Home » Trafico » Recent Articles:

O Concello activa este San Xoán un dispositivo de 598 persoas para poñer “todos os medios necesarios, de cara a celebrar unha festa segura e sostible”

junio 23, 2018 Trafico Comentarios desactivados en O Concello activa este San Xoán un dispositivo de 598 persoas para poñer “todos os medios necesarios, de cara a celebrar unha festa segura e sostible”

​O alcalde, Xulio Ferreiro, deu conta do dispositivo global preparado polo Goberno local para a festa de San Xoán, dirixido a “superar os obxectivos ambientais conseguidos nos pasados anos”. “O noso papel non se pode limitar a limpar o espazo público despois da festa, levamos tres anos tentando cambiar esa dinámica a través da sensibilización e de varios programas para minimizar o impacto sobre o entorno durante o San Xoán”, indicou o alcalde, que fixo un chamamento á veciñanza e ás persoas que visiten a cidade esta fin de semana “para que reduzan a xeración de residuos e que, os que non sexa posible evitar, acaben nos contedores e non no mar”. Neste sentido, Ferreiro asegurou que o Concello porá “todos os medios necesarios para acadar este obxectivo de ter un San Xoán sostible e seguro, que facemos común para toda a cidadanía”, antes de pasar a detallar un dispositivo global de 598 persoas que é “lixeiramente superior ao de 2017, un ano especialmente complicado, tanto o punto de vista de seguridade como o ambiental, polas mareas vivas que estaban previstas”. Para facilitar o seu labor nunha xornada na que se agarda unha gran asistencia de público –na que coincidirán bo tempo e fin de semana–, Ferreiro pediu que se atendan as recomendacións e consellos de seguridade dos membros do dispositivo.

Como indicou o rexedor, durante unha comparecencia na que estivo acompañado das concelleiras de Medio Ambiente, María García, e Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e do edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, dende as 07.30 horas do día 23 de xuño comezarán a despregarse os efectivos do dispositivo, que estará activo preto de 24 horas, xa que irá reducíndose paulatinamente dende as 06.00 horas do día 24. No eido de seguridade, emerxencias e atención sanitaria contarase con 374 efectivos, un número moi similar ao do pasado San Xoán no que estaba prevista unha gran preamar. Participarán a Policía Local, o Servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) –tanto os bombeiros, que prestarán especial apoio nos barrios, como o grupo de rescate acuático– e Policía Nacional, que suman 281 persoas. Para a atención sanitaria contarase con 93 persoas entre Protección Civil –terá un posto sanitario medicalizado no Paseo Marítimo, dous puntos de atención sanitaria en Riazor e Orzán e dúas ambulancias con soporte vital–, Urxencias Médicas do 061 –contará con dúas ambulancias medicalizadas e catro asistenciais– e o voluntariado da Cruz Vermella –terá un posto médico avanzado, un centro de coordinación, unha ambulancia con soporte vital avanzado e catro con soporte vital básico–, que contarán tamén co apoio do centro móbil de coordinación e vídeo vixilancia. Os servizos de Salvamento e Socorrismo disporán de oito socorristas distribuídos nas praias de Riazor, Orzán, Lapas e Oza, ademais de dúas embarcacións.

O rexedor lembrou que o baño nas praias estará prohibido dende as 22.00 horas do días 23 e ata as 09.00 do día seguinte e que, como medida de precaución, se volverá a marcar a liña onde se prevé que chegue a marea alta sobre as 02.30 horas. Respecto doutros horarios, ás 07.30 horas do sábado autorizarase a baixada do material ás praias –por parte dos servizos municipais–, e a partires das 09.00 horas instalarase o posto de mando na Coiraza, que quedará pechada ao tránsito peonil para o correcto desenvolvemento do operativo do San Xoán. Como é habitual, ás 19.00 horas do día 23 producirase o corte total de tráfico no Paseo Marítimo. A veciñanza poderá baixar materiais á praia a partires das 19.30 horas sempre e cando non sexan vidro, mobles ou colchóns, entre outros.

… Leer más

A Deputación e o Concello de Cambre investirán 200.000 euros na mellora da seguridade viaria nas parroquias de Cambre e o Temple

junio 22, 2018 Trafico Comentarios desactivados en A Deputación e o Concello de Cambre investirán 200.000 euros na mellora da seguridade viaria nas parroquias de Cambre e o Temple

O pleno da Deputación da Coruña aprobou, por unanimidade de todas as forzas políticas, un expediente modificativo de créditos por importe de 11,5 millóns. Destes fondos, algo máis de 4,36 millóns de euros destinaranse a financiar numerosos investimentos financieiramente sustentables nos concellos da provincia.

Entre eles, destaca unha subvención nominativa de 159.996,39 euros para a execución de diversas actuacións de mellora da seguridade viaria nas parroquias de Cambre e O Temple. A achega da Deputación supón o 80% do custo total do proxecto, fixado en 199.995,49 euros. O concello cambrés achegará o 20% restante.

No referente á reforma e adecuación da beirarrúa da rúa Antón Fraguas, así coma as melloras de accesibilidade e seguridade vial na mesma e en puntos do seu entorno, realizaranse actuacións na propia rúa Antón Fraguas, na praza José Luis Caso Cortines e na rúa travesía da Igrexa. O orzamento total para esta intervención será de 29.845,15 euros. … Leer más

A Concellería de Mobilidade Sostible informa de cortes puntuais do tráfico que se producirán na madrugada do xoves na avenida de Lavedra

junio 19, 2018 Trafico Comentarios desactivados en A Concellería de Mobilidade Sostible informa de cortes puntuais do tráfico que se producirán na madrugada do xoves na avenida de Lavedra

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos cortes puntuais de tráfico que se producirán na AC-11, na altura do concesionario da SEAT na avenida de Lavedra, entre as 01.00 e as 05.00 horas do xoves 21 de xuño debido aos traballos de desmontaxe das liñas de media tensión que cruzan a infraestrutura.

Esta actuación suporá o desvío provisional do tráfico. En sentido de saída da cidade, os vehículos circularán cara á estrada de Pocomaco, seguindo pola avenida da Universidade e rúa Lamelas ata saír de novo á avenida da Vedra. Para a entrara á cidade, a circulación rodada manterase pola AC-11, que terá un carril habilitado, no que se producirán seis cortes puntuais cunha duración máxima de 10 minutos entre as 01.00 e as 05.00 horas. A Concellería de Mobilidade Sostible recomenda empregar un itinerario alternativo de acceso á cidade que discorre pola AC-12, avenida da Pasaxe e avenida do Exército. Este camiño amosarase nos paneis da Dirección General de Tráfico, que informarán tamén dos cortes.

A Policía Local encargarase de realizar os cortes puntuais de entrada na cidade, autorizados polo Ministerio de Fomento, en coordinación coa empresa responsable da obra.

TRÁFICO

mayo 3, 2018 Trafico No Comments

Retirada de cableado telefónico

Entre hoxe, 2 de maio, e o venres, día 4, en horario nocturno de 23.30 a 06.00 horas, realizarase dita actuación nas rúas Cerca, Castrillón, Abegondo, avenida Casanova de Eirís, Javier López Lópeza, avenida Monelos, Tulipanes, San Cristóbal e Martinete. Ocuparase a beirarrúa e acometerase estreitamento da calzada, deixando en todo momento paso para o tránsito peonil así como de vehículos. A empresa tomará as medidas de seguridade axeitadas para a realización dos traballos.

Traballos en fibra óptica (rúa Nova/San Andrés)

Os días 7 e 8 de maio, en horario nocturno de 23.30 a 06.00 horas, ocuparase parcialmente un carril de circulación, deixando en todo momento paso para o tránsito peonil e de vehículos. A empresa tomará as medidas de seguridade precisas para a realización dos traballos.

As liñas de transporte público urbano modificarán os seus itinerarios o sábado 10 e o martes 13 co gallo da celebración do Entroido

febrero 9, 2018 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible establecerá mañá, sábado 10, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración do Desfile do Entroido, así como dos concursos de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía. A comitiva sairá ás 17.30 horas de avenida da Habana con dirección cara a praza de María Pita, polo que transitarán pola Rubine, a praza de Pontevedra, San Andrés e Santa Catalina, Cantóns e a avenida da Mariña. O percorrido provocará o peche ao tráfico das rúas polas que circularán as carrozas e comparsas, que se reabrirán segundo avance a comitiva e o público vaia abandonando a calzada. En concreto, o acceso á avenida da Habana, vía da que sairá a comitiva, estará cortado entre as 14.30 e as 18.30 horas para facilitar o comezo do desfile. Nesta mesma avenida estará prohibido estacionar vehículos desde as 08.00 horas da mañá e até as 18.30 horas na rúa, así como na zona de estacionamento situada diante da piscina municipal de Riazor.

O transporte público verase afectado pola realización do desfile. Así, desde as 14.30 horas, momento no que se pechará o acceso da avenida da Habana, as liñas 3 e 3A circularán pola rúa Manuel Murguía, tanto á ida como á volta, empregando as paradas existentes nesta vía. A partires das 17.30 horas, momento no que comezará o desfile, as liñas 3 e 3A, en sentido cara a Adormideras, e até que se libere o treito comprendido entre a avenida da Habana e a praza de Pontevedra, circularán por Gregorio Hernández até a glorieta da ronda de Nelle con Vila de Negreira, baixando polo Paseo de Ronda cara a Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti, praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Ourense, Juana de Vega –polo túnel– e Paseo Marítimo. Desde aquí a liña 3A continuará polo seu itinerario habitual, mentres que a liña 3 continuará pola rúa Hospital, Campo da Leña, Veramar e Abente y Lago, lugar no que recuperará a súa ruta. No regreso desde Adormideras, a liña 3 circulará polo Paseo Marítimo, Salesianos, rúa Hospital, Campo da Leña, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –polo túnel–, incorporándose así en Juan Flórez ao percorrido acostumado. Pola súa banda, a liña 3 circulará por avenida de Navarra, rúa Torre, Campo da Leña, Baltasar Pardal, Metrosidero, Mestranza, túnel do Parrote, praza de Ourense e Juana de Vega –tamén polo túnel–, para reincorporarse a súa ruta en Juan Flórez.

… Leer más