Home » Deportes » Recent Articles:

A VIII edición do medio maratón Coruña21 celebrarase o domingo 7 de febreiro e terá un carácter “máis accesible e integrador”

enero 30, 2016 Deportes No Comments

O Pazo de María Pita acolleu este venres a presentación da VIII edición da carreira Coruña21, o medio maratón atlántico. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou “o carácter accesible” desta edición, na que as e os deportistas en cadeira de rodas poderán participar, por vez primeira, no percorrido completo. Neste sentido, o edil destacou que tanto o circuíto Coruña Corre, como as profesionais Coruña10, Coruña21 e Coruña42, “funcionarán dun xeito máis integrador” nas vindeiras edicións “e cunha relación máis fluída, en todos os sentidos, coa Federación Galega de Atletismo”, entidade que colabora na organización do evento. O responsable de Deporte tamén fixo fincapé na continuidade da liña “popular” da actividade deportiva iniciada neste outono pola súa área, grazas á bonificación do 50% que terán as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do carné xove na cota de inscrición.

Percorrido CorunŞa21

A carreira, que se celebrará o domingo 7 de febreiro, terá a saída e a meta no Obelisco. En total as e os corredoras percorrerán 21.097,50 metros, desde as 10.00 horas da mañá, nun circuíto de dúas voltas (a primeira de 9.375 metros e a segunda de 11.722 metros). Coruña21 sairá do Cantón Grande, cara Linares Rivas, e pasará pola Praza da Palloza, Avenida do Exército, Carretera do Porto e a Rotonda de Oza, onde as e os corredores darán a volta até a rotonda das Ánimas. Unha vez chegados alí, darán a volta até o Obelisco para iniciar a segunda volta continuando o percorrido e, tras pasar as Ánimas, continuarán até o Paseo Marítimo ­ Pelamios, onde encararán os últimos tres quilómetros até chegar á meta, no Cantón Grande. O peche da carreira será ás 12.30 horas, e o percorrido contará con tres puntos de avituallamiento, situados no Cantón Pequeno en dirección praza de Mina (9 km), outro na praza da Palloza dirección Primo de Rivera (5 km e 14 km) , e no quilómetro 19, á altura da rotonda das Ánimas; ademais do situado na liña de meta. … Leer más

O alcalde indica que A Coruña “debe afrontar a celebración da Copa do Rei de baloncesto en clave de oportunidade, e de reivindicación de valores”

enero 26, 2016 Deportes No Comments

O Pazo de María Pita acolleu este luns o sorteo de emparellamento da fase final da Copa do Rei de Baloncesto, que se disputará entre os días 18 e 21 de febreiro na Coruña. No evento participaron representantes de cada un dos equipos clasificados para o torneo. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o entrenador do Deportivo, Víctor Sánchez del Amo, e o xogador Lucas Pérez, foron as mans i nocentes e ncargadas de realizar o sorteo. Antes de levarse a cabo o mesmo, o rexedor manifestou que a cidade debe acoller á celebración da Copa do Rei da ACB “como un evento deportivo de primer nivel, que representa moito máis e que debemos afrontar como motor económico, oportunidade e reivindicación de valores, cuestións todas elas fundamentais nestes difíciles tempos”.

unnamed

O primeiro edil reflexionou sobre a celebración deste evento nunha cidade que aposta polo deporte de base. “Esa adrenalina e esas emocións que se vivirán no Coliseum nos colocarán entre os máis granado da elite baloncestistica, pero tamén ante sensacións moito máis fondas, que nos levan a situar na primeira liña os principios populares, que trazan pontes como as que debemos establecer entre os grandes xogadores, que disputarán a competición ante millóns de ollos, e os rapaces e rapazas que botan unhas p achangas en calquera das canastas que hai e que estamos a colocar na cidade”. “Un deporte que olvida as súas orixes torna noutra cousa, traiciónase a si mesmo. Non caeremos nese erro. Sabemos que as canastas das estrelas só teñen sentido se fan mellor a quen a esta hora lanza un balón ao taboleiro en calquera barrio da Coruña. Non existen uns sen os outros”; engadiu.

Por outro lado, Ferreiro manifestou que o evento deportivo “non será exclusivo da Coruña, será a copa de toda Galicia”. “Reivindicamos o básquet local, o do vello Bosco e Fernando Romay; o do Básquet Coruña e as súas poboadas categorías de base”, indicou, para engadir: “Pero tamén somos Galicia, e lonxe de localismos e rivalidades mal entendidas, é para nós un pracer acoller como equipo local ao Obradoiro de Santiago. Nunca 70 quilómetros estiveron tan preto”.

A primeira edición da Carreira Popular de Matogrande celebrarase este domingo

enero 8, 2016 Deportes No Comments

Circuíto Coruña Corre comezará o 2016 coa estrea da nova proba desta tempada. Por vez primeira, o barrio Matogrande celebrará este domingo a súa propia Carreira Popular. 1750 deportistas populares, de todas as idades, tomarán a saída e percorrerán o barrio desde as 10.30 da mañá achegándose, na categoría absoluta, á Avenida da Vedra e ao campus universitario de Elviña. A proba, a terceira das sete que compoñen o circuíto municipal, intégrase como unha carreira máis en Coruña Corre, que nesta edición destaca por conxugar a parte máis lúdica da actividade deportiva coa competición e fomentar a participación da veciñanza e clubs de atletismo na organización e desenvolvemento de cada carreira. O Servizo Municipal de Deportes contará este domingo, neste sentido, coa colaboración do Club Natación Liceo e a Asociación de Empresarios y Comerciantes de Matogrande y Área de Incluencia.

unnamed

A hora de saída da carreira absoluta da Popular de Matogrande será ás 10.30 horas. O grupo percorrerá 6.625 m desde a súa saída e chegada na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do Centro Liceo La Paz. Unha vez finalizadas as distintas carreiras, cuxos percorridos poden consultarse con detalle na páxina web w ww.coruna.es/carreiraspopulares, realizarase ás 13.15 horas a entrega de premios para as e os primeiros clasificados en cada unha das categorías. … Leer más

O Concello oferta máis de 2.700 prazas no programa “Deporte no Nadal”

diciembre 4, 2015 Deportes No Comments

A concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición do seu programa de ocio “Deporte no Nadal”, que ofertará 2.779 prazas en 88 actividades deportivas para realizar nos meses de decembro e xaneiro. O obxectivo deste programa, aberto a todas as idades, é ofrecer á cidadanía o deporte como ferramenta saudable e de integración social ao achegar a práctica deportiva até en 29 modalidades distintas. Atletismo, baloncesto, balonmán, escalada, esgrima, fútbol, hóckey, natación, patinaxe, rugby, waterpolo ou xadrez serán algunhas das disciplinas que terán lugar en 32 recintos deportivos – dos que 22 son instalacións municipais­ ao longo do período estival.

O programa, realizado en colaboración con entidades deportivas de toda a cidade, ten aberto até o 15 de decembro o prazo de inscrición, que poderá facerse a través da web municipal, nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor, a cidade deportiva de a Torre ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores. Tamén será posible anotarse no programa de lecer nas mesmas entidades colaboradoras dentro dos seus prazos e procedementos establecidos.

Toda a información sobre as actividades, datas e horarios está dispoñible na web municipal

www.coruna.es/deportes

O Trofeo Cidade da Coruña de Natación celebrará esta fin de semana a súa XXXI edición

noviembre 13, 2015 Deportes No Comments

Mañá sábado, 14 de novembro, celebrarase a XXXI Trofeo Cidade da Coruña “Memorial Eduardo Ramírez”, unha competición na que participarán máis de 300 deportistas de 17 clubs de Galicia e Asturias. A proba, de categoría absoluta, desenvolverase en dúas sesións, pola mañá desde as 11.00 horas, e pola tarde desde as 17.00 horas, nas instalacións de INEF Galicia de Bastiagueiro. 82 homes e mulleres da Coruña, pertencentes aos locais Club Natación Coruña, Club de Mar e Liceo nadarán nas probas individuais e de relevos mixtos nun trofeo con máis de 30 anos de tradición e que está dedicado á figura de Eduardo Ramírez Rodríguez­Losada, antigo Presidente da Federación Coruñesa de Natación.

O XXXI Trofeo Cidade da Coruña, de entrada gratuíta para o público e que contará coa presenza de internacionais como Gaspar Andrade, Tomás Manso ou Manuel Tomé e medallistas locais como Raquel Martínez ou Sergio Campos (campión de España junior en 100 metros espalda), será a derradeira oportunidade para todas aquelas persoas que participen de mellorar ou conseguir as marcas mínimas nos 25 metros para poder competir no Campionato de España de Inverno, que terá lugar o vindeiro 26 de novembro en Xixón.