Home » coruna » Recent Articles:

Deputación e Concello asinan o convenio para a xestión do Teatro Colón

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en Deputación e Concello asinan o convenio para a xestión do Teatro Colón

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron o convenio de colaboración para a xestión do Teatro Colón. O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) xestionará durante dous anos -prorrogábeis dous máis- do espazo cultural da Deputación da Coruña que se reserva trinta días de programación.

O Concello da Coruña, a través do IMCE, xestionará a programación do Teatro Colón a partir do vindeiro 2 de xullo segundo consta no convenio de colaboración asinado hoxe na Deputación da Coruña pola vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro nun acto en que tamén participou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. … Leer más

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica as bases do proceso selectivo para a contratación de un albanel (oficial de segunda), dous peóns de obras públicas e un peón forestal no Concello de Abegondo.

Os custos laborais e de seguridade social serán asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

No referente aos catro operarios seleccionados, estes estarán integrados na cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais. … Leer más

Ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción al Premio Pyme del Año 2018 de A Coruña

junio 14, 2018 coruna Comentarios desactivados en Ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción al Premio Pyme del Año 2018 de A Coruña

La Cámara de Comercio de Santiago de Compostelay la Cámara de Comercio de A Coruña, junto con el Banco Santander, han ampliado hasta el 29 de junio el plazo de inscripción para la segunda convocatoria del premio Pyme del Año de A Coruña. El premio está dirigido a reconocer la labor de las pequeñas y medianas empresas como generadoras de riqueza y creadoras de empleo en el desempeño de su labor cotidiana y cuenta con la colaboración del diario La Voz de Galicia.

Esta segunda edición del Premio Pyme del Año trae varias novedades. Además de la Pyme del Año 2018 de A Coruña, el jurado concederá tres accésits a otras tantas empresas en las categorías de Internacionalización, Digitalización e Innovación y Formación y Empleo. La Pyme del Año de A Coruña concurrirá al Premio Pyme del Año 2018 de España, que se fallará en el primer trimestre de 2019.  … Leer más

O Teatro Colón transfórmase nun grande lenzo coa Gala de fin de curso do Conservatorio de Danza

junio 13, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Teatro Colón transfórmase nun grande lenzo coa Gala de fin de curso do Conservatorio de Danza

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña ultima os preparativos para levar a cabo a Gala de Fin de Curso 2018, que terá lugar este mércores 13 de xuño desde as 20:30 horas no Teatro Colón, e en que se poderá gozar da última creación escénica do centro “Museo”.

O Conservatorio Profesional de Danza aproveita a gala de peche do actual curso académico para adentrase no mundo da pintura. Un espectáculo en que as imaxes plasmadas nalgunhas das obras máis representativas da Historia da Arte toman vida por medio das coreografías representadas polo seu alumnado. … Leer más

Valentín González Formoso viaxará a finais de mes a Arxentina e Uruguay para reunirse con entidades galegas no exterior

junio 13, 2018 coruna Comentarios desactivados en Valentín González Formoso viaxará a finais de mes a Arxentina e Uruguay para reunirse con entidades galegas no exterior

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, viaxará a Buenos Aires e Montevideo a finais deste mes de xuño para reunirse con diversas asociacións galegas no exterior e coñecer as infraestruturas e servizos financiados con fondos provinciais, así como coñecer de primeira man as súas necesidades.

González Formoso reuniuse esta mañá con Diego Martínez Duro e Lorena Lores, presidente e a secretaria da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, que integra a unha vintena de colectivos galegos no país e dende 2005 xestiona o Museo da Emigración Galega de Buenos Aires (MEGA), onde se custodian numerosos documentos, obras de artes, obxectos históricos, fotografías e bibliografía relativa á diáspora galega. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...