Home » Fiestas » Recent Articles:

Helados San Martiño busca a 10 valientes capaces de devorar un litro de helado en el menor tiempo posible

septiembre 21, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en Helados San Martiño busca a 10 valientes capaces de devorar un litro de helado en el menor tiempo posible

Helados San Martiño tiene planeada una despedida del verano por todo lo alto. En concreto, la marca carralesa está buscando a 10 valientes que se enfrenten a su Desafío San Martiño, que se llevará a cabo el 27 de septiembre a las 17.00 horas en el local La Ventana de Arteixo. El reto se disputará por parejas, y lo ganará el equipo que se termine 1 litro de helado en el menor tiempo posible.

Durante la propia competición la organización supervisará que los concursantes cumplan las reglas a rajatabla. Cuando los dos participantes de un mismo equipo terminen su mantecado, deberán levantar la mano. Será entonces cuando uno de los responsables del Desafío San Martiño se acerque a comprobar que han terminado el reto con éxito. … Leer más

O dispositivo de seguridade do disparo pirotécnico da Batalla Naval limitará o tránsito en distintos treitos das rúas Matadoiro, Santa Teresa, Cantábrico e Adelaida Muro

agosto 14, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en O dispositivo de seguridade do disparo pirotécnico da Batalla Naval limitará o tránsito en distintos treitos das rúas Matadoiro, Santa Teresa, Cantábrico e Adelaida Muro

A enseada do Orzán acollerá hoxe, a partires das 23.00 horas, o disparo pirotécnico da Batalla Naval, o espectáculo de fogos de artificio que lembra a vitoria da cidadanía coruñesa, liderada por María Pita, fronte á armada inglesa baixo os mandos do pirata Drake. Con motivo desta celebración, cuxo acto terá unha duración estimada de 25 minutos, e nos que se empregarán 840,86 kgs de elementos pirotécnicos, o Concello da Coruña despregará un dispositivo especial de cara a garantir a seguridade tanto do público asistente como da veciñanza que se poida ver afectada polo lanzamento dos fogos de artificio, que se fará, como é habitual, tanto desde as Esclavas como o mirador situado na Finca dos Mariño.

Así, desde o pasado venres, o goberno local está a trasladar á veciñanza ás restricións ao tránsito tanto peonil como rodado que se producirán durante a celebración do espectáculo na noite de mañá, e que afectará principalmente a un espazo delimitado entre as rúas Matadoiro (en particular entre os números 68-78), Cantábrico e Santa Teresa (ambas as dúas, dende Matadoiro até Adelaida Muro), así como Adelaida Muro (desde Cantábrico até Santa Teresa). O perímetro no que restrinxirá o uso do espazo público vén delimitado pola instrución da Subdelegación do Goberno, polo que non se poderá transitar nas inmediacións destas vivendas durante os 25 minutos de duración do espectáculo. Ademais, as restricións tamén afectarán aos locais de hostalería situados nesta zona, que non poderán ter obxectos no exterior durante, como mínimo, dúas horas antes do inicio do disparo (21.00) até unha hora despois de rematar o mesmo (00.30).

Xunto á comunicación das instrucións da Subdelegación do Goberno, o Concello está a remitir á veciñanza da zona afectada polas restricións unha carta con indicacións preventivas vinculadas á celebración de espectáculos pirotécnicos, coa finalidade que a cidadanía poida gozar, da maneira segura, da Batalla Naval. Deste xeito, os servizos de seguridade municipais recomendan evitar deixar roupa colgada ou obxectivos cara ao exterior, para evitar posibles combustións de restos do material pirotécnico, así como non achegarse ás xanelas para ver o espectáculo, posto que as ondas sonoras poden provocar a rotura de cristais.

O Concello recomenda, ademais de seguir en todo momento as instrucións do persoal de seguridade e emerxencias, respectar as barreiras de seguridade establecidas pola organización do evento así como evitar achegarse aos puntos nos que se produce o disparo. A este respecto, os corpos de emerxencias salientan que a mellor vista dos fogos é, como mínimo, a 100 metros de distancia en adiante. Os servizos de seguridade tamén recomendan asistir ao lugar desde o que se presenciará o espectáculo con antelación, polo menos 30 minutos antes do comezo e, no caso de asistir con nenas ou nenos –cómpre evitar carriños ou similares, pola súa propia seguridade–, convén chegar cedo para poder situalas e situalos xunto á barreira de seguridade. Destacan tamén a importancia de deixar as mascotas na casa, debido ao seu ouvido sensible ás explosións, que adoitan ser desagradables para elas.

A carta do Concello tamén sinala que os fogos artificiais poden ocasionar queimaduras ou lesións, e que, por mor do vento, poden caer restos de cinzas. No caso de que algunha destas se introduza nos ollos, cómpre enxaugalos con auga abundante. No caso de sufrir algunha ferida durante o espectáculo, ou de sufrir lipotimias ou mareos, cómpre falar co persoal de asistencia sanitaria, que se situará ao longo da barreira de seguridade. Finalmente, os servizos de emerxencias lembran que, aínda que é pouco habitual que ocorra, pode caer algún compoñente do fogo artificial preto das espectadoras ou espectadores. Neste caso, é fundamental non manipulalo nin empurralo co pé, xa que se pode reactivar e estourar, polo que é necesario avisar,

inmediatamente, ao persoal de seguridade.

Transporte nocturno

O goberno local da Coruña estableceu, co gallo da celebración das Festas de María Pita 2018, un dispositivo especial do servizo de transporte público, co obxectivo de favorecer o seu uso por parte da veciñanza durante os principais eventos, como é o caso da Batalla Naval. Así, despois do disparo pirotécnico, a partires das 00.30 horas, comezará o servizo nocturno desde o Obelisco, que durante a primeira hora de servizo reducirá a súa frecuencia a tan só 15 minutos. Xa desde as 01.30 horas, quedarán dous buses en servizo, cunha frecuencia de 30 minutos. A última saída do autobús nocturno, como é habitual en festivos e fins de semana, terá lugar ás 05.00 horas.

A Coruña encara a segunda metade das Festas de María Pita, marcadas por unha oferta escénica e familiar no espazo público, descentralizada coas celebracións nos barrios

agosto 13, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en A Coruña encara a segunda metade das Festas de María Pita, marcadas por unha oferta escénica e familiar no espazo público, descentralizada coas celebracións nos barrios

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, fixo balance da primeira metade das Festas de María Pita 2018, que estiveron marcadas pola “grande afluencia de público a eventos tradicionais, como a Feira do Libro, así como ás distintas actuacións musicais que tiveron lugar tanto na praza de María Pita, como en espazos emblemáticos da cidade e a praia co Festival Noroeste Estrella Galicia (que remata hoxe no Paseo das Pontes) ou co Festival de Folclore Internacional, que pasou polas prazas da Tolerancia e de Pablo Iglesias”. “A primeira parte destas festas estivo marcada por unha gran acollida tanto entre a cidadanía da Coruña, como polos e polas visitantes e as xentes da área metropolitana”, comentou o concelleiro, quen tamén quixo destacar “o civismo amosado pola veciñanza”. Con todo, o edil salientou que as Festas de María Pita continúan até final de mes “cunha segunda parte na que terán especial pulo tanto as festas nos barrios como os espectáculos en espazo público destinados a todos os públicos especialmente, os relacionados coas artes escénicas, o teatro e a danza e as actuacións musicais de gran prestixio, como as da Orquestra Sinfónica de Galicia”. O titular de Culturas destacou que “como outros anos, decidimos centrar a terceira semana das festas nas actuacións musicais de alto nivel e virtuosismo, relacionadas coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal”.

Así, rematada xa a Feira do Libro, este luns, 13 de agosto, como vén sendo tradicional, comezará a Feira do Libro Antigo, que abrirá ao público en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 22.00 horas e compartirá espazo coa Feira de Artesanía Mostrart até o mércores 15. Pola súa banda, aínda que Viñetas desde o Atlántico tamén deu por rematada esta fin de semana, a rúa da Banda Deseñada estará aberta ao público todo este domingo e as exposicións se manterán accesibles até o 9 de setembro.

… Leer más

A Cidade Vella acollerá entre o 24 e o 29 de xullo a XXIV edición da Feira das Marabillas, “que dinamiza e converte nestas datas o casco histórico no espazo urbano de referencia”

julio 18, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en A Cidade Vella acollerá entre o 24 e o 29 de xullo a XXIV edición da Feira das Marabillas, “que dinamiza e converte nestas datas o casco histórico no espazo urbano de referencia”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a nova edición da Feira das Marabillas, que se celebrará a vindeira semana, entre os días 24 e 29 de xullo. Ao longo de seis xornadas, a Cidade Vella acollerá un evento que supón “un estímulo para o comercio de proximidade e dunha zona histórica da Coruña”, segundo apuntou o edil. A iniciativa, promovida pola asociación comercial do barrio, ACECA, co apoio do Concello, contará con máis de 200 postos de artesanía ou gastronomía, ademais de ofrecer diferentes propostas de artes escénicas “que encherán de actividade as rúas do casco histórico coruñés”. “Queremos que a Cidade Vella siga sendo o espazo de referencia para a veciñanza nestas datas, coa ampliación necesaria de iniciativas para a dinamización do barrio e a introdución de novos elementos de mellora que fagan desta unha festa sinalada no calendario”, indicou Sande, quen lembrou que, nesta edición, o evento tamén seguirá os criterios de protección animal, polo que non haberá ningún posto ou espectáculo no que se exhiban ou se empreguen animais.

Nestas xornadas, as prazas de Azcárraga, da Constitución ou de María Pita acollerán espectáculos con acrobacias, aéreos ou con lume todos os días, á vez que se desenvolverán numerosas propostas itinerantes, no perímetro da feira, de trece compañías de artes escénicas e bandas musicais. Esta edición reforzarase, ademais, o espazo de xogos infantís, o denominadoRecuncho das Pícaras. ​Situado na praza de María Pita, o recinto abrirá todos os días, entre as 11.00 e as 23.00 horas –con descanso entre as 14.00 e as 17.00 horas– para acoller atraccións, obradoiros, actividades lúdicas, demostracións artesanais, espectáculos de monicreques e até unha gardería medieval.

… Leer más

A Concellería de Medio Ambiente amplía a campaña de sensibilización ambiental en San Xoán a catro distribuidoras alimentarias da cidade, que substituirán as bolsas de plástico polas de papel na semana do San Xoán

junio 19, 2018 Fiestas Comentarios desactivados en A Concellería de Medio Ambiente amplía a campaña de sensibilización ambiental en San Xoán a catro distribuidoras alimentarias da cidade, que substituirán as bolsas de plástico polas de papel na semana do San Xoán

Catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante esta semana previa á celebración do San Xoán as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel, dentro da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente. A edil responsable do departamento, María García, destacou que, con esta iniciativa, “substituiranse 177.550 bolsas de plástico por unhas ambientalmente máis sostibles, con material biodegradable, que se distribuirán en 75 centros de compra da cidade de Vegalsa, Gadisa, El Corte Ingles e Froiz, dúas máis que no pasado ano ”.

Como salienta a concelleira, esta liña de sensibilización realízase en vésperas de San Xoán “por ser un dos eventos con maior impacto ambiental da cidade, e que está sendo monitorizado dentro do Plan de Eventos Sostibles”. García sinala que a campaña pretende concienciar da problemática da xeración de lixo en xeral e plástico en particular pola problemática que xera nos océanos este material, e tamén sobre a necesidade de substituír por outro tipo de envase as bolsas dun só uso, como pautan as novas directivas europeas, e sensibilizar sobre a necesidade de reducir o lixo que se depositan nas praias, nomeadamente de plásticos, “por ser un tipo de residuo moi volátil, o que fai moi difícil garantir que non acaba no mar”. Neste sentido, a campaña “intenta fomentar nas persoas consumidoras o uso de alternativas menos contaminantes que as bolsas de plástico, como son as bolsas reutilizables ou biodegradables de cartón”.

García deu a coñecer os cinco modelos de bolsas diferentes que se repartirán e que están​vinculados á campaña de sensibilización ​Móllate! que realiza Medio Ambiente con estudantes de centros escolares da cidade. Por parte das empresas, participaron na presentación a responsable de RSC, Lorena Sánchez, e a técnica responsable de residuos de Vegalsa, Nerea Altaír; o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco; e a directora de comunicación de Froiz, Brígida Nieto.