Home » Fotografía » Recent Articles:

Un cento de persoas participan no concurso fotográfico do Calendario Municipal 2018, que versará sobre a relación da Coruña co mar

noviembre 13, 2017 Fotografía No Comments

O Calendario Municipal da Coruña xa ten fotografías gañadoras. O xurado do concurso seleccionou o pasado venres os 13 traballos que, acompañados por 12 imaxes antigas da cidade cedidas polo Arquivo Municipal, formarán parte do almanaque do Concello do ano que vén. Nesta edición, a temática versou sobre A Coruña e a súa relación co mar, como parte esencial da identidade local. Así, o concurso, no que participaron 100 veciñas e veciños, estivo aberto a todas aquelas imaxes nas que o mar tivera diferentes lecturas, como paisaxe emocional, como motor da actividade económica e social da veciñanza, como espazo de lecer e de reflexión cara ao futuro, de concienciación da nosa contorna ou como ben común. Recibíronse un total de 300 fotografías, das que foron admitidas, dacordo ás bases, 215.

O tribunal do Concurso, formado por tres representantes da Corporación local e tres fotógrafos dos xornais locais, escolleu en total 13 imaxes –unha de portada e 12 para ilustrar cada mes– realizadas no termo municipal. As persoas gañadoras recibirán como premio un exemplar da obra Vivian Maier. Street Photographer e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa firma dos e das autoras. Os traballos seleccionados, que destacaron pola súa calidade e representatividade, son os seguintes:

Portada: Torre de control, de Miguel Maneiro Maneiro ‘Wilfas’

Xaneiro: Memorias, de Daniel Villanueva Sánchez
Febreiro: Cicloxénese explosiva na Coruña, de Leo Margareto

Marzo: Coruña pescadora, de Daniel Martí Rodríguez Abril: Precalentamento, de Mada Carballeira
Maio: Sen título, de Carlos Alberto Perina González Xuño: Botero, de Alexandre Varela

Xullo: Salta, de Marta Comesaña
Agosto: Corto Maltés, de Luis Menéndez
Setembro: Sen título, de Antón Varela
Outubro: Illas, de Ricardo Rodríguez de Castro
Novembro: Sen título, de Andrés Castiñeiras
Decembro: O mundo ao revés está baixo o mar, de Sonia Hermida

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2017, que nesta edición terá como protagonistas “as mulleres activas e donas do espazo público da Coruña”

octubre 22, 2016 Fotografía No Comments

O Concello da Coruña abre hoxe o prazo para participar no concurso fotográfico ‘Calendario Municipal 2017’, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano, que se completa con 12 imaxes antigas, e, en caso de decidilo así o xurado, para elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo. Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre “as mulleres activas e donas do espazo público da Coruña”, unha elección que se fai despois da declaración do 8 de marzo, o Día das Mulleres, como festivo local en 2017, como forma de unirse á celebración “coa reivindicación en imaxes das coruñesas como centro da nosa cidade, no seu día a día, na súa pegada urbana, nas súas rúas e paisaxes, no traballo e no lecer e sempre en pé de igualdade”, tal e como queda explicitado nas bases do concurso. Deste xeito, as persoas que queiran participar poderán facelo enviando as súas propostas ata o 5 de novembro, ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es,indicando no asunto a lenda ‘Concurso calendario municipal 2017’.

Os traballos deberán enviarse ao enderezo sinalado e deberán compoñerse dun máximo de tres fotografías, que deberán ser en cor e remitirse nun arquivo dixital en formato JPG dun mínimo 5 megapíxeles. As fotografías deberán ser enviadas como arquivo adxunto ao correo electrónico. As bases completas pódense consultar na páxina principal da web municipal: www.coruna.es.

O xurado, que estará composto por sete membros nos que se incluirán integrantes do colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiros e concelleiras da corporación coruñesa, deberá fallar os premios antes do día 10 de novembro, elixindo 12 fotografías de 12 participantes diferentes, ademais doutras 6 propostas que integrarán a ‘lista de reserva’; tamén, no caso de que así o considere por cuestión de calidade, poderá seleccionar unha fotografía para a primeira páxina. As persoas gañadoras recibirán como premio un exemplar da obra Arredor das Irmandades da Fala. Pensamento, política e poética en Galicia, de autoría colectiva, e gañarán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa firma dos e das autoras.

A XIII edición do Concurso de Fotografía de Viaxes Viaxarte xa ten traballos gañadores

septiembre 20, 2016 Fotografía No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, da que depende a área de Mocidade, vén de anunciar que a última edición do concurso de fotografía de viaxes Viaxarte xa ten imaxes gañadoras. Sueño interrumpido, de Raúl Simón García, e a serie La isla extrema, de Raquel Delgado Soria, foron seleccionados polo xurado como os mellores traballos do certame organizado polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), que está dirixido a mozas e mozos de todo o Estado entre 15 e 30 anos. O tribunal, á hora de outorgar os premios, tivo en conta a corrección técnica, a capacidade evocadora da viaxe e a proposta expresiva das imáxenes presentadas.

Tanto García como Soria recibirán como recoñecemento unha viaxe por Europa, e as súas fotografías, así como unha selección das presentadas ao certame, aparecerán publicadas nun catálogo que estará á disposición da veciñanza no CMIX. Ambos traballos tamén formarán parte da mostra Viaxarte’16, que se inaugurará o vindeiro 5 de outubro na sala de exposicións municipal Plataforma14, situada no Fórum Metropolitano.

Turismo de A Coruña entrega os premios do concurso de fotos e vídeos en redes sociais “Torre de Hércules, 7o aniversario no Patrimonio Mundial”

julio 16, 2016 Fotografía No Comments

O presidente do Consorcio de Turismo de A Coruña, Alberto Lema, entregou este venres no Concello da Coruña os premios aos gañadores dos concursos de fotografías e vídeos “Torre de Hércules, 7o aniversario no Patrimonio Mundial”. A primeira edición do certame desenvolveuse durante o mes de xuño en redes sociais para festexar os sete anos da inclusión da Torre de Hércules na lista de Patrimonio Mundial da Unesco. Os seis premiados son os autores das tres fotografías participantes máis valoradas polo público a través de Instagram, onde @torrehercules iniciou a súa actividade esta mesma primavera, e dos tres vídeos que máis gustaron a través da plataforma YouTube. Os premiados recibiron diplomas e cadanseu premio de 300, 200 e 100 euros correspondentes ao primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría.

unnamed

Os concursos de fotografía e vídeos “Torre de Hércules, 7o aniversario no Patrimonio Mundial” foron a principal novidade da celebración deste ano. A través deles fomentouse a participación popular e se deu visibilidade nas redes sociais ao recoñecemento universal do faro en activo máis antigo do mundo. As mencións ao perfil de Instagram @torrehercules coa etiqueta #7aniversariopatrimoniomundial xeraron preto de 63.000 interaccións. … Leer más

A oferta fotográfica coruñesa conta cunha nova opción: Estudio DC

agosto 20, 2015 Fotografía No Comments

O novo espazo, situado na Estrada de A Pasaxe al Burgo (na linde co concello de Culleredo) ten como titular ao fotógrafo Daniel Cabanas que, despois dun intenso periodo de formación inicia así a súa andaina profesional.

Ademais de ofertar os servizos da sûa especialidade, Moda e Retrato, o estudio realiza tamén reportaje social, empresarial e Institucional, así como de arquitectura e interiorismo para su difusión en web e internet ou para soporte físico.

unnamed5

Estudio DC dispon dunha superficie de 100m2, cun ciclorama fixo de obra, áreas de maquillaxe e vestiario integradas que permiten solucionar unha grande parte dos traballos propios. As instalacions e os equipamentos de cámaras e iluminación póñense tamén a disposición de outros fotógrafos profesionais e afeccionados e como plató para casting.

Ademais de esta información, poden ver mas sobre o estudio na sea página oficial
www.fotografiadc.com ou no facebook www.facebook.com/fotografia.danielcabanas

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...