Home » Trafico » Recent Articles:

TRÁFICO

mayo 3, 2018 Trafico No Comments

Retirada de cableado telefónico

Entre hoxe, 2 de maio, e o venres, día 4, en horario nocturno de 23.30 a 06.00 horas, realizarase dita actuación nas rúas Cerca, Castrillón, Abegondo, avenida Casanova de Eirís, Javier López Lópeza, avenida Monelos, Tulipanes, San Cristóbal e Martinete. Ocuparase a beirarrúa e acometerase estreitamento da calzada, deixando en todo momento paso para o tránsito peonil así como de vehículos. A empresa tomará as medidas de seguridade axeitadas para a realización dos traballos.

Traballos en fibra óptica (rúa Nova/San Andrés)

Os días 7 e 8 de maio, en horario nocturno de 23.30 a 06.00 horas, ocuparase parcialmente un carril de circulación, deixando en todo momento paso para o tránsito peonil e de vehículos. A empresa tomará as medidas de seguridade precisas para a realización dos traballos.

As liñas de transporte público urbano modificarán os seus itinerarios o sábado 10 e o martes 13 co gallo da celebración do Entroido

febrero 9, 2018 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible establecerá mañá, sábado 10, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración do Desfile do Entroido, así como dos concursos de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía. A comitiva sairá ás 17.30 horas de avenida da Habana con dirección cara a praza de María Pita, polo que transitarán pola Rubine, a praza de Pontevedra, San Andrés e Santa Catalina, Cantóns e a avenida da Mariña. O percorrido provocará o peche ao tráfico das rúas polas que circularán as carrozas e comparsas, que se reabrirán segundo avance a comitiva e o público vaia abandonando a calzada. En concreto, o acceso á avenida da Habana, vía da que sairá a comitiva, estará cortado entre as 14.30 e as 18.30 horas para facilitar o comezo do desfile. Nesta mesma avenida estará prohibido estacionar vehículos desde as 08.00 horas da mañá e até as 18.30 horas na rúa, así como na zona de estacionamento situada diante da piscina municipal de Riazor.

O transporte público verase afectado pola realización do desfile. Así, desde as 14.30 horas, momento no que se pechará o acceso da avenida da Habana, as liñas 3 e 3A circularán pola rúa Manuel Murguía, tanto á ida como á volta, empregando as paradas existentes nesta vía. A partires das 17.30 horas, momento no que comezará o desfile, as liñas 3 e 3A, en sentido cara a Adormideras, e até que se libere o treito comprendido entre a avenida da Habana e a praza de Pontevedra, circularán por Gregorio Hernández até a glorieta da ronda de Nelle con Vila de Negreira, baixando polo Paseo de Ronda cara a Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti, praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Ourense, Juana de Vega –polo túnel– e Paseo Marítimo. Desde aquí a liña 3A continuará polo seu itinerario habitual, mentres que a liña 3 continuará pola rúa Hospital, Campo da Leña, Veramar e Abente y Lago, lugar no que recuperará a súa ruta. No regreso desde Adormideras, a liña 3 circulará polo Paseo Marítimo, Salesianos, rúa Hospital, Campo da Leña, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –polo túnel–, incorporándose así en Juan Flórez ao percorrido acostumado. Pola súa banda, a liña 3 circulará por avenida de Navarra, rúa Torre, Campo da Leña, Baltasar Pardal, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –tamén polo túnel–, para reincorporarse a súa ruta en Juan Flórez.

… Leer más

Os servizos de seguridade do Concello comprobarán que a nova regulación das terrazas da zona centro garanta o dereito da veciñanza á asistencia de emerxencia

junio 18, 2017 Trafico No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que posúe tamén as competencias en materia de Seguridade Cidadá, indicou que esta semana os servizos de seguridade do Concello comprobarán que a delimitación das terrazas nas rúas da zona centro de gran ocupación hostaleira afectadas pola ordenación singular aprobada pola Xunta de Goberno este mes garante o dereito da veciñanza á asistencia de emerxencia. En concreto, un dos camións de emerxencia do servizo municipal de Bombeiros circulará esta semana polas rúas onde xa se levaron a cabo as actuacións de marcaxe das zonas de terraza. Estas accións comezaron a pasada semana logo da adxudicación do contrato o servizo de inventario, cartografía e sinalización das terrazas.

“Na zona centro existen 34 rúas afectadas por este ordenamento singular. Algunhas son de por si demasiado estreitas para favorecer o paso do camión de bombeiros, non obstante, noutras si é posible espacialmente. O que simplemente queremos é corroborar que, unha vez realizado o proceso de delimitación e marcaxe das terrazas, se garante o paso dos servizos de emerxencia”, explicou a concelleira Fraga, quen destacou a colaboración da hostalería. “O único que pretendemos é cerciorarnos, segundo se vaia acabando o traballo de delimitación das rúas, de que este marcaxe se levou a cabo de forma correcta, favorecendo a accesibilidade e a seguridade da veciñanza, que é o que buscamos con esta actuación”, comentou. “Estas tarefas de comprobación iranse levando a cabo de forma escalonada en todas as rúas que estean dentro do ámbito da ordenación singular e que vaian sendo delimitadas”, explicou a titular de Seguridade Cidadá.

O Concello porá en marcha este domingo un dispositivo especial de tráfico pola celebración do XI Tríatlon Cidade da Coruña

mayo 27, 2017 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible ten previsto poñer o próximo domingo, 28 de maio, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da XI edición do Tríatlon Cidade da Coruña. A competición, que comezará ás 09.00 horas da mañá, terá a súa saída, meta e zona de transición na Dársena da Mariña. O primeiro segmento da proba será na mesma Dársena, mentres que o segundo treito, que as e os participantes percorrerán en bicicleta, desenvolverase entre Porta Real, avenida de Montoto, avenida da Marina, Cantóns, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, Avenida do Exército e a glorieta da Ronda de Outeiro situada baixo o viaduto da avenida do Exército, o que provocará o peche ao tráfico deste circuíto. Por último, o terceiro segmento do XI Tríatlon Cidade da Coruña será a carreira a pé, e celebrarase entre o paseo do Parrote e o Paseo Marítimo até o edificio da Hípica polo carril bici e zona peonil, polo que non producirá afección ao tráfico.

Ante o peche do circuíto entre Porta Real e a Ronda de Outeiro –a partir das 08.30 horas– darase conexión entre a avenida do porto coa avenida Alfonso Molina polos carrís máis próximos ao peche do porto, habilitando un carril para cada sentido de circulación. Cambiarase, ademais, o sentido de circulación de Santa Catalina, polo que o tráfico sairá cara a San Andres. Mentres, en Linares Rivas, desde a praza de Ourense ata Alfonso Molina, manterase o carril dereito, sentido saída da cidade, ao igual que en Primo de Rivera, desde o estacionamento até Ramón y Cajal. … Leer más

A Deputación investirá 1.215.705 euros na ampliación da estrada de Confurco a Orro (Culleredo)

marzo 29, 2017 Trafico No Comments

A Deputación da Coruña investirá 1. 215.705 euros na ampliación da plataforma, a creación dunha senda peonil e diversas reparacións na estrada DP0510, que enlaza o núcleo de Confurco, en Culleredo, con Orro, xa no termo municipal de Arteixo.

Estas obras enmárcanse dentro da primeira fase do Plan de Investimento en Vías Provinciais 2017, dotado cun presuposto total de 2.498.180 euros, e que será sometido á aprobación do Pleno que se celebrará o vindeiro 31 de marzo.

Con este investimento, a Deputación pretende continuar mellorando as prestacións e aumentando o ancho das estradas de titularidade provincial, que conforman unha rede de máis de 2.000 quilómetros.

No caso da DP0510, o proxecto contempla a reparación da estrada desde o seu comezo, na intersección coa tamén vía provincial DP3109, ata o punto quilométrico 2+940, mellorando o acceso ao Club de Campo de A Garrocha, os núcleos de Figueiras e Caiñás, e as diversas vivendas situadas neste tramo de preto de 3 quilómetros.

Na actualidade, esta vía ten un ancho medio de cinco metros e carece de beiravías, o cal impide unha correcta seguridade viaria. Para solventalo, ampliarase a plataforma para dotala de dous carrís de tres metros cada un e de beiravías de medio metro, así coma de cunetas de seguridade.

Co obxectivo de favorecer o tránsito dos viandantes entre os diversos inmobles que se sitúan a ambos marxes da estrada, tamén se creará unha senda peonil de dous metros de ancho ao longo da totalidade da estrada. Ademais, nas zonas onde o ancho da vía o permite, aproveitarase para a creación dun aparcamento en batería.

O proxecto tamén prevé a mellora dos accesos e interseccións, a modificación das curvas con radio moi reducido e a execución dunha nova glorieta á altura do punto quilométrico 2+000, co fin de favorecer os cambios de sentido e de eliminar os puntos con alta perigosidade tanto para o tráfico rodado coma para os viandantes. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...