Home » coruna » Recent Articles:

O Goberno local pon en marcha, dentro do programa ‘Coruña Dixital’, un laboratorio de innovación audiovisual “para potenciar o talento creativo vinculado aos novos medios”

Junio 18, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na presentación da nova programación de Coruña Dixital, unha iniciativa municipal posta en marcha o pasado ano e que ten como finalidade dar visibilidade e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza en novas prácticas culturais e creativas. “O programa naceu como unha necesidade real na nosa cidade, como é a posibilidade de abrir un camiño no que se poden entrelazar numerosos colectivos vinculados ás novas tecnoloxías e á creatividade, que coinciden en liñas de investigación, e que non sempre se atopan. Coruña Dixital é esa ferramenta que pode non só visibilizar e poñer en valor o seu traballo, senón favorecer esa necesaria colaboración entre as e os axentes locais e de Galicia que desenvolven a súa actividade no eido cultural e tecnolóxico”, explicou o edil, quen destacou, como principal novidade desta edición, a posta en marcha do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación Audiovisual, o LAIC, que busca crear un espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

“A Coruña é unha cidade pioneira no cinema e nas artes da imaxe. Por iso, este Goberno quere potenciar o talento que hai no municipio para convertelo nun polo estratéxico de innovación, creatividade e boas prácticas, que xeren novas oportunidades profesionais e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos medios”, aseverou Sande no acto de presentación, que tivo lugar no Aquarium Finisterrae e que contou coa asistencia de diversos axentes e colectivos que traballar arredor das prácticas de cultura dixital, así como de Sergio Lago, coordinador do programa, e de María Yáñez, responsable do LAIC. “O Laboratorio nace con vocación de potenciar e dar a coñecer as novas linguaxes audiovisuais e favorecer a creación entre a veciñanza, así como de tecer alianzas con centros de ensino, a Universidade, empresas de produción audiovisual e comunicación dixital, institucións e colectivos profesionais e outras entidades cidadás que compartan obxectivos similares ”, salientou Yáñez. … Leer más

O Concello activa un dispositivo de seguridade para San Xoán formado por 540 efectivos, “cifra que se incrementa de forma considerable tendo en conta as mareas vivas deste ano”

Junio 17, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, coas competencias en materia de Seguridade Cidadá, ofreceu unha rolda de prensa na que aportou datos sobre o operativo especial de seguridade posto en marcha polo Concello con motivo do San Xoán, festa de interese turístico internacional e que reúne anualmente a máis de 150.000 persoas na cidade. A responsable municipal destacou que nesta edición “o Concello aumentou de forma exponencial os recursos humanos que conforman este dispositivo especial de seguridade, chegando ás 540 persoas, fronte ás 502 de 2016”. “Hoxe sae publicado un bando especial do Concello que tamén afecta á noite de San Xoán. O noso desexo é que sexa unha noite o máis festiva e agradable posible en todos os sentidos. Procuramos un espazo seguro no que todos e todas esteamos cómodas, que a xente disfrute, e que non se envíe lixo ao mar, algo que en calquera caso intentaremos paliar da mellor maneira”, explicou. A concelleira quixo destacar as circunstancias especiais que este ano envolven á noite de San Xoán, como é o caso da existencia das mareas vivas. “Estamos moi pendentes das condicións do mar, por se houbese, á marxe das mareas, algún fenómeno que puidese traer consigo unha alerta, aínda que neste momento, o que esperamos é o mar estea tranquilo”, comentou.

En concreto, dentro do dispositivo especial, haberá 159 efectivos da Policía Local; 49 integrantes do servizo de Bombeiros, que inclúe ao Grupo de Rescate Acuático; 44 integrantes de Protección Civil; 40 membros de servizos de vixilancia privada que estarán nos accesos ás praias e os aseos públicos; 30 persoas destinadas á monitorización ambiental de cara a garantir a sostibilidade da festa; 43 voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella (incluíndo efectivos de servizo sanitario); 40 membros do corpo nacional de Policía e 6 membros de Urxencias Médicas do 061, ademais de 9 efectivos no centro móbil de coordinación e videovixilancia. Desta forma, ademais das 420 persoas que integran o dispositivo de seguridade e emerxencias, haberá 110 efectivos máis que se empregarán no servizo de limpeza de praias. … Leer más

A Concellería de Participación inicia na Sagrada Familia un proxecto de dinamización coa mocidade do barrio

Junio 17, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, que ten entre as súas competencias a área de mocidade, vén de iniciar un proxecto de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia, dirixido a motivar á acción aos mozos e mozas, e deseñar, en colaboración con este colectivo, actividades e estratexias de mediación e difusión. Os obxectivos, segundo indica a concelleira desta área, Claudia Delso, pasan por identificar os intereses e necesidades da mocidade do barrio e poñer en marcha “un espazo de referencia” para as rapazas e os rapaces, de cara a promover e impulsar o desenvolvemento dos seus intereses e proxectos, individuais e colectivos. A ese fin, a concellería vén de sacar unha convocatoria para a contratación dunha persoa que desenvolva ese papel de dinamizadora, que terá a tarefa de iniciar este proxecto a través da interlocución e o traballo de proximidade no propio barrio.

As funcións de dinamización, tal e como se recolle na convocatoria, baséanse na coordinación e no establecemento dos vínculos cos mozos e mozas, a través da presenza permanente no barrio. Deste xeito, o primeiro paso será realizar unha análise participativa das necesidades e intereses do colectivo xuvenil desta zona, en relación ao proxecto de dinamización e ao espazo de referencia. Do mesmo xeito, a persoa que exerza ese papel dinamizador deberá establecer vínculos cos e coas rapazas e coa comunidade do barrio, para funcionar como persoa de referencia para a comunicación e o do diálogo directo, así como detectar e acompañar a aquelas persoas que teñan liderado comunitario, para favorecer o traballo conxunto. A finalidade deste proceso é tamén a de poder informar e orientar ás mozas e os mozos desta zona dos recursos que existen para a súa franxa de idade, actividade e espazos e toda a información de interese. Do mesmo xeito, o proxecto busca xerar propostas e estratexias de comunicación co-deseñadas coa mocidade da Sagrada Familia, executar actividades e elaborar tamén contidos para publicacións e de difusión das propostas e actividades, sempre en colaboración coa concellería.

A convocatoria para seleccionar á persoa que traballará na dinamización pode consultarse no Perfil do Contratante ( www.licitacion.coruna.es ). As candidaturas poden presentarse, coa documentación requirida, na propia concellería (Praza de María Pita, 1, 2o andar) ou por correo electrónico, a participacion@coruna.es , no prazo de dez días hábiles a contar desde o luns. A valoración será realizada polo persoal técnico municipal.

O Goberno local presenta a segunda edición de ‘Coruña en Forma’, o programa de actividades deportivas gratuítas “abertas a toda a cidadanía”, que se celebrará en 10 espazos da cidade nos meses de verán

Junio 16, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a segunda edición do programa Coruña en Forma, unha proposta posta en marcha polo Goberno local o pasado verán e que ten como obxectivo favorecer e fomentar, entre a cidadanía de todas as idades, a práctica deportiva como hábito de vida saudable. O programa, que se desenvolverá a partir do entre os meses de xullo e agosto, “dá continuidade á actividade que se realiza desde as Escolas Deportivas Municipais ou Xogos Escolares durante todo o curso en espazos deportivos non convencionais, “o que enlaza coa idea do Goberno local de poñer en valor o espazo urbano para mellorar tamén a calidade de vida da veciñanza e de conquista por parte da veciñanza do espazo público, neste caso, para o desenvolvemento da práctica deportiva”, sinalou o edil. “Estamos a falar dun proxecto de saúde, de contribución cidadá, gratuíta, sen límite de idade e sen inscricións, o que cobre, desde o ano pasado, aqueles veráns baleiros de actividade deportiva de carácter non competitivo aberta á veciñanza”, destacou Sande.

Coruña en Forma está encamiñada a fomentar durante os meses de verán, desde o 3 de xullo e até o 29 de setembro, a práctica do exercicio físico a través dun circuíto de 10 espazos públicos abertos repartidos por toda a cidade, como son o miradoiro do Matadoiro, a praia de Riazor e de Oza, os parques de Santa Margarida, Oza, Europa e San Diego, a praza Elíptica, Luis Díaz González e a Sagrada Familia. “O proxecto incide na perspectiva deste executivo de ter en conta as distintas realidades e diversidades nos barrios da cidade, así como na descentralización da propia actividade”, explicou o responsable municipal.

… Leer más

O Concello inaugura a tempada de praias, que este ano se amplía até o 25 de setembro e que conta cun dispositivo especial formado por 55 persoas

Junio 16, 2017 coruna No Comments

As concelleiras de Medio Ambiente, María García, e de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen posúe as competencias en materia de Seguridade Cidadá, presentaron o dispositivo especial municipal co gallo da apertura da tempada de praias. Nesta edición, a o servizo de Salvamento e Socorrismo estará presente nos areais da cidade desde hoxe, día 15 de xuño, até o 25 de setembro, incrementándose a campaña en 10 días. En concreto este dispositivo, conformado por 55 persoas, estará presente nos areais de Riazor, Orzán, Matadoiro, As Lapas, San Amaro e praia de Oza dende todos os días de 11.00 a 21.00 horas. Fraga destacou que “a gran maioría das persoas integrantes deste cadro de persoal teñen experiencia previa nas praias da Coruña, especialmente en Riazor e Orzán, espazos coas súas singularidades, que é preciso coñecer”.

O servizo especial de salvamento e socorrismo estará formado por 37 socorristas, 2 coordinadoras, 5 xefes de equipo, 4 patróns, dous persoas para asistencia médica, 2 integrantes de persoal de enfermería, 2 técnicos de transporte sanitario e 1 auxiliar de baño. Como o ano pasado, este persoal encargarase de prestar axuda aos e ás usuarias con mobilidade reducida que se acheguen até as praias. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...