Home » Deportes » Recent Articles:

A Coruña acolle esta fin de semana o V Campionato Ibérico de Mensaxería en Bicicleta

junio 29, 2017 Deportes No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participou este xoves na presentación do V Campionato Ibérico de Mensaxería en Bicicleta CIMB 2017, que se celebrará desde mañá, venres, e ata o domingo na cidade, coa colaboración do Concello e do Consorcio de Turismo da Coruña. Como salientou o responsable municipal, a proba, que ten carácter oficial, permitirá durante esta fin semana dar a coñecer unha forma de transporte e que é ademais xeradora de emprego e de oportunidades de negocio, “e que, sobre todo, responde a un modelo de mobilidade máis sostible e non contaminante que ten moitas potencialidades e acorde cunha cidade máis amable coa súa veciñanza e coa súa contorna”. No acto participou tamén a xerente de Turismo, Lanzada Calatayud, e Andrés Souto, responsable de Van en Bikke e un dos organizadores do evento, quen sinalou que nesta quinta edición participarán máis de medio cento de ciclo-mensaxeiros e ciclo-mensaxeiras de todo o Estado, ademais de figuras internacionais como Hans Bullitt Fogh, actual campión europeo na modalidade de carga, ou Brice Bedos, referente da bicimensaxería europea.

O campionato inclúe as probas Main Race e a Cargo Race, a través dun trazado de 1.600 metros que discorre pola fachada marítima e a Cidade Vella, e no que os e as bici-mensaxeiras participantes realizan unha simulación dun día de traballo, nun circuíto pechado, que deben percorrer con paradas nos puntos control establecidos no percorrido, onde desenvolverán os encargos que se lles encomenden. O día central da proba será o sábado, cando se celebra a carreira clasificatoria nas dúas categorías, a partir das 11.30 e ata as 15.00 horas. A carreira é aberta ao publico, previa inscrición. Desde as 17.00 horas terá lugar a final da CIMB 2017 e ás 20.30 horas está prevista a entrega de trofeos. Mañá, venres, a partir das 15.00 horas, terá lugar, na praza do Parrote, o rexistro, e ás 19.30 horas haberá unha ‘bicicletada’ popular de acceso gratuíto aberta á cidadanía, entre O Parrote e a Torre de Hércules. Xa o domingo, na mesma praza do Parrote, instalarase, desde as 11.00 horas, unha exposición de bicis e haberá un foro aberto sobre cicloloxística, tamén aberto á participación, e no que intervirán a Asociación Nacional de Cicloloxística e a Asociación Nacional de Bicimensaxeiros, “para dar a coñecer a cicloloxística, as súas oportunidades laborais e beneficios que ten para a cidade e para o entorno, así como para dar resposta ás dúbidas de quen queira participar”, indicou durante a presentación o responsable de Van en Bikke. A clausura do campionato terá lugar nesa mesma localización ás 14.30 horas. … Leer más

MÁS DE 70 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE FIN DE SEMANA EN EL III OPEN NÁUTICO ESFUERZA, ORGANIZADO POR LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE Y LA OBRA SOCIAL LA CAIXA

junio 17, 2017 Deportes No Comments

Más de 70 deportistas de toda Galicia competirán este sábado y domingo en el III OPEN NÁUTICO ESFUERZA, organizado por la Fundación María José Jove y la Obra Social “la Caixa”. Se trata de un evento único en Galicia que engloba las modalidades de vela y piragüismo adaptado y con ellas se pone fin de a la programación especial del X Aniversario ESFUERZA.

Ambas competiciones están dirigidas a personas con diversidad funcional, que tendrán la oportunidad de participar en la 9ª Regata de Vela Adaptada-Yatlant´460 y en la 4ª Regata de Piragua Adaptada durante este fin de semana en aguas de la bahía de A Coruña (zona Marina Coruña). … Leer más

350 nenos e nenas participan no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán”

junio 10, 2017 Deportes No Comments

Uns 350 nenos e nenas entre os 6 e 12 anos pertencentes ás distintas categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) de 32 clubes de fútbol sala galegos, participarán entre o 15 e 18 de xuño no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán 2017”, que se desenvolverá nos pavillóns deportivos do Ventorrilo, San Francisco, Barrio das Flores e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña

A nova edición do torneo foi presentada na sede da Deputación da Coruña polo deputado responsable da área de Deporte e Xuventude da institución provincial, José García Liñares; o presidente da Fundación Imdecum, organizadora do campionato, Marcelino Luna, e familiares e compañeiros de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, os tres policías falecidos en acto de servizo o 27 de xaneiro de 2012 nas augas do Orzán durante o intento de rescate do mozo eslovaco Tomas Velicky.

Coa celebración deste evento deportivo, ademáis de promocionar o deporte de base entre os nenos e nenas coruñesas, a Deputación quere contribuír a que a memoria dos héroes do Orzán non caia no olvido, segundo apuntou García Liñares, que subliñou “a lección de humanidade, profesionalidade e valentía” dos tres axentes, que “non dubidaron en arriscar a súa vida” para axudar a alguén en apuros. Liñares comprometeu tamén o apio da Deputación para que o torneo siga crecendo no futuro e promocionando o deporte entre os pequenos. … Leer más

Porto Mutts vs Cazuza Towers – Amistoso internacional de Fútbol Americano

junio 7, 2017 Deportes No Comments

El domingo día 18 de Junio se celebra el primer encuentro internacional de los Cazuza Towers de Cambre. Será a las 19h00 en el Campo Dani Mallo de Cambre con la visita de los terceros clasificados de la Liga Portuguesa de Futebol Americano Porto Mutts.

Con este partido amistoso los Towers darán el cierre a una temporada positiva en la que han conseguido el subcampeonato de la V Liga Gallega de Fútbol Americano, el primer puesto en la primera división de la IX Liga Gallega de Fútbol Flag y una plaza en los playoffs de la segunda división para el filial. … Leer más

O Concello establece este domingo 23 un dispositivo especial de tráfico pola celebración do maratón Coruña42

abril 21, 2017 Deportes No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible informa do dispositivo de tráfico que se establecerá este domingo, día 23, con motivo da celebración da carreira C42, o VI Maratón Atlántica, que transcorrerá, desde as 08.30 horas, entre os Cantóns, o estadio de Riazor, a enseada marítima e a zona do porto ata Oza, con meta na praza de María Pita, e que provocará restricións no tráfico, polo que o Goberno local recomenda empregar a Ronda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade. Así, desde as 5.30 e ata as 14.30 horas quedarán cortados ao tráfico os Cantóns, desde Ambrosio Feijóo ata Praza de Mina. Ademais, desde as 8.00 e ata as 13.15 horas procederase ao corte total de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Modesta Goicouría e o Paseo Marítimo (entre a glorieta da Casa dos Peixes ata a das Esclavas), así como da rúa Manuel Murguía desde as Esclavas ata Almirante Lángara. Como desvíos para eludir o percorrido da proba nestes puntos habilitarase o dobre sentido do túnel da praza de Pontvedra, para permitir a conexión de San Andrés con Juan Flórez e Francisco Mariño a través de Duran Loriga, poñendo dobre sentido ata a rúa Hortas. Ademais, cambiarase o sentido da rúa Santa Catalina cara a San Andrés. Nos Cantóns permitirase a saída de vehículos do párking na saída do Obelisco, para virar a dereita a contramán cara a Santa Catalina.

A celebración do maratón, que coincide tamén coa proba popular de 10 km –que sairá do Cantón grande ás 08.45 horas– suporá igualmente o corte de praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera e a avenida do Exército (ata a glorieta de Oza) entre as 08.00 e as 14.00 horas, así como a estrada do Porto. Para permitir percorridos alternativos, habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde Praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina pola calzada do lado do porto. Ademais, o tráfico de entrada procedente da avenida da Pasaxe desviarase á glorieta de Casablanca, con paso polo túnel dos Castros aberto de forma exclusiva aos vehículos que van ao Porto. Do mesmo xeito, o tráfico de entrada do túnel de Eirís desviarase á glorieta de Casablanca. Para realizar estes percorridos manterase aberto un un carril, en sentido saída da cidade, desde Primo de Rivera cara a Ramón y Cajal, e o mesmo desde rúa Fontán e Padre Feijóo cara a Alfonso Molina.

… Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...