Home » coruna » Recent Articles:

O Plan de Acceso a un Hábitat Digno traballa con 23 familias beneficiarias de programas para a consolidación da súa inserción laboral, despois de realoxar a medio cento de persoas da Pasaxe en 15 meses

junio 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Plan de Acceso a un Hábitat Digno traballa con 23 familias beneficiarias de programas para a consolidación da súa inserción laboral, despois de realoxar a medio cento de persoas da Pasaxe en 15 meses

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda, Xiao Varela, fixo balance esta xornada do traballo desenvolvido nos dous últimos anos dentro do Plan de Acceso a un Hábitat Digno, un proxecto transversal impulsado polo seu departamento, así como polas áreas de Xustiza Social, Medio Ambiente e Igualdade, e destinado a dar alternativas habitacionais a persoas residentes en asentamentos precarios da cidade. O responsable municipal salientou “o inxente traballo realizado dende 2016, cando se iniciou a constitución do denominado Equipo Hábitat (consolidado en marzo de 2017), destinado a levar a cabo tarefas de inclusión social, habitacional e laboral para os residentes da Pasaxe, O Portiño e As Rañas”. O edil fixo fincapé “no paso dado na zona da Pasaxe ao longo deste tempo, no que non só se fixo efectivo o derrubo da antiga nave da Toxa, senón que, o máis importante, a través de labores de acompañamento levadas a cabo dende a completa discreción conseguiuse dar unha alternativa habitacional, no espazo de 15 meses, a 47 persoas, 25 adultos e 22 menores pertencentes a 14 unidades convivenciais”. “Un número que esperamos seguir aumentando ao longo deste ano, no que continuarán os realoxos así como as melloras nas condicións socio-laborais de familias reubicadas nos anteriores mandatos”, apuntou, á vez que quixo destacar e agradecer o traballo levado a cabo pola entidade Arquitectura Sen Fronteiras, “asociación con ampla experiencia e recoñecemento no traballo pola inclusión da veciñanza dos asentamentos precarios”, que foi a encargada da redacción no ano 2016 do primeiro plan municipal para o Acceso ao Hábitat Digno, un documento estratéxico que que puxo as bases para a formación do Equipo Hábitat.

… Leer más

A Deputación da Coruña completa as obras para transformar o Pazo de Arenaza nun espazo de coworking

junio 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña completa as obras para transformar o Pazo de Arenaza nun espazo de coworking

Tras dez meses de traballos de rehabilitación e un investimento de 250.000 euros, a Deputación da Coruña vén de completar as obras para converter ao Pazo de Arenaza (Oleiros) nun moderno espazo de coworking que será o  primeiro centro da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, o deputado provincial e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o deputdao responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, visitaron o pazo, que levaba sen estar en servizo dende 2013, e percorreron os 780 metros cadrados cos que conta o renovado inmoble, que ofertará espazos de traballo para 25 empresas e conta con salas de reunións, unha sala de 30 m2 destinada á presentación de proxectos, aulas de formación, áreas de descanso, despachos e outros espazos comúns e versátiles, que permitirán o desenvolvemento de diferentes accións formativas ou eventos empresariais. … Leer más

A Deputación da Coruña apoia a celebración da Supercopa de Baloncesto en Santiago de Compostela

junio 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña apoia a celebración da Supercopa de Baloncesto en Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña e o Concello de Santiago traen a Supercopa de Baloncesto a Compostela o vindeiro mes de setembro.

O pleno da institución provincial  aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos, o convenio de colaboración entre ambas institucións para financiar ao 50% os 242.000 euros que supón o patrocinio deste gran evento deportivo organizado pola ACB, que permitirá que a capital galega acolla a primeira competición oficial da tempada 2018/2019.

A Supercopa disputarase os días 21 e 22 de setembro no multiusos Fontes do Sar, onde o Monbús Obradoiro xogará coma anfitrión. Ademáis xogarán o FC Barcelona, campión da Copa do Rey; o Real Madrid, campión da Euroliga, e o Kirolbet Baskonia, calsificado a través da Liga Endesa. … Leer más

Máis de vinte profesionais reúnense este sábado no Teatro Colón arredor do futuro das artes escénicas galegas

junio 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en Máis de vinte profesionais reúnense este sábado no Teatro Colón arredor do futuro das artes escénicas galegas

Profesionais da interpretación, da dirección, da dramaturxia ou da iluminación participan na xornada “A escena galega no palco do Colón” que se desenvolve este sábado día 9 no Teatro Colón da Coruña, organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A xornada forma parte do programa #ACulturaéunDereito e está aberta ao público.

Intervencións e debates máis tamén pezas de teatro ao vivo compoñen o programa da xornada “A escena galega no palco do Colón” que inaugurará ás 10 horas a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e a coordinadora da xornada, a directora e profesora Cristina Domínguez.

Axornada “A escena galega no palco do Colón: Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI” contará coa participación de profesionais e persoas creadoras das diferentes disciplinas escénicas e de distintas xeracións e propostas artísticas como Carlos Neira, Daniel Salgado, Carlos Sante, Baltasar Patiño, Areta Bolado, Xulio Lago, Patricia Lorenzo, Olga Cameselle, Tatán, Laura Iturralde ,Afonso Becerra, Esther Carrodeguas, Tito Asorei, Gena Baamonde, Quico Cadaval ou Ruth. O encontro contará tamén coa presentación dos traballos máis recentes de Elefante Elegante, Caramuxo, Prácido Domingo e Manicómicos. … Leer más

O alcalde avanza unha redución nas tarifas do transporte público urbano que, ademais, contempla a gratuidade para menores de 13 anos e rebaixas para xente moza e maior de 65

junio 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde avanza unha redución nas tarifas do transporte público urbano que, ademais, contempla a gratuidade para menores de 13 anos e rebaixas para xente moza e maior de 65

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, salientou nun debate radiofónico, as medidas transformadoras aplicadas na cidade nos últimos tres anos, dende a chegada do actual goberno local ao Pazo de María Pita. O rexedor destacou a implantación de políticas sociais que favoreceron a igualdade na cidade, así como a aplicación dun urbanismo responsable, medidas de coidado do espazo público e ambientais e iniciativas de dinamización de todos os barrios, que se exemplifican, neste momento, coa inminente peonalización da Cidade Vella, que se acometerá a partir do 25 deste mes e irá unida a un proceso de revitalización desta zona da cidade en distintos eidos.

Por outro lado, e con respecto a medidas postas en marcha polo goberno local no ámbito da mobilidade encamiñadas, ao fío, a promover unha maior xustiza social, o primeiro edil salientou a revisión da concesión do transporte urbano. Así, avanzou que o traballo desenvolvido derivará nunha rebaixa das tarifas do transporte público urbano así como nunha serie de melloras no propio servizo. “Non só abarataremos os prezos, senón que tamén introduciremos novas tarifas, unha de carácter gratuíto para menores de 13 anos, e outras de carácter reducido para menores de 26 e maiores de 65 que favorezan que a xente poida acceder máis facilmente ao transporte público”, manifestou. “Estas accións, xunto coa reordenación de liñas de bus, van solucionar moitas problemáticas que levan anos arrastrándose como, por exemplo, unha conexión pública para o barrio de Novo Mesoiro co Chuac”, apuntou. “Para poder chegar a estas rebaixas, antes houbo un longo proceso de traballo e de estudo, así como a decisión de levar a situación das tarifas ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que ratificou a folla de ruta emprendida polo goberno local no curso do expediente de revisión da tarifa do transporte público”, recordou o mandatario local.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...