Home » Teatro Colon » Recent Articles:

A comedia xestual SMART reúne no Teatro Colón ás tres mellores pallasas do momento

junio 8, 2018 Teatro Colon Comentarios desactivados en A comedia xestual SMART reúne no Teatro Colón ás tres mellores pallasas do momento

Coa comedia xestual SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiota volven este domingo 10 de xuño ás 12:00 ao Teatro Colón. Tres pallasas enganchadas a un teléfono intelixente son as protagonistas.

Este domingo 10 de xuño 12:00h volven ao Colón as matinais familiares programadas pola Área de Cultura da Deputación da Coruña coa comedia xestual SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiota, unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e absoluta desconexión no persoal. … Leer más

O Teatro Colón acolle este domingo a fusión danza galega e o flamenco co espectáculo ‘SON’

junio 1, 2018 Teatro Colon Comentarios desactivados en O Teatro Colón acolle este domingo a fusión danza galega e o flamenco co espectáculo ‘SON’

O Teatro Colón da Coruña acollerá este domingo 3 de maio desde as 20:00 horas o espectáculo da compañía Nova Danza Galega, “SON”, en que a mestura das danzas galega, española, contemporánea e máis o flamenco, achegan a vangarda das novas tendencias coreográficas até a cidade herculina.

Coproducido polo AGADIC ao través do Centro Coreográfico Galego, o espectáculo nace da unión do coreógrafo e director da compañía Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez e Carmelo Segura, quen ao través das súas coreografías preséntanos unha historia de diversidade e folclore cunha clara visión de vangarda. … Leer más

Danza para o público máis novo nas matinais do Teatro Colón

mayo 26, 2018 Teatro Colon Comentarios desactivados en Danza para o público máis novo nas matinais do Teatro Colón

O Teatro Colón ofrece este domingo o espectáculo “Home de area”, un conto popular levado ao escenario por Ballet Norte, recomendado para nenos e nenas dentro do programa “As matinais” para todo tipo de público. Neste caso, a actuación busca achegar a danza ao público máis novo, a partir dos 3 anos.

A área de Cultura da Deputación da Coruña continúa coa programación escénica e musical para o público novo a través do ciclo “As Matinais do Colón” que este domingo 27 ofrecen o espectáculo  “Home de area”, un conto popular levado ao escenario por Ballet Norte, recomendado para maiores de 3 anos. … Leer más

O Teatro Rosalía suspende as representacións de ‘Cinco horas con Mario’ por enfermidade da actriz protagonista

mayo 25, 2018 Teatro Colon Comentarios desactivados en O Teatro Rosalía suspende as representacións de ‘Cinco horas con Mario’ por enfermidade da actriz protagonista

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa da suspensión das funcións programadas no Teatro Rosalía Castro para os días 1, 2 e 3 de xuño do espectáculo ​Cinco horas con Mario​, baseado na novela homónima de Miguel Delibes. A cancelación da obra, que pecha o Ciclo Principal Primavera 2018, prodúcese por enfermidade da súa actriz protagonista, Lola Herrera.

O pasado mes de abril, a dirección do teatro decidiu prorrogar unha xornada máis a estancia da obra no cartel debido ao éxito da venda de entradas, pasando así de dúas a tres representacións, nun ano no que o Ciclo Principal acadou tamén un rexistro histórico en canto ao número de persoas usuarias abonadas. A pesares da cancelación por enfermidade, o Teatro Rosalía Castro vén de pactar coa produtora, Pentación S.A., a busca de novas datas de cara ao ano 2019 para realizar as 3 funcións que se suspenderon.

A devolución do importe das entradas, que se realizará a través da mesma canle pola que foron adquiridas, poderase reclamar até o 1 de xullo. Para máis información sobre a programación do Ciclo Principal e do propio Teatro, pódese visitar o web ​www.coruna.gal/cultura​.

O escenario do Teatro Colón énchese esta fin de semana de fantásticas pompas e burbullas

mayo 4, 2018 Teatro Colon No Comments

Este sábado 5 de maio ás 20:00h e o domingo 6 ás 12:00h, a área de Cultura da Deputación da Coruña programa no Teatro Colón “Os Fabulosos Cleaners”, un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos.

“Os Fabulosos Cleaners” é unha fantástica experiencia visual na que poderá participar toda a familia, creada pola compañía Malasombra Producións coa dirección técnica do autor alacantino Luis Beviá, quen percorreu medio mundo co seu universo xabonoso. … Leer más