Home » Deportes » Recent Articles:

A novena edición da carreira Coruña10 abre o seu prazo de inscrición

agosto 24, 2015 Deportes No Comments

A proba popular por excelencia do trazado coruñés abre o seu prazo de inscrición. O vindeiro 11 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis célebre das carreiras da cidade e que este ano celebrará a súa novena edición cun novo circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, polo Paseo Marítimo coruñés. A proba atópase integrada entre as carreiras que conforman o III Circuíto de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña, que se desenvolve ao longo do ano 2015.

x-default

x-default

As inscricións das e dos atletas faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.org ata o día 1 de outubro ás 23:59h e a cota da inscrición será de 10 € para as e os propietarios de chip amarelo, e 12 € para aquelas persoas que non dispoñan do chip. Coma vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta IX Carreira Popular Coruña10 poderán participar atletas da categoría benxamín (nacidos nos anos 2006/2007) até a categoría xuvenil (1998/1999). … Leer más

CABO DE CRUZ GAÑA A BANDEIRA DE TRAÍÑAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

agosto 2, 2015 Deportes No Comments

O Club de Remo de Cabo de Cruz foi o gañador da vixésimo sexta edición da Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada este mediodía en augas do porto de Ribeira.

unnamed

A clasificación, tempos e premios correspondentes quedaron do seguinte xeito:

GAÑADOR: Club de Remo de Cabo de Cruz. 3.200 € Tempo: 20´45´

2º clasificado: Club do Mar de Mugardos-2.000 € . Tempo: 21´01´

3º clasificado: Club Remo Rianxo- 1.800 €. Tempo: 21´28´

4º clasificado: Club Remo Pobra. 1.600 €. Tempo: 21´31´

5º clasificado: Club Remo Ares.1.400 €. Tempo: 21´42´

6º clasificado: Club de Regatas Perillo.1.200 €. Tempo: 22´09´

7º clasificado: CD Mariñeiro de Mera.1.000 €. Tempo: 22´17´

CINCUENTA E CATRO EQUIPOS DA PROVINCIA DISPUTARÁN A XXVII EDICIÓN DA COPA DE FÚTBOL DEPUTACIÓN DA CORUÑA

julio 23, 2015 Deportes No Comments

Un total de 54 equipos da provincia da Coruña que militan nas categorías de 2ª División B, Terceira División, Primeira Autonómica e Preferente Autonómica disputarán este ano a XXVII edición da Copa de Fútbol “Deputación da Coruña”.

unnamed

O campionato foi presentado esta mañá, na sede da institución provincial, polo deputado José García Liñares e o directivo da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, nun acto no que se procedeu tamén ao sorteo dos emparellamentos da competición, que dará comezo esta fin de semana. … Leer más

Culturas e Deporte presenta o tríatlon “Hércules XTRM”, no que participarán 500 deportistas

julio 21, 2015 Deportes No Comments

O Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a segunda edición do tríatlon de media distancia Hércules XTRM, unha proba urbana que disputarán 500 deportistas locais e procedentes doutros puntos do país ou rexións como Francia, Brasil ou Nova Zelanda.

unnamed

O concelleiro amosou “o apoio absoluto” do Concello as probas deportivas na cidade. Precisamente, Sande lembrou que a proba estivo “técnicamente” anulada tras ser avaliada polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, xa que o percorrido inicial coincidía no tempo e espazo con obras da Mariña e a mesma Feira das Marabillas, e poderían provocar colapsos no centro da cidade. O concelleiro confirmou a celebración da proba grazas ao “traballo conxunto” do Concello xunto á organización do tríatlon, co cambio de data e percorrido. A nova ubicación, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que medio millar de deportistas nadarán 1,9 quilómetros e, despois da primeira transición, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo. No último tramo, o grupo correrá 21 quilómetros polo contorno da Torre de Hércules. … Leer más

Partido homenaje a Jesús Sanjurjo

julio 18, 2015 Deportes No Comments

El domingo día 19 de julio Towers Football volverá a los campos de juego en su primer amistoso preparatorio para la IV Liga Gallega de Fútbol Americano. Con este encuentro se recordará a Jesús Sanjurjo, socio fundador del club, en el primer aniversario de su defunción. Será a las 17h en la Ciudad Deportiva La Torre de A Coruña.

unnamed 2

En este partido los herculinos se enfrentarán a los Santiago Black Ravens. Como en cada encuentro entre los locales y los compostelanos se pondrá en juego “el vuelcatortillas”, un pequeño trofeo informal que aún no ha sido custodiado en A Coruña. … Leer más