Home » Deportes » Recent Articles:

Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán esta fin de semana a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

mayo 29, 2018 Deportes Comentarios desactivados en Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán esta fin de semana a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e  3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio a través do cal a Deputación achegará 86.500 €, o 80% do orzamento total deste evento deportivo. … Leer más

SÁNDOR MARTÍN SE ENFRENTARÁ AL FRANCÉS GALLOUS COULON EN LA “NOCHE DE TITANES”

mayo 29, 2018 Deportes Comentarios desactivados en SÁNDOR MARTÍN SE ENFRENTARÁ AL FRANCÉS GALLOUS COULON EN LA “NOCHE DE TITANES”

Box&Friends da a conocer a los púgiles que se enfrentarán a los mejores boxeadores del panorama nacional en la “Noche de Titanes”: Miriam Gutiérrez “La Reina”; Sándor Martín; Jonathan “Maravilla” Alonso; Damián Biacho “Guinea”; David Arteaga y el local Adrián Miraz “El Cazador”. La cita se celebrará el 2 de junio en Expocoruña en una puesta en escena de más de 20.000 vatios de luz y sonido. Las entradas para este evento deportivo están ya a la venta en www.entradasatualcance.com.

Sándor Martín llega desde Barcelona con veneno para vérselas en A Coruña con el francés Gallous Collun. A sus 24 años ya ha disputado nada menos que 32 combates en el campo profesional y ha peleado por el Campeonato de Europa de los Superligeros en Suecia, quizás ese factor de ser el visitante hizo que los jueces se decantasen por el local Anthony Yigit. Zurdo, explosivo, con una excelente cintura, es espectáculo garantizado. Arrasandor es talento puro al servicio de las 16 cuerdas y nunca deja indiferente a nadie. Rankeado en el tercer puesto de la EBU (Unión Europea de Boxeo) y duodécimo en la AMB (Asociación Mundial de Boxeo) es uno de los cuatro púgiles con mayor proyección internacional, como demuestra su reciente fichaje por la Promotora del excampeón del Mundo Evander Holyfield. Por su parte, Collun es un luchador muy duro, correoso y experimentado, de la misma promotora que Marvyn Petit, el que logró vencer a Jerobe Santana en el campeonato de la Unión Europea.  … Leer más

A Coruña reforza a súa aposta pola vinculación do mar e o deporte coa celebración, entre o 27 e o 30 de abril, da copa estatal de vela da clase Láser 4.7

abril 18, 2018 Deportes No Comments

​A Coruña acollerá entre o 27 e o 30 de abril a celebración da Copa Estatal de vela clase Láser 4.7. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación do evento, organizado polo Real Club Náutico da Coruña e que conta co apoio do Concello, unha medida que dá continuidade á liña de colaboración establecida coa entidade deportiva tras o Campionato Mundial de Snipe que se celebrou pasado mes de agosto, “unha competición exitosa e que, como a que hoxe presentamos, contribúen á difusión e proxección dunha cidade de mar e na que os eventos deportivos xogan un papel fundamental”, segundo apuntou o edil. “Para o goberno local é prioritario apoiar e acompañar o traballo das entidades deportivas así como fomentar o deporte do ámbito local. No eido náutico, estes colectivos levan anos facendo un loable labor de promoción dos deportes do mar. Grazas a elas, en parte, A Coruña xa non vive de costas ao océano”, sinalou Sande, quen defendeu a aposta do executivo municipal pola relación “dunha cidade náutica”, de competición e de saúde vinculada á practica deportiva. Na presentación tamén estiveron presentes o presidente e o vocal de vela do Real Club Náutico, Germán Suárez Pumariega e Miguel San Claudio. Ambos coincidiron na idoneidade da cidade para a celebración deste tipo de eventos, tanto polas características da súa baía como do vento. “Con esta proba queremos demostrar que A Coruña non é só unha cidade litoral, senón unha localidade marítima que está volcada co mar”, apuntou San Claudio.

A Copa da clase Láser 4.7 contará coa participación de máis de 130 regatistas de 12 comunidades autónomas de todo o Estado, e contará cunha importante representación de clubes galegos, entre os que se inclúen os coruñeses Oza-Puntal e o propio organizador. A competición dividirase en dúas categorías sub16 e sub18 –ambas contarán con modalidade feminina e masculina–, nas que se disputarán un máximo de 9 probas. Durante a xornada do 27 de abril realizaranse as diferentes medicións, e as probas celebraranse na finde semana do 28 e o 29, comezando ás 12.00 horas da mañá. Finalmente, o luns 30 terá lugar unha regata tamén contra o mediodía e, ás 19.00 horas, celebrarase a entrega de premios ás primeiras persoas clasificadas do torneo.

O Concello mantén aberto até o domingo 8 o prazo extraordinario de inscrición de Coruña42 e a proba popular 10K

abril 6, 2018 Deportes No Comments

​A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento avanza na preparación da nova edición do Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrará o vindeiro 15 de abril. A área que dirixe José Manuel Sande vén de dar a coñecer o nome das e dos atletas máis recoñecidos que participarán na proba, e que inclúe, entre outros, ao corredor santiagués Pedro Nimo ou ao olímpico Luis Feiteira. Tamén contarán con dorsal Mónica Granero, gañadora o pasado ano da carreira, ou María Rosario Figueroa, a primeira muller en cruzar a liña de meta no maratón do ano 2016. Deste xeito, a cita co circuíto coruñés reunirá a grandes nomes da distancia, aos que se sumarán os deportistas ecuatorianos Manuel Gustavo Cañar Sandoval, Ángel Gerardo Chasi Toalombo e Marco Antonio Erazo Montero, todos eles con marcas por debaixo das 2.21.03 horas. A proba, como vén sendo habitual, coincidirá coa celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Veteranos e Clubs, que conta con 200 persoas inscritas, das que 178 son homes e 22 son mulleres.

O prazo de inscrición para participar na VII edición de Coruña42 aínda está aberto até o vindeiro 8 de abril a través da web da Federación Galega de Atletismo ​www.carreirasgalegas.com​, nun período extraordinario no que a cota final é de 40 euros no caso do Maratón Atlántica. Neste segundo treito de inscricións, tamén é posible formalizar a participación na proba popular 10K, un percorrido destinado a un perfil máis amador que o da maratón e no que xa hai inscritas, con datos de onte, máis de 1.315 persoas. Para a carreira de 10 quilómetros a contía que se deberá aboar será, finalmente, de 15 euros.

… Leer más

A Deputación apoia con 125.000 euros ao Club Basquet Coruña

abril 6, 2018 Deportes No Comments

A Deputación da Coruña destina 125.000 euros para apoiar ao Club Básquet Coruña na súa actividade deportiva.

Esta achega económica articúlase a través do convenio de colaboración asinado esta mañá, na sede da institución provincial, polo deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e o presidente da entidade deportiva, Juan Carlos Fernández Herrerro.

García Liñares destacou a importancia do club coruñés, único representante da provincia que compite na Liga Leb Ouro xunto a outros 17 equipos nacionais, así como a súa intensa actividade de promoción do baloncesto, xa que conta actualmente con preto de 500 licenzas deportivas e máis de 780 xogadores/as nas categorías base, que inclúen nove escolas deportivas noutros tantos centros escolares da provincia, con case 300 alumnos.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...