Home » cuadro noticias » Recent Articles:

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

Octubre 30, 2015 cuadro noticias No Comments

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, desenvolve este proxecto a través do Servizo Municipal de Educación.

O programa vai dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de 2017, en dúas convocatorias. A primeira, para 30 participantes, está encamiñada a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro deste ano. A segunda convocatoria, de 20 prazas, está reservada para estudantes que titulen en xuño de 2016. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...