Home » coruna » Recent Articles:

O Fórum Metropolitano e o CGAI acollen en decembro un ciclo de cinema organizado pola agrupación astronómica Ío co apoio do Concello

diciembre 1, 2017 coruna No Comments

O Fórum Metropolitano e o CGAI acollen no mes de decembro un ciclo de cinema organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío coa colaboración da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento que repasará, desde mañá venres e ata o sábado 23 de decembro, títulos clásicos da ciencia ficción. O programa inclúe tamén dúas sesións audiovisuais no CGAI sobre a vinculación do cine e o ceo, que se presentan baixo o epígrafe Visións do ceo. Así ocorre coa proxección deste venres, 1 de decembro, na filmoteca, onde se poderá ver, desde as 20.30 horas, o filme Pictures of light, do canadiense Peter Mettler e a curta experimental Fogos, unha produción dos Museos Científicos coruñeses. Ambas contarán coa presentación do director da rede de Museos Científicos, Marcos Pérez Maldonado, e o crítico Martin Pawley, da asociación astronómica Ío, co-directores da curta. Ao día seguinte, o CGAI proxectará desde as 18.00 horas as curtas Banewl e The green ray, da artista plástica inglesaTacitaDean,quetaménestaránintroducidasporMartinPawley.

En canto á programación do ciclo no Fórum, presénsase baixo o título Ciencia (e) ficción, e dará comezo o xoves, 7, venres, 8, e sábado, 9, –20.30 horas– coa película francesa La planète sauvage , de René Laloux, un dos primeiros filmes de animación franceses dirixido a un público non infantil, e adaptación libre da novela de ciencia ficción Oms en série . Na sesión do venres haberá presentación e coloquio co escritor Xabier P. Docampo. O xoves, 14, venres 15 e sábado 16, no mesmo horario, poderase ver o clásico do xénero Forbidden planet, dirixida por Fred M. Wilcox, un dos filmes seminais da ciencia ficción dos anos 1950 e unha parábola sobre os perigos do poder ilimitado e a tecnoloxía desenfreada. A sesión do venres 15 contará na presentación e o coloquio co concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. Por último, o xoves 21, venres 22, e sábado 23, tamén ás 20.30 horas, proxectarase The day the earth stood still , un filme de 1951 dirixido por Robert Wise e todo un clásico da ciencia ficción. O director dos Museos Científicos Coruñeses participará na presentación e o coloquio da sesión do venres.

O viveiro municipal de empresas Accede Papagaio acolle o vindeiro luns unha xornada sobre marketing dixital

diciembre 1, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixe Alberto Lema, organiza o vindeiro luns, 4 de decembro, a xornada Marketing dixital, unha proposta que ten como obxectivo achegar á veciñanza técnicas básicas da mercadotecnia para que poidan implantalas nos seus proxectos ou empresas. Así, durante unha sesión na que se combinarán parladoiros con charla informal, desenvolveranse conceptos relacionados coa transformación dixital, a marca persoal, ferramentas e novas tecnoloxías para o deseño e implementación do marketing así como estratexias prácticas para conseguir máis persoas usuarias e conversións que rematen nunha venda.

A iniciativa, aberta á cidadanía, diríxese especialmente tanto a persoas emprendedoras con proxecto, como a aquelas en fase de procura e maduración, ou a empresas e particulares en xeral. Os relatores convidados serán Iago González, business development manager no Grupo IPglobal, e Francesc Pumarola, digital manager de Hijos de Rivera. Mentres que o primeiro abordará Como reforzar marca e ser as e os primeiros na rede , o segundo afondará nas Claves estratéxicas do marketing dixital. Ao remate dos parladoiros, celebrarase un coloquio coas persoas asistentes para intercambiar impresións, puntos de vista ou problemáticas particulares sobre este eido.

A inscrición, que é de balde, pódese formalizar até o mesmo luns, 4 de decembro, ás 10.00 horas, a través da páxina web municipal de Emprego, www.coruna.gal/emprego

O centro cívico de Eirís acolle este sábado, 2 de decembro, un encontro ‘Dillo ti’ do alcalde e o resto do goberno municipal coa veciñanza

diciembre 1, 2017 coruna No Comments

O vindeiro sábado, 2 de decembro, regresa a serie de xuntanzas abertas entre o goberno municipal e a veciñanza. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como o resto de concelleiras e concelleiros do executivo local asistirá, a un novo encontro Dillo ti, a canle de participación cidadá posta en marcha o pasado ano polo Concello co obxectivo de xerar un espazo de encontro que facilite que a cidadanía traslade, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas e vontades ao Goberno municipal. A cita, que se celebra habitualmentedexeitomensual,tenlugarencadaocasiónnunbarriodistintodacidade.

Así, tras visitar Os Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns, Adormideras e Labañou, o programa municipal achegarase este sábado ao barrio de Eirís. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación con obradoiros infantís, que permitirá ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á veciñanza en xeral. Deste xeito, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este taller, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, senón unicamente acudir ao equipamento municipal de Eirís no horario de celebración do Dillo ti –de 12.00 a 13.30 horas–.

Toda a información sobre esta serie de xuntanzas posta en marcha polo executivo local está dispoñible na páxina web municipal www.coruna.gal/conversascoalcalde

O Concello acomete melloras de accesibilidade e seguridade peonil na Canteira de Eirís, “ao duplicar, practicamente, a anchura existente nas beirarrúas da avenida de Monelos”

noviembre 30, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou as obras que o Concello vén de iniciar na Canteira de Eirís, e que, cun orzamento de preto de 100.000 euros, favorecerán de forma notable a accesibilidade na zona comprendida entre os números 201 e 215 da avenida de Monelos. O aspecto máis notable da intervención, tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, que acompañou ao rexedor na visita, será a ampliación do ancho da beirarrúa, “practicamente duplicando a anchura existente”, ao longo de 145 metros, nun treito que discorre polo costado das seis mazás que compoñen o barrio da Canteira de Eirís. A mellora que traerá o aumento da capacidade desta beirarrúa non só está xustificada pola considerable cantidade de habitantes nas mazás da Canteira, senón pola alta densidade deste tramo do barrio ou o feito de que a avenida de Monelos constitúa o principal percorrido de conexión peonil desta zona co resto da cidade. “Este conxunto de mazás é tamén a principal conexión da avenida e de toda a área do Parque Ofimático, coa parte alta do Parque de Eirís e Lamadosa”, sinalou o edil.

Así, os treitos da beirarrúa pasarán de ter unha anchura media de 1,80 metros –con zonas nas que se reduce até os 1,40 metros– a unha anchura media de 3,60 metros, e que aumentará ata máis de 5 metros nos cruces, quedando o punto máis estreito en 1,90 metros. “Estamos a falar dunha obra de calado para o barrio nunha zona de moito tránsito peonil, na que nalgúns treitos a vía impedía o paso á vez de dúas persoas en direccións enfrontadas”, aseverou o titular de Rexeneración Urbana, quen lembra que o ámbito da intervención conta con seis pasos peonís. “A Canteira verá mellorada a súa accesibilidade e seguridade, ao reducir a lonxitude do paso polo ancheamento das beirarrúas nos cruzamentos”, engadiu o responsable municipal.

A ampliación da beirarrúa tamén suporá un cambio na fisionomía do barrio, ao producir unha notable mellora na parada existente do transporte público urbano, que será desprazada, lixeiramente, até a altura do portal número 207 da avenida de Monelos. “O novo ancho permitirá a instalación dunha marquesiña, demandada pola veciñanza e que mellorará as condicións de espera nun punto exposto ás inclemencias meteorolóxicas”, explicou, pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, quen lembra que as actuacións foron acordadas e tratadas coas asociacións veciñais e de comercio de proximidade no barrio.

A Concellería de Emprego abre un novo proceso para adxudicar 23 postos baleiros nos mercados municipais no que se primarán os proxectos que favorezan a inserción laboral

noviembre 30, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social, dirixida por Alberto Lema, impulsará un novo proceso para adxudicar a explotación de 23 postos baleiros nos mercados municipais da cidade. O procedemento que se habilitará, e que recibirá este venres o visto e prace da Xunta de goberno local, está aberto a toda a cidadanía, se ben, primará a aqueles proxectos que favorezan a inserción laboral de colectivos con dificultades, ás pemes e as asociacións e empresas de economía social, así como a praceiros e praceiras que xa conten con postos lindantes aos ofertados. O responsable municipal salientou que se trata “do segundo procedemento deste tipo que leva a cabo o goberno local neste mandato” e que “entronca coas ambiciosas medidas de dinamización das prazas de abastos municipais que estamos a levar a caboencolaboracióncopropiosector”.

En concreto, e logo de que en maio de 2016, o departamento de Emprego e Economía Social sacase a concurso 48 postos, o goberno municipal ten previsto impulsar un proceso semellante, mediante concorrencia pública, para que as persoas que así o desexen poidan optar a explotar durante 15 anos, prorrogables por 10 máis, 23 postos nos mercados (9 no Eusebio da Guarda/Praza de Lugo, 6 en San Agustín, 5 en Ramón Cabanillas, 2 en Elviña e un Palavea). “Unha vez que a Xunta de goberno local aprobe este proceso, procederemos a facer públicas as bases do concurso no propio perfil do contratante da web municipal, e abriremos un período para que as persoas que así o desexen presenten os seus proxectos”, comentou o concelleiro Lema. “En menos de dous anos levamos xa dous concursos abertos coa fin de revitalizar os mercados coruñeses e dar novas oportunidades de emprendemento. Por contra, antes da chegada do actual executivo municipal, o último concurso deste tipo foi no ano 94”, comentou, á vez que explicou que entre os 23 postos que se ofertan “existen algúns que non foron adxudicados na anterior convocatoria, ademais doutros novos que non saíron a concurso”.

“Estamos ante unha nova mostra do compromiso deste goberno co impulso dos mercados municipais”, dixo Lema, quen recordou o proxecto recentemente presentado para a modernización e posta a punto de Santa Lucía, cun investimento de máis de 4 millóns de euros, ademais do proxecto para renovar o mercado e a praza de Monte Alto, e as actuacións que se están a desenvolver na contorna do mercado de San Agustín para favorecer a súa accesibilidade.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...