Home » Deportes » Recent Articles:

Lolo Penas e Paula Mayobre gañan a sexta edición da Carreira Popular da Torre de Hércules

abril 2, 2016 Deportes No Comments

A Carreira Popular Torre de Hércules celebrou este sábado a súa sexta edición. A contorna do faro romano acolleu, un ano máis, a cuarta proba da tempada do Circuíto Coruña Corre, a serie de carreiras de carácter popular organizadas polo Servizo Municipal de Deportes. Nesta ocasión, máis de 2.000 persoas inscribíronse nas distintas probas que tiveron lugar desde primeira hora da tarde aos pés do Monumento. A carreira da categoría absoluta, que se celebrou en horario nocturno, coroou a Lolo Penas (cun tempo de 21:45) e a Paula Mayobre (23:33) como o e a mellor atleta da noite.

unnamed

A carreira, que leva tamén o nome de ‘Trofeo José Antonio Varela Calviño’, presentou un trazado de 6.590 metros que transcorreron polo Paseo Marítimo desde a Cidade Deportiva municipal até as Ánimas. A volta levou ás e aos atletas a cruzar a meta situada á entrada da Torre de Hércules. Xunto a Lolo Penas e Paula Mayobre, completaron o podio na categoría masculina David Pelisek (22:09) e Abdelaziz Fatihi Chhima (22:20), e na feminina Vanesa Lafuente (24:54) e Angharad Davies (25:31).

Unha vez finalizadas todas as probas, que comezaron ás 17.15 horas coa carreira das e dos Prebenxamíns, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega dos premios ás e os primeiros clasificados de cada unha das distintas categorías.

A IV edición do Circuíto continuará o 26 de xuño en San Pedro de Visma, o 31 de xullo en Oza e finalizará o 4 de setembro no Ventorrillo. Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición, pode consultarse na páxina web municipal www.coruna.es/carreiraspopulares

O alcalde salienta que o Concello “leva meses facendo un esforzo para que o Coliseum estea en perfectas condicións” para a Copa do Rei

febrero 18, 2016 Deportes No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá a Fan Zone da Copa do Rei, situada en ExpoCoruña, onde se desenvolverán actividades paralelas á celebración do torneo até o domingo día 21. O rexedor salientou que o Goberno local “leva meses facendo un esforzo calado” para que o desenvolvemento do evento “saia ben”, acadar “unha proxección da imaxe da cidade” e que o Coliseum, o recinto onde se celebrarán os partidos da fase final, “estea en perfectas condicións”. Hoxe, ás 19.00 horas, o FB Barcelona e o Bilbao Basket inaugurarán a cancha do espazo, que contará con case 10.000 localidades nas súas gradas. Neste sentido, o alcalde destacou que a cidade recibirá a visita “de milleiros de persoas” esta semana e salientou a ocupación hoteleira “total” e voos ao Aeroporto de Alvedro destes días, “e aínda faltan aficcións por chegar”. Para facilitar a mobilidade das e dos seguidores ao baloncesto tanto locais como foráneos, o Goberno local ofrecerá un servizo especial de autobuses ao finalizar os partidos, e unha lanzadeira desde a Praza de Pontevedra cada 15 minutos nas tardes do sábado e domingo para os desprazamentos até o Coliseum. “A Coruña vivirá unha fin de semana estupenda de baloncesto para que tanto a veciñanza como a xente que nos visite o pase ben”, afirmou o primeiro edil.

unnamed

Durante a súa visita á Fan Zone da Copa do Rei, o alcalde achegouse até o stand da Casa do Baloncesto Galego, unha iniciativa promovida polo Concello da Coruña e que contará coa colaboración do equipo local, o Basquet Coruña, e do que exerce de anfitrión no torneo, o Obradoiro de Santiago. “Nós sempre dixemos que esta Copa era a de Galicia”, explicou o alcalde. … Leer más

O Concello promove a presencia do Basquet Coruña nos actos da Copa do Rei a través da ‘Casa do Baloncesto Galego’

febrero 11, 2016 Deportes No Comments

O Pazo de María Pita acolleu este mércores, 10 de febreiro, a presentación das actividades complementarias á celebración da Copa do Rei de Baloncesto 20156, cuxa 80a edición terá lugar do 18 ao 21 de febreiro no Coliseum. De xeito alternativo, desde o día 17 até o día 21, ExpoCoruña acollerá a celebración da Minicopa de baloncesto e a F an Zone, a zona lúdica de acceso gratuíto no que poderán seguirse os partidos da fase final da Copa e na que o Concello da Coruña promoverá a Casa do Baloncesto Galego. O concelleiro de Deporte, José Manuel Sande, salientou que os “xogadores do primeiro equipo e tamén das categorías inferiores” do Basquet Coruña contarán con presenza neste espazo, así como o equipo anfitrión, o Obradoiro de Santiago. O obxectivo, segundo Sande, é vincular un stand ao Basquet Coruña “como unha forma de expresar a participación do club local” e que “poida propoñer actividades”. Neste espazo alternativo, as persoas que visiten ExpoCoruña poderán adquirir material ou equipacións do club, así como facer o abono da tempada. O concelleiro destacou a “implicación” do Goberno local co “deporte base e a formación”, en particular cos aspectos pedagóxicos, “non só vinculados á competición, senón ao deporte en si”, e salientou que as categorías inferiores do Basquet Coruña realizarán visitas e actividades no recinto durante a celebración do evento.

unnamed

A zona ‘fan’ da Copa do Rei 2016 será de acceso gratuíto e contará con distintos stands, entre os que se atopa a Casa do Baloncesto Galego co Basquet Coruña e Obradoiro. Desde o mércores 17 celebraranse numerosas actividades, entre as que se inclúe a proxección no auditorio dun documental sobre as fases finais da Copa do Rei. Tamén, o recinto coruñés acollerá unha exposición de 80 fotografías nas que se presentan diferentes momentos históricos dun torneo que se iniciou en 1933 e que este ano cumpre a súa 80 edición. Ademais de visitar os numerosos stands –entre os que se atopa a Casa do Baloncesto Galego– que amosarán trofeos e material baloncestístico, ou zonas de restauración, todas aquelas persoas que así o desexen e non teñan entrada para a Copa do Rei (esgotáronse as 6.000 localidades á venda na primeira semana) poderán ver todos os partidos que se celebren no Coliseum a través dunha pantalla de 52 metros cadrados instalada no recinto. As entradas para poder acceder á F an Zone p oderán retirarse na mesma taquilla ou a través da web http://copadelrey.com/copa­fanzone­movistar/, na que poden consultarse os horarios do evento. … Leer más

Sergio Sánchez e Paula Mayobre gañan a VIII edición do Medio Maratón Coruña21

febrero 7, 2016 Deportes No Comments

Os corredores Sergio Sánchez e Paula Mayobre fíxéronse na mañá deste domingo co primeiros postos de Coruña21, o Medio Maratón Atlántico, cuns tempos de 01:04:22 no caso del, e de 01:14:55, ela. A VIII edición da proba destacou por ser a primeira ocasión na que atletas en cadeira de rodas puideron percorrer o trazado completo, contra os 16 km do ano pasado. Así o fixo o deportista Álvaro Illobre, que completou o percorrido nun tempo de 01:18:15.

A carreira comezou ás 10.00 horas. Máis de 1.700 deportistas percorreron as rúas da cidade durante os 21.097,50 metros da proba, nun trazado a dúas voltas, desde Os Pelamios até Oza coa saída e meta nos Cantóns. Xunto a Sánchez e Mayobre, e ste ano completaron o podio Vanessa Lafuente e Raquel Suárez, gañadora da pasada edición, na categoría absoluta feminina; e na masculina, Alejandro Fernández fíxose coa prata, repetindo o posto do ano pasado, e Hassan Lekhili, co bronce. A pesares dos bos tempos marcados polos campións do medio maratón, ningún atleta superou o récord da proba, sendo este de 1:02:57 na categoría masculina, e 1:11:16 na feminina. Os concelleiros de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, foron os encargados de entregar os trofeos aos e ás gañadoras. … Leer más

A VIII edición do medio maratón Coruña21 celebrarase o domingo 7 de febreiro e terá un carácter “máis accesible e integrador”

enero 30, 2016 Deportes No Comments

O Pazo de María Pita acolleu este venres a presentación da VIII edición da carreira Coruña21, o medio maratón atlántico. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou “o carácter accesible” desta edición, na que as e os deportistas en cadeira de rodas poderán participar, por vez primeira, no percorrido completo. Neste sentido, o edil destacou que tanto o circuíto Coruña Corre, como as profesionais Coruña10, Coruña21 e Coruña42, “funcionarán dun xeito máis integrador” nas vindeiras edicións “e cunha relación máis fluída, en todos os sentidos, coa Federación Galega de Atletismo”, entidade que colabora na organización do evento. O responsable de Deporte tamén fixo fincapé na continuidade da liña “popular” da actividade deportiva iniciada neste outono pola súa área, grazas á bonificación do 50% que terán as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do carné xove na cota de inscrición.

Percorrido CorunŞa21

A carreira, que se celebrará o domingo 7 de febreiro, terá a saída e a meta no Obelisco. En total as e os corredoras percorrerán 21.097,50 metros, desde as 10.00 horas da mañá, nun circuíto de dúas voltas (a primeira de 9.375 metros e a segunda de 11.722 metros). Coruña21 sairá do Cantón Grande, cara Linares Rivas, e pasará pola Praza da Palloza, Avenida do Exército, Carretera do Porto e a Rotonda de Oza, onde as e os corredores darán a volta até a rotonda das Ánimas. Unha vez chegados alí, darán a volta até o Obelisco para iniciar a segunda volta continuando o percorrido e, tras pasar as Ánimas, continuarán até o Paseo Marítimo ­ Pelamios, onde encararán os últimos tres quilómetros até chegar á meta, no Cantón Grande. O peche da carreira será ás 12.30 horas, e o percorrido contará con tres puntos de avituallamiento, situados no Cantón Pequeno en dirección praza de Mina (9 km), outro na praza da Palloza dirección Primo de Rivera (5 km e 14 km) , e no quilómetro 19, á altura da rotonda das Ánimas; ademais do situado na liña de meta. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...