Home » Exposición » Recent Articles:

CORUÑA THE STYLE OUTLETS INAUGURA LA EXPOSICIÓN ‘ADIS ABEBA’DE LA JOVEN DISEÑADORA MARTA CANEDA

abril 7, 2018 Exposición No Comments

Ayer viernes día 6 de abril, y coincidiendo con el primer viernes de mes, se inaugura la Expostyle de Coruña The Style Outlets con la exposición ‘Adis Abeba’ de la joven diseñadora Marta Caneda; una colección en la que la sabana africana es la protagonista y los diseños están inspirados en los arenosos desiertos infinitos y grandes y exóticas bestias del continente.

Los vestidos son la prenda estrella de esta colección en los que la silueta torna fluida, libre y cómoda, con faldas largas de grandes aberturas, dejando entrever la figura, mostrando a una mujer con carácter y de personalidad fuerte, propia de África. La fuerza, la energía, el poder de la naturaleza… están reflejados en estos diseños actualizados para la mujer de hoy. Se puede visitar hasta finales de mes en el mismo horario de apertura del centro outlet. … Leer más

A Deputación da Coruña defende que “A Cultura é un Dereito” cun novo programa de debate e acción

abril 6, 2018 Exposición No Comments

“Cultura e sociedade en Galiza: iniciativas e experiencias”, “Mulleres e Igualdade” e “A escena galega no palco do Colón” son as tres xornadas coas que arrinca o programa “A Cultura é un Dereito” coa que a Deputación da Coruña quede destacar o carácter transformador da cultura. A responsábel da área e vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei e as persoas coordinadoras das xornadas, Alberto García, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Arantxa Estévez e Cristina Domínguez presentaron os obxectivos e contido do novo programa.

Máis de cen persoas do ámbito da cultura participan nas tres xornadas coas que bota a andar o programa “A Cultura é un Dereito” que inicia a súa andaina o vindeiro 25 de abril no Pazo de Mariñán co programa “Cultura e Sociedade en Galiza: Iniciativas e Experiencias”, coordinado desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O Teatro Colón da Coruña será o escenario das outras dúas xornadas que xirarán arredor das “Mulleres e Música” o 19 de maio con coordinación de Arantxa Estévez, xornalista cultural e responsábel de comunicación de festivais musicais, e a produtora Rosa Salgado e “A Escena galega no palco do Colón. Os procesos de creación nas artes escénicas na Galiza do século XXI” que, coa coordinación da directora Cristina Domínguez terá lugar o vindeiro día 9 de xuño. … Leer más

A Deputación acolle este venres unha xornada sobre comunicación política

abril 4, 2018 Exposición No Comments

A Deputación da Coruña acollerá este venres, 6 de abril, a partir das 9.30 horas, unha xornada sobre comunicación política na que distintos expertos a nivel nacional como Daniel Ureña, director xeral de MAS Consulting e vicepresidente da Asociación Europea de Consultores Políticos; Luís Arroyo, presidente de Asesores de Comunicación Pública; Verónica Fumanal, analista política, ou Ícaro Moyano, xornalista experto en redes sociais, analizarán os retos de futuro da comunicación de políticos e institucións públicas.

A xornada, organizada en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno Local (FDYGL), será inaugurada polo presidente da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso, e o director da FDYGL, Ramón Camp i Batalla. Na mesma debateranse cuestións de actualidade neste ámbito coma a construción dunha mensaxe política eficaz, as claves do liderado político, a comunicación a través das redes sociais, a comunicación no eido local ou a relación entre políticos e xornalistas. … Leer más

La Real Orden de Caballeros de María Pita presenta su calendario de actividades que desarrollará durante el 2018

La Real Orden de Caballeros de María Pita celebró su Asamblea General Anual este pasado mes de marzo, donde se trazaron las bases para las actividades y proyectos que la asociación tiene pensado desarrollar a lo largo de este año. Uno de sus principales proyectos, como de costumbre, se basa en la promoción del Camino Inglés para que éste llegue a ser considerado Patrimonio de la Humanidad.

15-03-18. CapÌtulo en la Orden Tercera.
Foto: Iago LÛpez/ Imaxepress.com

Además, en esta ocasión contará con la presencia de Julia Baird, hermana de John Lennon, que acompañará a la Real Orden durante todo el Camino en su nombre y en el de su hermano. Una actividad realizada en colaboración con la asociación Acordes para la Paz, en la que todo lo recaudado irá destinado a Médicos sin Fronteras, y en la que además se celebrará la presentación de un libro de fotografía, una actuación musical y el lanzamiento del video de promoción del Camino realizado junto con la Real Filharmonía de Galicia. Otra de los eventos programados para este año es la cena-fiesta de otoño a beneficio del Hogar de Sor Eusebia, una institución coruñesa cuyo principal objetivo es luchar contra la exclusión social. … Leer más

O centro Ágora acolle desde hoxe a exposición de fotografía colectiva ‘Un migrante na rúa’

noviembre 27, 2017 Exposición No Comments

O centro Ágora acollerá desde hoxe a mostra itinerante de fotografía colectiva Un migrante na rúa , unha proposta que se define como “unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade”. O traballo, promovido pola entidade Square e o colectivo Migrantes, axunta o traballo de 25 artistas que, a través das súas imaxes, queren concienciar sobre a realidade da migración como fenómeno mundial “presente en todas as épocas da historia e en todas partes do noso planeta. Así, nesta exposición mostraranse 25 pezas de Alicia Martínez Núñez, Andrés Fernández, Antía García Sendono, Begoña Bah, Belén Canosa, Carlos Durán López, César Charlón, Chico Mirás, Elena Pérez-Ardá López, Gimena Berenguer, Irene López, José Alberto Pedrido, José Padrín, Kike G. Pérez, Lestonnac Ibáñez Vilas, Moncho Fuentes, Paco Gallego, Pepe Ventureira Maceiras, Santiago Ramas, Santiago Rodríguez, Uxía Saborido, Xabier Martínez, Xoana Grela, Xosé Luís Alonso e Yanina Tuirán. Cada fotografía está apadriñada por algunha entidade local do tecido social, cultural ou empresarial da Coruña.

A inauguración, na que estará presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, estará acompañada do espectáculo poético musical Rosalía e a diáspora, no que participará a Agrupación Musical Albéniz e a xornalista Lidia Bao. A exposición, que se poderá visitar de luns a venres entre as 08.00 e as 21.00 horas, e os sábados de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, estará aberta ao público até o 27 de decembro deste ano.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...