Home » coruna » Recent Articles:

O Pleno aproba a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta declarar ENIL a contorna da Torre, a segunda petición de protección que impulsa o Concello no que vai de mandato

Junio 6, 2017 coruna No Comments

O Pleno municipal aprobou esta tarde por unanimidade a proposta do grupo de Goberno local de solicitar á Xunta de Galicia a declaración do entorno da Torre de Hércules e Punta Herminia como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) dando impulso e inicio ao proceso necesario para protexer esta zona. Esta figura atópase recollida no marco da Lei de Conservación da Natureza que, a proposta dos concellos, designa espazos naturais dentro do termo municipal que son merecedores de contar con medidas específicas de protección polo seu valor ambiental. “A contorna da Torre de Hércules é unha zona de extraordinario valor patrimonial, non só pola declaración da UNESCO, senón tamén polo seu nivel natural, tal e como puxo de manifesto o Mapa da Biodiversidade”, destacou a a concelleira de Medio Ambiente, María García, que explicou que o obxectivo deste ENIL consiste na protección da natureza que se atopa entre a praia das Lapas e a cala de Durmideiras, á vez que se compatibilizan outros usos. “A conservación destes lugares require de medidas de protección, pero non se trata de impedir o uso desta zona, senón máis ben ao contrario. O que queremos é que a cidadanía da Coruña poida ir á Torre e gozar do seu patrimonio natural”, dixo a concelleira, que avanzou a intención do Executivo local de poñer en marcha un Plan Municipal de Manexo e Conservación deste espazo. “É necesario lembrar e poñer en valor todo o patrimonio natural da Torre, que tamén conta cunha microtoponimia propia e que ten á vez unha gran valor memorístico”, indicou. “Tráemos esta cuestión a Pleno, aínda que non faría falla porque podería ser simplemente aprobado en Xunta de Goberno, porque cremos que a conservación merece un acordo amplo, para que continúe goberne quen goberne esta cidade”, indicou.A concelleira recordou, ademais, que a da Torre é a segunda declaración de protección que solicita o Goberno local, despois da petición para as Illas de San Pedro, “unha proposta que elevamos á Xunta o pasado mes de xaneiro, despois que fose paralizada polo anterior executivo local, e aínda estamos a esperar a súa contestación para a aprobación final”. “Non sabemos por que a Xunta paraliza xa por dúas veces a declaración do ENIL, unha vez aquí no Concello e agora na Xunta. Por iso pedimos á Consellería de Medio Ambiente que mire pola cidade da Coruña e tramite todos os asuntos que ten pendentes coa cidade”, engadiu García, quen manifestou que a titular deste departamento autonómico “debería atender ao seu traballo a prol da cidadanía e non centrarse nunha carreira electoral para a que aínda faltan dous anos”.

Noutra orde de asuntos, o Pleno tamén posibilitou, por unanimidade, a aprobación definitiva da Ordenanza do Servizo Público de Ordenación e Regulación do Aparcamento (ORA). A aprobación definitiva debateuse no Pleno logo de que a mesma saíse adiante a pasada semana na Comisión de Mobilidade tras a desestimación por parte do Goberno dunha reclamación particular ao texto atendendo a razóns xurídicas. Deste modo, a Cámara municipal deu luz verde definitiva a unha ordenanza que permite aos e ás usuarias denunciadas por non pagar ou ter de forma correcta o ticket da ORA anular a mesma se abonan un recargo que vai dos 1,5 aos 6 euros evitando o pago de sancións maiores. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, recordou que se ben o pasado xaneiro o Goberno local presentou de forma conxunta unha modificación da ordenanza fiscal ligada á unha ordenanza da xestión da ORA, esta última foi rexeitada polo voto conxunto de PP e PSOE. “Perdeuse unha oportunidade moi valiosa, o que ocorreu foi un esperpento que fixo que quedasen cousas no tinteiro moi importantes como medidas tendentes a facilitar o aparcamento a persoas con mobilidade reducida ou ao fomento do uso das zonas verdes”, indicou o edil, quen manifestou que “aínda, non obstante, quedan moitas cuestións relativas á mobilidade nas que é necesario, polo ben da cidadanía, chegar a un necesario consenso, como é o caso do Pacto de Mobilidade”. … Leer más

O concelleiro de Mobilidade Sostible apela á “necesaria coordinación do transporte metropolitano a través dun sistema único e acorde coa realidade da comarca”

Junio 5, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, volveu apelar este domingo á “necesaria coordinación do transporte metropolitano” e chamar ao diálogo á conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, á que emprazou a “sentarse cos representantes de máis de 400.000 veciñas e veciños para acadar un consenso”, unha reunión cos alcaldes e a alcaldesa dos municipios da área que está pendente de resposta desde o pasado 22 de febreiro. Como indicou, pese aos “cambios na realidade demográfica e nos hábitos de mobilidade das veciñas e veciños da contorna da cidade, o modelo de transporte segue a ser o mesmo”. “Por iso pedimos coordinación, porque temos un sistema de buses metropolitano inconexo co dos buses urbanos, un sistema ríxido e que ademais non permite aos e ás usuarias do transporte metropolitano acceder á información, algo que é grave no século XXI; un sistema así non é útil”, considerou. Nese sentido, salientou a “oportunidade” que supón o novo concurso das concesións do transporte que a Xunta ten que sacar para coordinar o sistema. “Os concellos apostamos por unha xestión única, unha autoridade única que xestione o transporte metropolitano, como ocorre noutros outros moitos puntos do Estado. Queremos que os autobuses vermellos poidan dar servizo aos veciños e veciñas da nosa cidade, que chega, hoxe en día, máis alá do límite municipal da Coruña”.

Tal e como expuxo o responsable municipal de Mobilidade Sostible durante a súa intervención nun espazo radiofónico de Radio Coruña, o do transporte é “unha pata fundamental nun debate máis amplo e que transcende os límites municipais, como é o da área metropolitana, un debate intenso e preciso e un reclamo histórico fronte a posicións doutros gobernos que poñían A Coruña de costas aos concellos da comarca”. “As veciñas e os veciños da contorna fannos saber que pasan tanto tempo na Coruña como no seu propio municipio; entre A Coruña e Oleiros prodúcense a diario 20.000 desprazamentos, e 18.000 entre Coruña e Arteixo ou Culleredo, e sen embargo, un 90% deses desprazamentos faise en vehículo privado”, advertiu.

A este respecto, Díaz Grandío indicou que “os datos fan que non poidamos meter no mesmo saco a mobilidade de concellos como Curtis, Vimianzo ou Fisterra coa mobilidade que se produce entre A Coruña e Oleiros, Arteixo ou Culleredo, por exemplo”. “Son realidades diferentes que non deben misturarse nunha mesa que ten outro sentido”, observou, en relación ao foro que propón a Xunta para debater sobre o transporte metropolitano da Coruña, con 17 concellos. “O debate non debe centrarse en quen está ou non está, e tampouco quen manda ou quen sae na foto. Aforremos discusións estériles e traballemos para mellorar o transporte, porque é a veciñanza quen sofre un sistema descoordinado”, salientou.

O Goberno local traslada ao Pleno unha moción para reclamar á Xunta fondos na terceira convocatoria de axudas para as estratexias DUSI, para localidades e agrupacións de municipios que aínda non teñan accedido

Junio 5, 2017 coruna No Comments

O grupo que sustenta ao Goberno local levará á vindeira sesión plenaria, que se celebra hoxe, unha moción relativa ao financiamento das estratexias de desenvolvemento sostible e integrado (DUSI) e dirixida a instar á Xunta a achegar fondos na terceira convocatoria de axudas para a selección de estratexias, de maneira que as cidades, vilas e agrupacións de localidades galegas que aínda non accederon ou quedaron excluídas teñan unha nova oportunidade de optar a eles. A petición formúlase unha vez que A Coruña xa ten conseguido 15 millóns de euros para o seu proxecto na segunda convocatoria e tras o anuncio, por parte do Goberno central, dunha terceira convocatoria DUSI, que podería incluír transferencias de axudas propostas polas comunidades autónomas que manifesten o seu interese en facelo (como xa fixo a comunidade valenciana). Segundo recolle o documento, “de cumprir co anunciado, e se a Xunta colaborase, as localidades galegas que aínda non resultaron beneficiarias, ou mesmo agrupacións de concellos con vontade de construír proxectos en común, gozarían dunha nova oportunidade” unha circunstancia que, como se pon de relevo, ocorre na área metropolitana da Coruña.

A moción lembra que o pasado 18 de maio, o Ministerio de Facenda notificou a concesión de 15 millóns de euros de fondos europeos á Coruña para desenvolver nos próximos anos a súa estratexia de desenvolvemento, ao resultar beneficiaria dunha axuda do Ministerio de Facenda co-financiada mediante o programa operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020. Como se fai notar, o proxecto do goberno municipal, destinado á construción dunha cidade de proximidade e articulado en tres liñas de traballo –como son a cidade sostible, cidade intelixente e cidade integradora– recibiu case a metade dos 35,6 millóns asignados ás cidades e vilas galegas nesta segunda convocatoria. Non obstante, a cidade de Ourense non ten acadado fondos desta convocatoria (o concello non se presentou e a proposta da Deputación foi dúas veces rexeitada) e na mesma circunstancia se atopan ducias de vilas e localidades galegas, que non concorreron ou ben foron excluídas, como lle ocorreu ao Consorcio das Mariñas ou Abegondo, ou non acadaron a puntuación mínima, caso do Concello de Cambre, Cangas ou Carballo. … Leer más

CORUÑA THE STYLE OUTLETS ACOGE LA EXPOSICIÓN ‘CORES DA TERRA’ DE LA ARTISTA MARINA MATSKOVA

Junio 4, 2017 coruna No Comments

Hasta el próximo 30 de junio en Coruña The Style Outlets podrá visitarse la exposición “Cores da terra” realizada por la artista rusa afincada en Galicia, Marina Matskova. Estará instalada en el Fashion Corner de Coruña The Style Outlets y se podrá visitar de manera totalmente gratuita en el mismo horario de apertura del centro outlet hasta finales de mes.

La exposición “Cores da terra” es una colección de 8 grabados en los que representa arte rupestre. Llegada a Galicia hace 13 años, Marina Matskova empezó a estudiar arte rupestre y fruto de este estudio y de su nueva vinculación con Galicia, y con los colores que la caracterizan, surgió esta exposición de grabados.

Todos los primeros viernes de mes el centro outlet celebra el ciclo Expostyle que tiene como objetivo difundir la obra de artistas consagrados o apoyar a jóvenes valores. Para ello cuenta todos los meses con diferentes actividades culturales como exposiciones, ponencias, charlas… que acercan las obras de artistas de diferentes puntos de Galicia a los clientes de Coruña The Style Outlets.

“Es un placer abrir las puertas de Coruña The Style Outlets a la obra de Marina Matskova. Poder mostrar sus grabados a nuestros visitantes y dar la oportunidad de que conozcan su obra apostando así por el fomento y apoyo de la cultura local, es uno de los pilares en los que trabajamos cada día” señala Ainhoa de Paz, gerente de Coruña The Style Outlets. … Leer más

O Goberno local dá luz verde á regulación das terrazas da zona centro da cidade, á vez que adxudica o contrato de sinalización das mesmas “garantindo o dereito á accesibilidade e á asistencia sanitaria de urxencia”

Junio 4, 2017 coruna No Comments

A Xunta de Goberno local aprobou  a aplicación do ordenamento singular das terrazas das rúas peonís situadas no ámbito do plan de especial protección de Cidade e Pescadería (Pepri), o que posibilitará regular as ocupacións de espazo público por parte de establecementos hostaleiros en 34 rúas da zona centro da cidade caracterizadas pola súa alta ocupación. Así, como norma xeral, e de acordo coas características de cada zona, a aplicación deste recurso servirá para asegurar a accesibilidade a estas rúas, nas que será obrigatorio deixar un espazo de 2,5 metros, de cara a facilitar non só a accesibilidade das persoas con diversidade funcional e o fluxo peonil, senón tamén o acceso de vehículos de seguridade. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, destacou “o refrendo que se lle dá no día de hoxe a un traballo de calado dos técnicos municipais para regular o ordenamento do espazo público” xa que, non só se aproba en Xunta de Goberno a aplicación deste ordenamento singular, senón que tamén vense de adxudicar o contrato do servizo de inventario, cartografía e sinalización das terrazas dos estabelecementos de hostalería situados nas rúas peonís da zona centro da cidade. “Acompasar estas dúas actuacións será fundamental para acurtar tempos e garantir que este verán as rúas da zona centro da cidade con ampla concentración hostaleira teñan o seu espazo regularizado permitindo, en calquera caso, garantir o dereito da cidadanía á accesibilidade e á asistencia sanitaria de urxencia”, destacou.

Díaz Grandío subliñou que as actuacións que se porán en marcha “de forma inminente” foron informadas dende o primeiro momento aos colectivos implicados, tanto do sector hostaleiro, como da condución de vehículos de seguridade e de entidades do ámbito da diversidade funcional. As rúas afectadas por esta ordenación singular son: Alameda, Arévalo, Travesías das Hortas, Estrela, Mantelería, Olmos, Galera, Arco, Boquete de San Andrés, Álvaro Cebreiro, Travesía da Mariña, Agar, Luchana, Fama, Real, Rego de Auga, Torreiro, Travesía da Estreita de San ANdrés, Travesía de Cordonería, Barreira, San Nicolás, Bailén, San Agustín (tramo peonil), Florida, Franxa, Ángel, Oliva, Trompeta, Capitán Troncoso, Marqués de Cerralbo, Travesía de Porta de Aires, rúa Real e caleixón da Estacada.

Grandío destacou que “a proposta deste ordenamento singular se adapta á configuración de cada rúa”. “Aínda que cada unha presenta as súas particularidades a distribución dos espazos manterase de xeito uniforme”, indicou. En concreto, nas rúas peonís cun ancho de vía superior aos 6 metros deixarase un itinerario peonil mínimo e libre de obstáculos de tres metros, sendo a ocupación máxima do ancho de vía permitida de menos do 50%. Por outro lado, nas rúas cun ancho de entre 2,5 e 6 metros deixarase un itinerario peonil libre de obstáculos de 2,5 metros, de forma que se permita o paso de vehículos de emerxencia e outros autorizados. Nas rúas peonís cun ancho de entre 1,80 metros e 2,5 metros deixarase un itinerario peonil libre de obstáculos de 1,80 metros, non sendo posible instalar terrazas nas rúas peonís con ancho inferior aos 1,80 metros.

Con todo, este ordenamento ampliará o abano de posibilidades para o emprazamento das terrazas de cara a facilitar que non só poidan ampliar o seu espazo á area colindante na que se atopan, senón tamén ás zonas enfrontadas, no caso de que conten coa autorización dos ou das propietarias. En canto ao mobiliario autorizado, a dimensión dos parasoles non poderá superar o espazo autorizado mentres, no que atinxe aos toldos, só se permitirá a colocación daqueles que conten con licenza urbanística e, igualmente, sen saír do espazo acoutado.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...