Home » coruna » Recent Articles:

Igualdade e Diversidade reforza o Centro de Información á Muller coa contratación de persoal de atención inicial con formación en intervención sociocomunitaria

agosto 28, 2018 coruna Comentarios desactivados en Igualdade e Diversidade reforza o Centro de Información á Muller coa contratación de persoal de atención inicial con formación en intervención sociocomunitaria

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención inicial no Centro de Información á Muller (CIM) coa mellora do servizo complementario para a recepción das persoas usuarias, coas que realiza o labor de acollida e para as que é o primeiro punto de contacto. Como salienta a responsable do departamento, Rocío Fraga, dende esta posición, “se realiza un traballo fundamental de recepción, no que se proporciona a primeira información básica sobre os recursos que ofrece o CIM e se xestiona o itinerario da atención para as mulleres usuarias, polo que é preciso contar con persoal formado tanto en escoita activa como en intervención sociocomunitaria xa que traballamos, dende que entran pola porta, cun colectivo con circunstancias vitais, en moitos casos, extremas”. A nova contratación deste posto require que sexa desempeñado por unha muller con experiencia no atención a persoas en risco de exclusión social ou colectivos minorizados, así como formación en intervención sociocomunitaria e en violencia de xénero.

Con este obxectivo de aumentar a calidade da atención, a Concellería mantén aberta a contratación deste servizo por 39.201,32 euros. As funcións a realizar serán a de acollida, presencial e telefónica, das persoas usuarias, a xestión da axenda de citas, facilitar información sobre os recursos dirixidos ás mulleres, en especial ás vítimas de violencia de xénero, e dos servizos de conciliación municipais, así como realizar funcións básicas de conserxería. A concelleira de Igualdade e Diversidade recalca que o Goberno local avanza na mellora do servizo “pese á asfixia imposta aos concellos polas normativas estatais, que imposibilitan novas contratacións de persoal propio, e o incumprimento de financiamento acordado no Pacto de Estado sobre violencia de xénero”. Así, Fraga considerou que “é preciso que a Administración central amplíe os recursos definidos no pacto e destine máis fondos aos Concellos, que somos os puntos de atención máis próximos á cidadanía, para conseguir unha auténtica e efectiva atención integral das mulleres e os seus fillos e fillas”.

ABIERTA LA INSCRIPCIÓN PARA EL PROGRAMA ESFUERZA DE INVIERNO CON 392 PLAZAS

agosto 28, 2018 coruna Comentarios desactivados en ABIERTA LA INSCRIPCIÓN PARA EL PROGRAMA ESFUERZA DE INVIERNO CON 392 PLAZAS

La Fundación María José Jovey la Obra Social “la Caixa” abren hasta el 7 de septiembre el plazo de inscripción del Programa ESFUERZA Invierno que ofrece 392 plazas, para participar en los cursos de vela, piragüismo inclusivo, fitness, natación y senderismo inclusivo con 12 rutas.

ESFUERZA es un programa pionero de Actividad Física Adaptada orientado a personas con diversidad funcional que desean mejorar su calidad de vida a través del deporte saludable. En concreto, ESFUERZA invierno se desarrollará del 2 de octubre al 9 de junio con la siguiente distribución de plazas según la modalidad: 240 plazas para senderismo; 62, para natación; 36, para vela; 30, para fitness y 24, para piragüismo.

Toda la información acerca del programa está en www.fundacionmariajosojove.org. En línea con el resto de programas de la Fundación María José Jove, la inscripción es de 20€ por actividad, exceptuando Senderismo Inclusivo, cuyo coste es de 5€ por persona y ruta. Además, las actividades son gratuitas para familias de rentas bajas. … Leer más

O Concello inicia hoxe as obras de renovación do firme do último tramo da Rolda de Outeiro, na que se investiron 830.000 euros para a mellora das condicións de circulación

agosto 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello inicia hoxe as obras de renovación do firme do último tramo da Rolda de Outeiro, na que se investiron 830.000 euros para a mellora das condicións de circulación

O Concello inicia mañá as obras no último tramo da Rolda de Outeiro no que está previsto a renovación do firme, entre as avenidas de Arteixo e do Ferrocarril. Esta actuación completa o proxecto municipal de repavimentación nunha das vías que concentra máis tráfico da cidade e na que se teñen realizado obras para a mellora da calzada dende a avenida de Fisterra ata a rúa Mercede, un treito que suma 2.130 metros de lonxitude. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destaca que esta iniciativa, na que o Goberno local ten investido preto de 830.000 euros en total, serve tamén para realizar melloras puntuais en beirarrúas, pasos peonís e paradas de autobús.

Varela indica que, neste tramo entre as avenidas de Arteixo e do Ferrocarril, existen deficiencias no firme que é preciso abordar para garantir a seguridade da circulación, así como a comodidade das persoas usuarias. A obra, que ten un orzamento de algo máis de 154.000 euros e un período máximo de execución de dous meses, consiste na rehabilitación da capa superior da calzada mediante o fresado do actual pavimento, sobre o que se estenderá unha nova capa de rodadura. Porén, a actuación será máis profunda naqueles treitos nos que se detectou unha maior degradación do firme co obxectivo de adecualo ao nivel de tráfico que soporta e igualar as condicións de toda a vía. Nestes puntos, fresarase todo o pavimento e se realizará a escavación precisa para asentar unha base do firme. É o caso, como detalla o edil, da intersección da Rolda de Outeiro coa rúa Francisco Catoira, na que se acometerá a demolición da calzada existente de formigón para proceder á reconstrución completa do firme.

… Leer más

O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade e edita un novo folleto sobre a Cidade Vella para “impulsar o seu crecemento e descuberta”

agosto 27, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade e edita un novo folleto sobre a Cidade Vella para “impulsar o seu crecemento e descuberta”

​O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade nunha reedición que recolle a nova planimetría do municipio tras modificacións urbanas e o crecemento experimentados dende a publicación anterior, realizada hai tres anos. Nesta nova edición dos materiais para os e as visitantes, o Consorcio inclúe un novo folleto dedicado á Cidade Vella publicado en sete idiomas e que xa está dispoñible nas dependencias de municipais dedicadas ao turismo. Como indica o concelleiro de Emprego e Economía Social e tamén presidente do Consorcio, Alberto Lema, esta actuación “está enmarcada no Plan de Revitalización da zona histórica da cidade e ten como obxectivo impulsar o seu crecemento e descuberta”. “Queremos ofrecer ás persoas que nos visitan pero tamén á veciñanza unha guía dedicada en exclusiva a descubrir o patrimonio histórico e cultural que alberga este espazo e que se pode apreciar mellor dende a súa peonalización no pasado mes de xuño”, indica Lema.

O folleto adicado á Cidade Vella está encabezado pola frase de María Pita ​Quen teña honra, que me siga ​e fai unha homenaxe á figura da heroína coruñesa, un dos nomes propios da cidade, ó que se unen outros persoeiros femininos como é o caso de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro. Editado en sete idiomas, (galego, español, inglés, francés, portugués, alemán e italiano), o despregable está pensado como reforzo na dinamización, tamén no eido do turismo, da Cidade Vella dentro do seu Plan de Revitalización. O rueiro toma como punto de partida a céntrica praza na que se localiza o consistorio e ofrece un percorrido por vinte puntos de interese e monumentos das rúas do casco histórico local, incluíndo o Castelo de San Antón.

Os mapas están editados en tres formatos. O primeiro deles, de maior tamaño, ten como principal novidade un completo e revisado rueiro da cidade, así como unha información máis extensa sobre os servizos de interese para os e as visitantes, como poden ser a actualización das liñas de transporte público, comunicacións co aeroporto de Alvedro, as áreas de circulación peonil do centro urbano ou o monte de San Pedro e a súa contorna. Inclúe tamén como outra das novidades a varios establecementos hoteleiros nos arredores da cidade e unha revisión dos accesos viarios. É especialmente importante, neste senso, a presenza do túnel do Parrote, un dos eixos de maior tráfico rodado no núcleo urbano.

O novo folleto, que amplía o seu radio de cobertura xeográfica, está deseñado nun modelo que simula unha páxina web vertical coa idea de ofrecer unha estrutura máis visual. Segundo a xerenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Lanzada Calatayud, a actualización responde “á demanda das suxestións realizadas polo sector hostaleiro da cidade, incluíndo a presenza daqueles establecemento non situados no centro urbano”, así como outras novidades tiradas das opinións de turistas e visitantes nas distintas oficinas da cidade e recollidas tamén en enquisas a nivel de rúa.

A versión despregable, que xa se pode consultar na páxina web, está publicado en tres idiomas (galego, español e inglés). Tamén está xa na rúa un terceiro formato, de menor tamaño, que inclúe dez puntos imprescindibles para visitar A Coruña: praza de María Pita, Cidade Vella, porto e galerías, Paseo Marítimo e praias, castelo de San Antón, Torre de Hércules e o seu parque escultórico, Museos Científicos, monte de San Pedro, a arquitectura modernista e a cociña atlántica. As explicacións tamén se poden ler en galego, español ou inglés. Este modelo se distribuirá fundamentalmente nas oficinas de Turismo e tamén en hoteis, centros de hostalería ou eventos.

O novo material está xa dispoñible na Oficina de Turismo municipal da Praza de María Pita e no Centro de Interpretación e Atención ó Visitante (CIAV) da Torre de Hércules. Nos próximos meses, e como complemento a esta iniciativa en contexto coa política informativa do sector, Turismo A Coruña prevé a edición doutras publicacións como unha completa guía da cidade que incluirá rutas, aloxamentos e outros servizos turísticos, un folleto gastronómico, outro informativo sobre a Torre de Hércules e o parque escultórico, así como unha ruta da área metropolitana.

O Goberno local considera que “é unha cuestión de vontade política darlle á Coruña o mesmo trato que a Valencia” na condonación da débeda do Porto

agosto 26, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Goberno local considera que “é unha cuestión de vontade política darlle á Coruña o mesmo trato que a Valencia” na condonación da débeda do Porto

O goberno local insiste en que o executivo central “pode e debe” tratar á Coruña do mesmo xeito que a outros territorios do Estado e emprázao a buscar unha solución conxunta entre ambas administracións para que a débeda contraída pola Autoridade Portuaria da Coruña non teña que ser pagada á custa da venda da fachada litoral da cidade. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, lembra ao Goberno central que “non hai impedimento normativo ningún para tomar esta decisión e quitar das costas da cidade unha carga que pode condicionar o seu desenvolvemento”. “É unha cuestión de vontade política darlle o mesmo tratamento á Coruña que a Valencia”, afirma Varela, quen estende esta necesidade de compromiso político ao resto de forzas políticas e á administración autonómica.

Tal e como explica o concelleiro, as diferenzas entre a situación da débeda da Autoridade Portuaria da Coruña, que é consecuencia dos préstamos de financiamento para a construción do Porto Exterior e da inclusión de medidas de flexibilización de pagamento, “non son motivo para non atender a demanda da cidade, que xa foi trasladada o pasado xoves á Delegación do Goberno”. Neste sentido, Varela indica que, fronte á situación de Valencia na que a débeda se contraeu pola celebración da Copa América de Vela, a da Autoridade Portuaria da cidade prodúcese para a realización dun obra de interese xeral, “razón de máis para condonala”. Ademais, Varela lembrou que o organismo portuario depende directamente de Puertos del Estado, e, por tanto do Ministerio de Fomento, “polo que a súa débeda non é, nin pode ser, allea ao Goberno do Estado”.

“O Goberno local leva denunciando a situación do Porto dende que chegou a María Pita. Temos proposto unha folla de ruta na que pedimos a constitución dun consorcio para a súa xestión, algo que se achaca agora dende o Goberno do Estado como unha diferenza fundamental fronte ao caso de Valencia. Se ese é o problema, a solución é doada: constituamos o consorcio, como solicitamos a Puertos del Estado en outubro do ano pasado”, reclama Varela. O Pleno municipal aprobou por unanimidade, en xullo do pasado ano, unha moción na que se demandaba ao Estado a constitución do consorcio e o alixeiramento da carga financeira do Porto, así como a conexión ferroviaria con Langosteira.

Varela reclama ao “Goberno do Estado que reflexione e non defraude as expectativas depositadas tras o cambio na presidencia”. Neste sentido, avanzou que o Goberno local da Coruña “esgotará todas as vías de diálogo para conseguir que A Coruña goce das mesmas oportunidades que Valencia”.