Home » coruna » Recent Articles:

A veciñanza escolle 49 propostas de investimento para incorporar ao presuposto municipal do ano que vén a través do proceso de Orzamentos Participativos

septiembre 23, 2018 coruna Comentarios desactivados en A veciñanza escolle 49 propostas de investimento para incorporar ao presuposto municipal do ano que vén a través do proceso de Orzamentos Participativos

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, deu a coñecer esta mañá o resultado da terceira edición dos Orzamentos Participativos, programa a través do cal a veciñanza pode decidir o destino de 3 millóns de euros en investimentos para a cidade. O 44% das propostas veciñais que chegaron á fase de votación incorporaranse ao proxecto de presupostos municipais do goberno local para o ano 2019. “O programa é unha aposta moi importante pola corresponsabilidade e de construción colectiva coa veciñanza”, sinalou Delso, quen destacou que boa parte das iniciativas escollidas pola cidadanía a través do portal web ​http://aportaaberta.coruna.es “están vinculadas ao medio ambiente, infraestruturas ou mobilidade”, como son a mellora e incremento de arborado e zonas verdes da cidade, facilitar o uso seguro da bicicleta, recuperar camiños tradicionais, a creación de novos espazos para o lecer ou o deporte, así como melloras vinculadas á pacificación do tráfico e a potenciación da mobilidade peonil.

En total resultaron elixidas pola veciñanza 49 das 111 propostas que pasaron á ultima fase de votación e foron avaliadas polos servizos técnicos municipais, o que suman 8 iniciativas gañadoras máis que na pasada edición. As propostas de cidade, que contaban cun presuposto reservado dun millón de euros, suman un total de 10 iniciativas, mestres que as de distrito, para os que se contemplaba un máximo de 2 millóns de euros distribuídos equitativamente entre os dos dez distritos, chegan a 39 propostas. “O alto número de iniciativas vinculadas aos barrios referenda a aposta do goberno local polo propio proceso así como pola aplicación do Mapa de Distritos como ferramenta redistributiva dos recursos municipais e que favorece o equilibrio do investimento entre todo o termo municipal”, apuntou Delso.

… Leer más

A Xunta de Goberno Local dá luz verde a 1.620 bolsas comedor, que contribúen “á construción dunha cidade máis xusta e igualitaria”

septiembre 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Xunta de Goberno Local dá luz verde a 1.620 bolsas comedor, que contribúen “á construción dunha cidade máis xusta e igualitaria”

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a concesión das bolsas comedor do curso escolar 2017/2018. O alcalde, Xulio Ferreiro, destacou, durante a súa comparecencia ao remate da xuntanza que, este ano, a Concellería de Xustiza Social e Coidados ampliou esta axuda, que cubrirá a 1.620 nenos e nenas daqueles centros educativos de infantil, primaria e secundaria que conten con servizo de comedor, un 7,5% máis que o pasado ano. Como indicou o rexedor, a listaxe definitiva das persoas que recibiron bolsa públicarase figura xa publicada a esta hora na web municipal, se ben a comunidade educativa xa estaba avisada de que o Concello aboará con carácter retroactivo as cantidades que tivesen que aboar dende principio de curso as familias receptoras destas becas.

O Concello reserva este curso 1,5 millóns de euros a este programa –fronte aos 720.000 euros que foron orzamentados no ano escolar 2015-2016–. As bolsas de axuda para o comedor do Concello están destinadas a unidades familiares de convivencia con menores ao cargo que estean escolarizados en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos e se atopen no termo municipal e cuxa renda per cápita non supere os 6.000 euros anuais (ademais de axustarse ao baremo establecido). Este ano, ademais, para valorar a situación económica dos traballadores por conta allea tivéronse en conta os ingresos de todo 2017, e non xa das tres últimas nóminas ou dos dous últimos trimestres como se facía anteriormente, xa que se considera un criterio máis igualitario. Tal e como destacou o alcalde, “grazas á aposta do goberno local a gratuidade da bolsa pode ser total para aqueles e aquelas menores que cursan estudos nun centro público que teña servizo de comedor”, ou dun máximo de 80 euros ao mes no caso de alumnado matriculado nun centro sostido parcialmente con fondos públicos (concertado) ou privado, unha contía que pode elevarse ata os 98 euros en casos excepcionais, atendendo á situación económica dos e das participantes.

… Leer más

A Deputación da Coruña anima os concellos a homenaxear as corporacións municipais represaliadas en 1936

septiembre 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña anima os concellos a homenaxear as corporacións municipais represaliadas en 1936

Cun acto que contou con presenza de representantes dos gobernos municipais dos concellos, das asociacións de recuperación da memoria e de familiares das vítimas da represión nos concellos, a Deputación da Coruña presentou o libro “Xeración Perdida”, froito de case dous anos de investigación promovida pola institución, que recolle a memoria  dos cargos públicos dos concellos que sufriron a represión despois do golpe militar de 1936.

Un total de 334 concelleiros e concelleiras e alcaldes foron represaliados nos concellos da Coruña tras o levantamento militar de 1936. A violencia exerceuse en distintas fórmulas e, desta maneira, 88 persoas que ocupaban cargos públicos nos concellos da provincia foron asasinadas. 74 padeceron cárcere. 34 marcharon ao exilio e abandonaron o país polo que loitaran. 12 fuxiron, 86 recibiron sancións e 36 procesamentos. Son os principais datos do proxecto de investigación “Xeración Perdida”, dirixido polo profesor da Universidade de Santiago, Emilio Grandío, que se presentou na sede da Deputación da Coruña e que contou coa presenza do presidente e a vicepresidenta, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, ademais de representantes de concellos, membros de asociacións pola memoria histórica e familiares de persoas represaliadas. … Leer más

A Fiscal Xeral do Estado clausura en Mariñán a Escola de Verán do Ministerio Fiscal

septiembre 22, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Fiscal Xeral do Estado clausura en Mariñán a Escola de Verán do Ministerio Fiscal

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a fiscal xeral do Estado, María José Segarra, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a fiscal María de las Heras García, clausuraron no Pazo de Mariñán (Bergondo) a edición 2018 da Escola de Verán do Ministerio Fiscal.

Durante esta semana, vinte e un fiscais procedentes de todo o territorio español reuníronse no pazo bergondés para abordar os retos relacionados coa problemática xurídica das persoas maiores e as ciencias auxiliares do Dereito Penal, particularmente neurociencia, psicoloxía e psiquiatría.

Nas diferentes ponencias e mesas redondas participaron fiscais expertos na materia, así como xuíces, catedráticos e outros profesionais relacioandos co obxecto das xornadas.

Dende principios da década do 2000, a Escola de Verán é unha aposta conxunta da Deputación da Coruña, a Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado e o Centro de Estudos Xurídicos. Este esforzo conxunto entre diferentes administracións e o Ministerio Fiscal permite afondar en cuestións de actualidade e crear un diálogo constante entre os ficais do noso país.

​A cidade acollerá a primeira edición da Mobile Week Coruña

septiembre 21, 2018 coruna Comentarios desactivados en ​A cidade acollerá a primeira edición da Mobile Week Coruña

​A cidade acollerá entre os días 21 e 28 de setembro a primeira edición da Mobile Week Coruña, a edición descentralizada da prestixiosa Mobile World Congress, organizada por Mobile World Capital Barcelona. Na súa presentación, este xoves na Fundación Luís Seoane, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, salientou que a celebración deste evento “é unha moi boa noticia” que sitúa tanto á cidade como a súa Área Metropolitana no lugar que lle corresponde “como motor social e de desenvolvemento de Galicia”. “Temos un gran potencial no que atinxe a innovación e, como cidade, temos a obriga de irradiar e conectar con outras cidades da contorna, da comunidade e do Estado”, indicou, á vez que manifestou que o Concello colaborará na organización deste evento xunto a outras entidades como a Deputación da Coruña, a Axencia de Modernización Tecnolóxica e o Club Financeiro Atlántico da Coruña.

Segundo os seus promotores, a iniciativa fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para crear espazos de reflexión sobre a transformación dixital e o seu impacto na sociedade actual. A programación inclúe distintos actos de carácter transversal, para todos os públicos, e que se desenvolverán en máis de 20 espazos distintos entre o termo municipal, a Área Metropolitana e a propia Compostela, na Cidade da Cultura. “Cando se nos presentou a posibilidade de poder acoller este evento, non o dubidamos, xa que encaixa perfectamente co modelo de cidade que estamos a construír”, comentou o rexedor. “Nestes últimos anos levamos a cabo moitos proxectos que teñen como obxectivo crear ferramentas que faciliten e melloren a calidade de vida da cidadanía a través da innovación, uns principios nos que tamén se basea a Mobile Week”, apuntou, á vez que recordou todo o traballo iniciado e liderado polo Concello para a constitución da Área Metropolitana. “Esta Mobile Week representa, en parte, A Coruña que queremos ser. Unha Coruña innovadora e transformadora. ​Unha Coruña de oportunidades​. Unha Coruña Próxima, conectada. Unha Coruña na que todos os barrios son centro e que pensa e actúa con perspectiva metropolitana”, manifestou. “É necesario que tanto dende as institucións públicas como dende as privadas aproveitemos as evolucións tecnolóxicas para facer desta unha sociedade mellor”, insistiu, a vez que salientou a importancia da gratuidade das actividades que oferta esta cita tecnolóxica. “Un evento deste tipo non ten sentido senón o facemos de forma participada, involucrando á cidadanía, tal e como facemos dende o goberno local”, incidiu.

… Leer más