Home » Deportes » Recent Articles:

O alcalde destaca o apoio do Goberno local as entidades deportivas coruñesas que traballan a prol do deporte de base, “ferramenta fundamental para fomentar a igualdade”

septiembre 24, 2016 Deportes No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou no Pazo de María Pita o apoio do Goberno municipal as entidades deportivas da cidade. O rexedor manifestou o compromiso do executivo coruñés cos clubs locais durante a recepción das e dos atletas coruñeses que obtiveron medallas no pasado Campionato de España, e na que afirmou que, “cooperando a prol das novas xeracións e da nosa mocidade, poderemos seguir celebrando éxitos como os que hoxe festexamos neste salón”, dixo. Nesta liña, incidiu na relevancia do deporte base, “unha etapa fundamental na vida deportiva á hora de transmitir valores como igualdade, solidariedade ou compañeirismo”. “Hai que coidalo e apostar por el desde a súa idade máis temprana, e fomentar a súa visión máis lúdica, pedagóxica e saudable. A Coruña ten canteira, como vemos nas carreiras populares e nos torneos infantís, e este Goberno está comprometido co futuro desta cidade”.

unnamed

O primeiro edil coruñés felicitou a Anxo Blanco, Eugenia Gil, Paula Iglesias, Mauro Tirana e Imanol Loureiro “por por todo o que representades para a Coruña, por todos os valores dos que sodes exemplo para as nosas veciñas e veciños co voso esforzo e entrega”, e fixo fincapé no deporte como ferramenta a prol da igualdade. “Nas pasadas olimpiadas, vimos o gran papel que realizaron as mulleres do equipo estatal. Elas foron as protagonistas polo seu esforzo, a súa dedicación, e demostraron que o seu papel no mundo do deporte é un feito incontestable. Ruth Beitia no atletismo. Mireia Belmonte e Teresa Perales na natación. Antes foron Teresa Portela, Sofía Toro ou Teresa Echegoyen, e hoxe sodes vós”, dixo en referencia a Eugenia Gil e Paula Iglesias, “a proba de que a repercusión social e cultural da actividade deportiva alcanza todos os niveis, a todas as xeracións e si: pode e debe mudar as cousas”. … Leer más

O alcalde aposta polas políticas de igualdade como “ferramenta imprescindible para avanzar cara a unha cidade realmente inclusiva, que non deixe a ninguén atrás e onde as diversidades sexan tomadas como un valor”

septiembre 22, 2016 Deportes No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou xunto á concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, na presentación da III Carreira de Obstáculos pola Integración, dentro do Proxecto ENKI, unha iniciativa deportiva coa que o Concello colabora co obxectivo de visualizar as distintas diversidades funcionales e avanzar na inclusión e participación de todas as persoas. A esta proba, de carácter non competitivo e que chegará o 16 de outubro á cidade deportiva de Riazor, “entronca ben cos principios que rexen a acción deste Goberno local, que ten na igualdade un dos eixes de todas as súas políticas”, indicou o rexedor durante o acto, no que tamén tiveron intervención a presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza, e a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, entidades impulsoras da iniciativa, así como o deportista Ángel López Fernández, participante no proxecto. “Sendo conscientes de que as políticas de igualdade son unha carreira de longo percorrido, sabemos tamén que estas son imprescindibles se queremos avanzar cara a unha cidade realmente inclusiva, que non deixe a ninguén atrás e na que os dereitos de todas e todos estean garantidos; onde a diversidade, sexa funcional ou cognitiva ou de calquera outra índole –como a económica, a cultural, a relixiosa ou a afectiva– non só teña recoñecemento senón que sexa tomada como un valor”, incidiu o alcalde, remarcando que “igualdade non significa uniformidade, e dar a coñecer as diferentes diversidades que conviven nesta cidade e nesta sociedade é un paso necesario no camiño cara a esa igualdade efectiva de todas e de todos”.

unnamed

Neste sentido, Ferreiro, fixo mención á aposta do Goberno local polo deporte, e en especial o deporte de base e o non competitivo, “como unha verdadeira escola de inclusión e compañeirismo e unha ferramenta ao servizo da igualdade, a xustiza social e da visibilidade”, do mesmo que o será a proba deportiva do proxecto ENKI, na que participan de forma conxunta persoas con diversidade funcional con deportistas e calquera persoa que se queira sumar á iniciativa, que inclúe actividades deportivas, lúdicas e educativas dirixidas a todo tipo de públicos. Nesa xornada, e de forma simultánea, celebrarase na explanada de Riazor a Feira da Solidariedade, que servirá para dar a coñecer o labor de máis de vinte entidades sociais e colectivos que agrupan a persoas con diversidade funcional.

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo este domingo 18 pola celebración da Carreira da Muller

septiembre 16, 2016 Deportes No Comments

O Concello da Coruña ten previsto poñer en marcha o próximo domingo, día 18, un dispositivo especial de mobilidade co gallo da celebración da Carreira da Muller. A proba, na que participarán 6.500 persoas, desenvolverase ao longo de toda a mañá, desde as 10.00 horas, e terá a súa saída en Riazor, mentres que a meta situarase na Torre de Hércules. Así, a Concellería de Mobilidade Sostible sinala que se producirá unha afección total ao tráfico no Paseo Marítimo entre ambos puntos desde as 09.30 horas da mañá ata as 12 do mediodía, hora estimada do fin da proba. Ao ser un percorrido dunha única dirección, o tráfico recuperarase desde a avenida da Habana a medida que pasen as corredoras.

O primeiro corte no Paseo Marítimo producirase ás 07.30 horas, e manterase ata as 14.00 horas. Será na zona de saída da carreira, na contorna do Pazo dos Deportes, xunto ao Playa Club. O tráfico desviarase pola avenida da Habana e a rúa Manuel Murguía. A glorieta das Esclavas quedará totalmente libre para a circulación, permitindo o cambio de sentido na mesma durante a proba, agás na hora previa a saída. Así, de 09.15 a 10.00 horas, o tráfico de Manuel Murguía desviarase cara Paseo de Ronda, e o do Millenium cara Almirante Eulate ou Cadarso en función da situación das participantes. … Leer más

O Concello colabora nunhas xornadas gratuítas para promocionar o fútbol feminino “dado o seu compromiso coa igualdade e a idea de que non existen deportes segregados por sexos”

agosto 25, 2016 Deportes No Comments

O Concello da Coruña colabora nunha actividade de promoción e coñecemento do fútbol sala feminino de carácter gratuíto que se desenvolverá no pavillón municipal do Ventorrillo entre os días 5 e 9 de setembro e que estará encamiñado a rapazas de 6 a 15 anos. A actividade está organizada polo Club 5 Coruña FS, con cuxos representantes reuniuse esta semana a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen destacou a aposta desta entidade “polo reforzo do fútbol feminino de base e por levar a cabo diversas accións de carácter solidario”.

unnamed

“O Concello colabora nesta iniciativa que aplaudimos especialmente. Esta é unha cidade que coida de xeito moi destacado o seu deporte de base e nesa liña, cremos que é moi importante potenciar o deporte de base feminino non competitivo. Estas accións de coñecemento son fundamentais para a atraer dende pequenas a máis rapazas e rachar co mito, aínda existente, de que hai disciplinas propias de homes e de mulleres”, explicou a concelleira, quen recordou que este club “ten unha traxectoria de traballo comprometido moi destacable, tanto en iniciativas de ámbito solidario, como en partidos en favor das persoas refuxiadas”. … Leer más

José Manuel Sande salienta o carácter “integrador” e “aberto á cidadanía” do XXIX Día do Deporte na Rúa e na Praia, que se celebrará este domingo, día 19, en Riazor

junio 16, 2016 Deportes No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a XXIX edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia, que terá lugar o vindeiro día 19 de 11 a 14 horas en Riazor. Serán 43 actividades “abertas a todos os públicos”, indicou o edil, “nas que se fomentará a práctica deportiva, en especial daquelas disciplinas consideradas minoritarias”. “O Goberno local entende que un evento destas características debe priorizar, desde un punto de vista pedagóxico, o coñecemento de deportes que non teñen tanta difusión”, sinalou Sande. Neste sentido, o responsable municipal salientou o carácter “integrador” dunha actividade “variada e necesaria” que “supón o peche da tempada” e que levará ao espazo público, “para toda a veciñanza”, as actividades que se desenvolven habitualmente “a través das Escolas Deportivas Municipais e clubs da cidade”.

unnamed

A xornada desenvolverase na contorna do Pazo dos Deportes, incluíndo a rúa Manuel Murguía, o aparcadoiro do centro deportivo, e o andén e praia de Riazor. Entre as novidades desta edición, na que colaborarán 61 entidades deportivas ­federacións, clubs e outras iniciativas­ sitúanse a práctica de modalidades das artes marciais coma Tai Jitsu e Kyudo; unha exhibición “didáctica”, afirmou Sande, de surf sobre lona con skate na que “se explicarán as distintas pautas e movementos desta discilplina”; o salto de pértiga e lonxitude no areal; e a sobredimensión do Pentatlón moderno, pasando de un a catro postos no Paseo Marítimo. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...