Home » Trafico » Recent Articles:

O Goberno local amplía o horario das liñas de autobús urbano durante a celebración da Feira das Marabillas, que comeza mañá

Julio 19, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible lembra que, co gallo da celebración da Feira das Marabillas, que se celebrará desde mañá día 20 ata o luns 25 de xullo na Cidade Vella, e á fin de dar cobertura á veciñanza dos distintos barrios da Coruña que queiran achegarse á festa, o Goberno local ampliará por vez primeira e ata despois de media noite o servizo de transporte público urbano. Á xa anunciada prolongación do horario de liñas que circulan por Porta Real, súmanse novas con parada na praza de España. Deste xeito, doce liñas de autobús circularán polas rúas da Coruña ata as 00.30 horas conectando o centro co resto do municipio, nunha aposta por unha mobilidade máis sustentable durante as festividades locais.

As liñas que ampliarán o seu servizo serán as máis próximas ao espazo onde se celebrará a 22a edición desta tradicional feira. Así, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 23 e 23A, que circulan por Porta Real, e agora tamén as liñas 6, 6A, 7 e 11, que transitan pola praza de España, estarán dispoñibles para a veciñanza ata as 00.30 horas da noite, ofrecendo así a posibilidade empregar o transporte público para os desprazamentos durante a Feira.

A Concellería lembra tamén que desde hoxe, día 19, e ata as 15.00 horas do día 25, estará prohibido o estacionamento en toda a Cidade Vella. Non obstante, como noutras edicións, habilitaranse unha serie de zonas especialmente reservadas para os e as residentes. Os veciños e veciñas que dispoñan de acreditación de garaxe poderán acceder a eles todos os días a partir do peche do mercado, ás 00.00 e ata as 11.00 horas do día seguinte, e, pola tarde, entre as 14.00 e as 17.00 horas.

A nova glorieta da Mariña entrará en servizo a primeira hora deste xoves, no que tamén se habilitará o cambio de sentido da rúa Manuel Casas para facer máis fluída a saída da zona

Junio 23, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible prevé que a primeira hora de hoxe, xoves 23, entre en funcionamento a glorieta que o Concello habilitou na zona da Mariña comprendida entre o Teatro Colón e o edificio de Correos. Esta medida irá unida ao cambio de sentido na rúa Alcalde Manuel Casas cara a Avenida do Porto. Estas actuacións favorecerán a diferenciación da zona urbana da Mariña­Parrote, na que agora está restrinxido o tráfico en superficie, e farán máis flúida a saída de vehículos da zona.

O departamento de Mobilidade indica que só estará permitido o paso no tramo fronte ao edificio de Correos, onde se habilita a glorieta, aos vehículos autorizados para circular na superficie da Mariña (transporte público, buses turísticos, residentes con vado autorizados e vehículos de carga e descarga entre as 06.00 e as 11.00 horas), así como, neste caso, para os vehículos que teñan que acceder aos aparcamentos dos Cantóns, da Autoridade Portuaria, do Real Club Náutico e do Palexco, e aqueles turismos que vaian estacionar nas zonas reservadas do edificio de Correos ou que vaian levar a cabo algunha actividade no entorno da zona do Palexco. Tamén se permitirá o paso ás motocicletas con destino á zona especialmente acotada para elas.

Ademais, a posta en marcha da glorieta complementarase, tamén a partir de mañá, coa habilitación dunha rotonda entre o edificio de Correos e a Autoridade Portuaria que será de carácter rebasable (estará pintada no chan) e terá como obxectivo dotar de sentido á entrada ao aparcadoiro soterrado que existe nese punto. Por outra banda, a rúa Ambrosio Feijóo, situada tamén entre Correos e a Autoridade Portuaria, manterá o seu sentido de circulación actual.

O dispositivo especial de San Xoán desviará o tráfico desde as sete da tarde polas rúas aledañas ao Paseo Marítimo e afectará ao percorrido de sete liñas de bus

Junio 22, 2016 Trafico No Comments

O Concello vén de establecer para a xornada do día 23 un dispositivo de tráfico, co obxectivo de facilitar o tránsito de vehículos pola contorna das praias unha vez que se corte o Paseo Marítimo, entre a rúa do Sol e a praza de Portugal, para as celebracións do San Xoán, ás 19.00 horas. A partir desa hora, os vehículos procedentes da zona da Torre que vaian saír da cidade serán desviados a través da rúa Hospital, para chegar á praza de España e coller alí o túnel da Mariña. No sentido contrario, os vehículos que queiran dirixirse á zona de Monte Alto poderán acceder desde a Terceira Ronda ata a praza de Portugal, e alí circularán cara a Calvo Sotelo e Alfredo Vicenti para chegar á praza de Pontevedra, onde poderán coller a rúa San Andrés. Os cortes poderían ampliarse, en función de afluencia de xente á zona da enseada, ata a fonte dos Surfistas e a avenida de Manuel Murguía. Nese caso, os vehículos que circulen desde Monte Alto poderán desviarse na rúa Curros Enriquez ata a praza de España para acceder ao túnel da Mariña, mentres que os que pretendan dirixirse cara ao centro, desviaranse por Paseo de Ronda e a avenida da Habana.

As restricións de tráfico do Paseo Marítimo afectarán tamén aos itinerarios de sete liñas de bus, como son a 3, 3A, 4, 6, 6A 7 e 11. Os autobuses que fagan o traxecto en sentido Riazor­Matadorio recuperarán o itinerario polas rúas Habana, Alfredo Vicenti, praza de Pontevedra e San Andrés, mentres que aqueles que transitan en sentido inverso (Matadoiro­Riazor) farano pola avenida de Hércules, rúa da Torre, praza de España, Panaderas, rúa Orzán, San Andrés e praza de Pontevedra. … Leer más

O concelleiro de Mobilidade Sostible anuncia que o Goberno local porá en marcha un sistema que favoreza a anulación das denuncias da ORA

Mayo 9, 2016 Trafico No Comments

Os e as concelleiras do grupo de Goberno responderon esta tarde ás preguntas orais formuladas polos grupos da oposición. Entre elas, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, indicou que o Goberno local “ten previsto modificar a ordenanza da ORA para favorecer a anulación de denuncias por parte dos usuarios”, facendo o abono dos tickets de xeito inmediato. O responsable municipal explicou que a intención do Executivo local é aplicar unha serie de cambios na ordenanza reguladora da ORA no menor tempo posible de forma que, “á vez, tamén se dea maiores facilidades a aquelas persoas que son residentes”.

Do mesmo xeito, o concelleiro tamén comentou a mellora dos fluxos de tráfico na zona, dende a apertura do túnel do Parrote e a súa restrición ao tráfico, grazas as medidas para dotar de fluídez esta zona tomadas polo Goberno local. “Retiráronse os paneis comunicadores de acceso á Mariña por superficie, e puxemos carteis de información variable para informar do acceso tanto ao Hospital Abente y Lago como á Cidade Vella. Activamos un dispositivo policial, agora trasladado a Porta Real, para dar facilidades e solventar as confusións iniciais que propiciou a restricción da Mariña”, enumerou Grandío, quen tamén destacou a creación de novas prazas de aparcamento da zona da Cidade Vella, algo que se logrou, entre outras medidas deixando a rúa Maestranza cun único sentido no tramo que vai dende o Rectorado até Porta de Aires. … Leer más

Becas para la obtención del permiso de conducción para jóvenes en situación de desempleo

Febrero 28, 2016 Trafico No Comments

CANDO:

de febrero a diciembre de 2016

 

REQUISITOS:

Haber superado el test de seguridad vial que se encuentra en
www.seguridadvialparajovenes.com
Estar registrado como solicitante de la beca.
Tener entre 18 y 29 años, ambos inclusive en el momento de superar el test.
Disponer de DNI o tarjeta de residencia en España en vigor.
Estar en situación de desempleo, al menos, desde el 1 de julio de 2015 hasta el momento de la solicitud.
Vivir en el domicilio familiar.
Se otorgarán a jóvenes pertenecientes a familias de escasos recursos, por lo que los ingresos anuales de la unidad familiar, se calcularán en base a la siguiente fórmula: se dividirá el número total de ingresos anuales de la unidad familiar entre el número de miembros de la misma y el resultado debe ser menor a 15.000€ por persona/año. (Para el cálculo de la renta familiar para estas becas, son miembros computables de la familia el padre y la madre o tutor, en su caso, el solicitante, los hermanos solteros menores de veinticinco años y que convivan en el mismo domicilio familiar o los de mayor edad, cuando se trate de personas con discapacidad).

REMUNERACIÓN:

Se entregarán un total de 190 becas dotadas cada una de ellas de 500 € libre de impuestos, que sólo podrán ser utilizadas para la obtención del carnet de conducir de la clase B o superiores.
El ganador que no esté matriculado en una autoescuela adherida al programa de seguridad vial para jóvenes de FUNDACIÓN MAPFRE tiene un plazo de una semana para hacerlo desde su concesión.
PÁXINA WEB:

Convocatoria

CONTACTO:

Fundación Mapfre
Paseo de Recoletos 23 – Madrid
proyecto_jovenespsv@fundacionmapfre.org
www.seguridadvialparajovenes.com

ORGANIZADA POR:

Fundación Mapfre

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...