actividades terán maior protagonismo no areal, así como noutras zonas da contorna, segundo apuntou Sande, como consecuencia da instalación do perímetro de seguridade da obra de rehabilitación das cubertas do estadio municipal de Riazor. Así, as actividades que habitualmente tiñan lugar na rúa Manuel Murguía, trasladaranse á praia, á vez que se estenderán na propia explanada de Riazor e cara as Esclavas, no Paseo de Ronda. “Farase unha pequena reubicación, pero sempre mantendo a idea da concentración da actividade deportiva nesta zona emblemática e propicia da cidade”, afirmou o concelleiro.

… Leer más

A Xunta de goberno local dará luz verde á adxudicación do tramo de carril-bici entre A Palloza e Matogrande

junio 15, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Xunta de goberno local dará luz verde á adxudicación do tramo de carril-bici entre A Palloza e Matogrande

O Concello da Coruña dá un novo paso na ampliación da rede de carril-bici da cidade coa adxudicación da obra do tramo comprendido entre A Palloza e Matogrande por 304.000 euros. De feito, está previsto que a Xunta de goberno local dea luz verde este venres á resolución do procedemento de licitación aberto e no que se estima o tempo de execución da actuación en nove meses.

Cun itinerario de 2,11 quilómetros, o carril-bici entre A Palloza e Matogrande transcorrerá dende A Casa do Mar até Matogrande, pasando por Ramón y Cajal, Alcalde Pérez Ardá e Salvador de Madariaga. O tramo caracterizarase pola segregación dos carrís –separando deste modo as bicicletas do tráfico rodado de vehículos e respectando as beirarrúas para peóns–, a seguridade para as e os usuarios –tanto ciclistas coma peóns– e a súa execución sobre a calzada. Cada carril será de circulación unidireccional e aproveitará os dous sentidos da calzada. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, indicou que a adxudicación desta actuación “é a confirmación de que A Coruña está a actuar de forma decidida a favor doutro tipo de mobilidade”. “A ampliación exponencial dos quilómetros de carril bici neste mandato, así como o proceso que derivará na reordenación das liñas de bus e a adecuación de tarifas, tendo en conta especialmente ás persoas mozas e maiores, dá mostra de que é posible acometer un cambio de modelo na mobilidade urbana máis accesible, que prime ao peón e que axude a desconxestionar a cidade”, manifestou.

… Leer más

Máis de 3.000 persoas xa participaron no programa contra a violencia de xénero ”Quen dixo medo?”

junio 15, 2018 coruna Comentarios desactivados en Máis de 3.000 persoas xa participaron no programa contra a violencia de xénero ”Quen dixo medo?”

A campaña de concienciación e sensibilización contra a violencia de xénero “Quen dixo medo?”,artellada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, vén de superar a cifra dos 3.000 participantes, tras completarse a primeira das dúas anualidades definidas pola institución provincial, co obxectivo de previr e lanzar unha contundente mensaxe de rexeitamento ante calquera manifestación de violencia machista.

A deputada e responsábel da área de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, amosouse esta mañá satisfeita coa “grande acollida e os datos de participación” que están a ter as diferentes sesións programadas pola área que dirixe, non obstante, indicou que “aínda queda moito por facer para erradicar definitivamente esta lacra da nosa sociedade”. … Leer más

O alcalde participa na reunión da asemblea xeral das Cidades do Arco Atlántico en Donostia, onde se debate sobre o papel das administracións locais no futuro da UE

junio 15, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde participa na reunión da asemblea xeral das Cidades do Arco Atlántico en Donostia, onde se debate sobre o papel das administracións locais no futuro da UE

​O alcalde, Xulio Ferreiro, participa este venres na reunión da asemblea xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, da que forma parte A Coruña, e que se celebra, nesta edición, en Donostia. O rexedor aproveitará o desprazamento para entrevistarse co alcalde do municipio, Eneko Goia, que tamén participa nestas xornadas nas que se debaterá sobre ​A dimensión local e cidadá no futuro da Unión Europea​, continuando o traballo desenvolvido ao longo do último ano por esta entidade supramunicipal.

Ademais de Ferreiro e Goia, entre outros cargos públicos, a asemblea contará coa participación do presidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico e alcalde de Viana do Castelo, José María Costa, ademais das alcaldesas de Santander, Gema Igual (que ocupa a vicepresidencia do Arco) e Rennes, Nathalie Appere. Tamén está confirmada a presenza do deputado xeral de Gipuzkoa, Markel Olano, a deputada europea Isabel Thomas, o membro do Concello de Birmingham, Albert Bore, o director xeral da Estratexia Marítima Atlántica do Ministerio de Asuntos Exteriores, Jaime del Olmo, a vicepresidenta da Aglomeración de La Rochelle, Sylvie-Guerry Gazeau e o vicepresidente da Aglomeración da Metrópole de Brest, Dominique Cap. O rexedor coruñés salientou “a importancia de encontros coma este, que referendan o lugar que ocupa A Coruña dentro das experiencias municipalistas innovadoras, así como a oportunidade que supón á hora de abordar estratexias conxuntas de colaboración entre cidades”. Ferreiro recordou, ao fío, que o pasado ano, A Coruña acolleu o Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico onde se asinou a ​Declaración da Coruña​, documento que serviu para marcar as liñas de cooperación dos municipios atlánticos.

O primeiro edil salientou que a asemblea das cidades do Arco Atlántico tamén contará cun encontro coa responsable ministerial de proxectos dentro do programa europeo URBACT. “Precisamente, A Coruña está a desenvolver un proxecto de colaboración coas capitais de Roma e Lituania, Roma e Vilnius, dentro da rede rural deste programa europeo, baseado na transferencia de boas prácticas en política alimentaria sustentable e agricultura urbana”, dixo.

O Concello recibe o premio Escoba de Platino polos seus programas de limpeza viaria, con mención especial para a iniciativa de coidado do espazo urbano ‘A pé de barrio’, que remata este mes a súa primeira edición

junio 15, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello recibe o premio Escoba de Platino polos seus programas de limpeza viaria, con mención especial para a iniciativa de coidado do espazo urbano ‘A pé de barrio’, que remata este mes a súa primeira edición

​A concelleira de Medio Ambiente, María García, recolleu o premio Escoba de Platino, un galardón binanual que recoñece as mellores iniciativas a nivel estatal en materia ambiental en canto á xestión de residuos e limpeza nos municipios, e que o Concello tamén recibiu na última edición. O premio, que está outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (Atregus), destaca o labor do Concello na posta en marcha de ​A pé de barrio, un programa de coidado do espazo urbano do que a asociación destaca a limpeza intensiva que se realiza en toda a cidade. “Sempre é unha boa noticia recibir un recoñecemento ao esforzo que se está a realizar dende o Goberno local para implementar medidas innovadoras que contribúan a mellorar o noso medio urbano ao tempo que se protexe o medio ambiente e a saúde da poboación”, indicou García. Así, a edil explicou que o programa ​A pé de barrio está “a piques de rematar o seu primeiro ano de execución, no que realizou, barrio por barrio e rúa por rúa, un traballo inxente e profundo de limpeza combinado coa reparación e substitución de mobiliario e outros elementos do espazo urbano”. “Estamos moi satisfeitos cos resultados da iniciativa, que, a falta do balance final, leva xa máis de 11.000 actuacións realizadas, e tamén da acollida que tivo, polo que esperamos poder facer balance pronto e detallar as accións da nova edición do mesmo”, avanzou.

Tal e como explicou García, o Concello da Coruña foi recoñecido por varias das medidas postas en marcha polo Goberno local. Así, ademais de A pé de barrio, a organización destacou “o esforzo polas campañas de educación e sensibilización postas en marcha, como a de mellora de separación selectiva ​No seu sitio,​ a de recollida de aceite ou as campañas de Nadal e verán de recollida de residuos urbanos, nas que se realiza un servizo especial de reforzo na zona centro da cidade, a de maior concentración hostaleira da Coruña”. Como ocorreu na última edición deste galardón bianual, o programa valora a introdución de criterios de sostenibilidade nas festas da cidade, nomeadamente a de San Xoán. “Traballamos para que moitos dos acontecementos que temos na cidade ao longo do ano, como maratóns ou outros eventos deportivos, festas do barrio ou San Xoán, empreguen boas prácticas ambientais. Neste ano, por exemplo, estenderemos o programa Praia Viva, que empezou como un piloto no Matadoiro e chegou en 2017 a Riazor, tamén ao Orzán”, apuntou.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...