Home » Deportes » Recent Articles:

O alcalde indica que A Coruña “debe afrontar a celebración da Copa do Rei de baloncesto en clave de oportunidade, e de reivindicación de valores”

enero 26, 2016 Deportes No Comments

O Pazo de María Pita acolleu este luns o sorteo de emparellamento da fase final da Copa do Rei de Baloncesto, que se disputará entre os días 18 e 21 de febreiro na Coruña. No evento participaron representantes de cada un dos equipos clasificados para o torneo. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o entrenador do Deportivo, Víctor Sánchez del Amo, e o xogador Lucas Pérez, foron as mans i nocentes e ncargadas de realizar o sorteo. Antes de levarse a cabo o mesmo, o rexedor manifestou que a cidade debe acoller á celebración da Copa do Rei da ACB “como un evento deportivo de primer nivel, que representa moito máis e que debemos afrontar como motor económico, oportunidade e reivindicación de valores, cuestións todas elas fundamentais nestes difíciles tempos”.

unnamed

O primeiro edil reflexionou sobre a celebración deste evento nunha cidade que aposta polo deporte de base. “Esa adrenalina e esas emocións que se vivirán no Coliseum nos colocarán entre os máis granado da elite baloncestistica, pero tamén ante sensacións moito máis fondas, que nos levan a situar na primeira liña os principios populares, que trazan pontes como as que debemos establecer entre os grandes xogadores, que disputarán a competición ante millóns de ollos, e os rapaces e rapazas que botan unhas p achangas en calquera das canastas que hai e que estamos a colocar na cidade”. “Un deporte que olvida as súas orixes torna noutra cousa, traiciónase a si mesmo. Non caeremos nese erro. Sabemos que as canastas das estrelas só teñen sentido se fan mellor a quen a esta hora lanza un balón ao taboleiro en calquera barrio da Coruña. Non existen uns sen os outros”; engadiu.

Por outro lado, Ferreiro manifestou que o evento deportivo “non será exclusivo da Coruña, será a copa de toda Galicia”. “Reivindicamos o básquet local, o do vello Bosco e Fernando Romay; o do Básquet Coruña e as súas poboadas categorías de base”, indicou, para engadir: “Pero tamén somos Galicia, e lonxe de localismos e rivalidades mal entendidas, é para nós un pracer acoller como equipo local ao Obradoiro de Santiago. Nunca 70 quilómetros estiveron tan preto”.

A primeira edición da Carreira Popular de Matogrande celebrarase este domingo

enero 8, 2016 Deportes No Comments

Circuíto Coruña Corre comezará o 2016 coa estrea da nova proba desta tempada. Por vez primeira, o barrio Matogrande celebrará este domingo a súa propia Carreira Popular. 1750 deportistas populares, de todas as idades, tomarán a saída e percorrerán o barrio desde as 10.30 da mañá achegándose, na categoría absoluta, á Avenida da Vedra e ao campus universitario de Elviña. A proba, a terceira das sete que compoñen o circuíto municipal, intégrase como unha carreira máis en Coruña Corre, que nesta edición destaca por conxugar a parte máis lúdica da actividade deportiva coa competición e fomentar a participación da veciñanza e clubs de atletismo na organización e desenvolvemento de cada carreira. O Servizo Municipal de Deportes contará este domingo, neste sentido, coa colaboración do Club Natación Liceo e a Asociación de Empresarios y Comerciantes de Matogrande y Área de Incluencia.

unnamed

A hora de saída da carreira absoluta da Popular de Matogrande será ás 10.30 horas. O grupo percorrerá 6.625 m desde a súa saída e chegada na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do Centro Liceo La Paz. Unha vez finalizadas as distintas carreiras, cuxos percorridos poden consultarse con detalle na páxina web w ww.coruna.es/carreiraspopulares, realizarase ás 13.15 horas a entrega de premios para as e os primeiros clasificados en cada unha das categorías. … Leer más

O Concello oferta máis de 2.700 prazas no programa “Deporte no Nadal”

diciembre 4, 2015 Deportes No Comments

A concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición do seu programa de ocio “Deporte no Nadal”, que ofertará 2.779 prazas en 88 actividades deportivas para realizar nos meses de decembro e xaneiro. O obxectivo deste programa, aberto a todas as idades, é ofrecer á cidadanía o deporte como ferramenta saudable e de integración social ao achegar a práctica deportiva até en 29 modalidades distintas. Atletismo, baloncesto, balonmán, escalada, esgrima, fútbol, hóckey, natación, patinaxe, rugby, waterpolo ou xadrez serán algunhas das disciplinas que terán lugar en 32 recintos deportivos – dos que 22 son instalacións municipais­ ao longo do período estival.

O programa, realizado en colaboración con entidades deportivas de toda a cidade, ten aberto até o 15 de decembro o prazo de inscrición, que poderá facerse a través da web municipal, nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor, a cidade deportiva de a Torre ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores. Tamén será posible anotarse no programa de lecer nas mesmas entidades colaboradoras dentro dos seus prazos e procedementos establecidos.

Toda a información sobre as actividades, datas e horarios está dispoñible na web municipal

www.coruna.es/deportes

O Trofeo Cidade da Coruña de Natación celebrará esta fin de semana a súa XXXI edición

noviembre 13, 2015 Deportes No Comments

Mañá sábado, 14 de novembro, celebrarase a XXXI Trofeo Cidade da Coruña “Memorial Eduardo Ramírez”, unha competición na que participarán máis de 300 deportistas de 17 clubs de Galicia e Asturias. A proba, de categoría absoluta, desenvolverase en dúas sesións, pola mañá desde as 11.00 horas, e pola tarde desde as 17.00 horas, nas instalacións de INEF Galicia de Bastiagueiro. 82 homes e mulleres da Coruña, pertencentes aos locais Club Natación Coruña, Club de Mar e Liceo nadarán nas probas individuais e de relevos mixtos nun trofeo con máis de 30 anos de tradición e que está dedicado á figura de Eduardo Ramírez Rodríguez­Losada, antigo Presidente da Federación Coruñesa de Natación.

O XXXI Trofeo Cidade da Coruña, de entrada gratuíta para o público e que contará coa presenza de internacionais como Gaspar Andrade, Tomás Manso ou Manuel Tomé e medallistas locais como Raquel Martínez ou Sergio Campos (campión de España junior en 100 metros espalda), será a derradeira oportunidade para todas aquelas persoas que participen de mellorar ou conseguir as marcas mínimas nos 25 metros para poder competir no Campionato de España de Inverno, que terá lugar o vindeiro 26 de novembro en Xixón.

José Manuel Sande presenta ‘Quincegotas’, o festival de danza na rúa que “contribuirá a normalización do feito artístico” e á creación de “novos públicos” das artes do movemento

noviembre 12, 2015 Deportes No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na praza de María Pita Q uincegotas, o I Festival de Danza na rúa da Coruña que terá lugar nas zonas máis con corridas dacidadeosdías27,28e29denovembro e no que participarán 11 compañías de Galicia e de fóra da comunidade. “O evento responde á proposta e idea do Goberno local”, destacou o edil, a través da “descentralización” da súa programación, o emprego do espazo público para a realización das actividades, ademais do fomento “da interacción e participación” do público fóra dos circuítos habituais. Segundo salientou o responsable de Culturas a celebración da do evento na rúa, que incorporará a choiva como un elemento máis do espectáculo, “contribuirá á normalización do feito artístico” e á creación “de novos públicos” das artes do movemento, “ampliando o paradigma” da actividade de danza na cidade, “no tan nutrida como nos gustaría” e que nestes intres conta cunha programación “moi estimulante” a través do ciclo de danza contemporánea TRC Danza do Teatro Rosalía Castro. “Con este Festival continuaremos celebrando un outono cheo de actividades que amosarán a personalidade propia da Concellería de Culturas”, afirmou o responsable da área.

unnamed

A coordinadora do Festival, Estefanía Vázquez, destacou a incorporación da auga como “un 1 elemento artístico máis” nas pezas “pero sen incomodar ao público”, de forma que, se chove, “non se suspenda” o encontro e a xente “poida resgardarse” mentres ve a actuación. Así, os 14 espectáculos da primeira edición de Quincegotas distribuiranse en concorridas zonas de lecer durante a última fin de semana de novembro. “O obxectivo é que a xente goce da danza mentres fai o propio no seu tempo de lecer coa familia”, sinalou Vázquez. Deste xeito, as representacións do venres terán lugar “na zona dos viños, nas rúas Barrera ou Franxa”, o sábado “en espazos máis comerciais como a praza de Lugo ou Vigo” e o domingo na zona do Campo da Leña. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...